Thymallus thymallus
Thymallus thymallus | |||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Thymallus thymallus | |||||||||||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||||||
Thymallus thymallus (Linnaeus, 1758) | |||||||||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||||||||
|
Thymallus thymallus é unha especie de peixe osteíctio da familia dos salmónidos, subfamilia dos timalinos e do seu único xénero, Thymallus,[2][3] do que é a súa especie tipo.
Propia de Europa, onde está moi estendida, agás no sur deste continente, a súa área de dispersión chega até o occidente de Siberia.
Figura no Apéndice III da Convención de Berna.[4]
Taxonomía
editarDescrición
editarA especie foi descrita en 1758 por Linneo na 10ª edición do seu Systema Naturae baixo o nome de Salmo thymallus.[2][3]
Etimoloxía
editarVer timalinos.
Sinónimos
editarAdemais de polo seu nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[2][3]
- Salmo punctatus Gronow, 1854
- Salmo striatus Reisinger, 1830
- Salmo thymallus Linnaeus, 1758 (protónimo)
- Salmo thymus Bonnaterre, 1788
- Thymallus decorus Koch, 1840
- Thymallus eliani Valenciennes, 1848
- Thymallus gymnogaster Valenciennes, 1848
- Thymallus gymnothorax Valenciennes, 1848
- Thymallus thymallus kamensis Lukash, 1929
- Thymallus thymallus lacustris Balon, 1962
- Thymallus umbrosa Gistel, 1848
- Thymallus vexillifer Fitzinger, 1832
- Thymallus vexillifer Perty, 1832
- Thymallus vulgaris Nilsson, 1832
Características
editarA súa lonxitude máxima normal é duns 30 cm, aínda que se describiu un exemplar que alcanzou os 60 cm.[5] Na alta e ampla aleta dorsal que o caracteriza ten de 5 a 8 espiñas, mentres que na aleta anal ten de 3 a 4 espiñas,[6] sendo esta a principal característica que o diferencia do tímalo ártico (Thymallus arcticus).
Hábitat e distribución
editarHábitat
editarThymallus thymallus, coñecido vulgarmente na bibliografía internacional como tímalo común, ou europeo, é un peixe non migratorio, bentopeláxico de augas doces e salobres cun pH entre 7,0 e 7,5,[4] que vive en augas a profundidades de até uns 15 m,[7] e que encontra as condicións de vida ideais nas correntes rápidas dos ríos, en fondos cubertos de area e grava e entre a sucesión de sectores de augas tranquilas e turbulentas; tamén pode encontrarse en lagos e, excepcionalmente, en augas salobres do mar Báltico.[5]
Distribución
editarThymallus thymallus habita nas concas dos mares atlánticos Báltico, Branco, do Norte, Caspio e Negro, até a dos ríos Loira e o Ródano; en Rusia, chega até a conca do río Obi, no mar de Barents.[1][4]
Foi introducido na maior parte do sur e centro de Finlandia e nas concas dos ríos Po (Italia) e do Islonzo ou Soča (Italia e Eslovenia).[1]
Bioloxía
editarRemonta os ríos de alta montaña até zonas con leitos de area grosa o pedras para desovar, con augas ben oxixenadas,4 frías e con corrente rápida. En Escandinavia adoita vivir en lagos de augas claras e algunhas poboacións son semianádromas, descendendo os adultos até o mar Báltico, aínda que isto é unha rareza e o normal é que sexa un peixe de auga dulce non migrador,[6] que busca as augas de máis de 15 m de profundidade.[7]
É unha especie gregaria que vive en cardumes,[8] non migratoria, alimentándose fundamentalmente de insectos,[9] ninfas, pequenos vermes e crustáceos. Na idade adulta adoita converterse nun animal omnívoro, de forma que, ademais de invertebrados tamén consome materia orgánica vexetal.
É presa de grandes peixes, incluído o Huso huso.
É unha especie moi sensíbel á polución, polo que a súa poboación diminúe en ríos contaminados.[7]
Importancia para o home
editarDesde a antigüidade esta especie foi unha importante fonte de alimento nalgunhas comunidades rurais de Europa, polo que aparece en numerosos escudos ou bandeiras de cidades europeas; a súa pesca é polo tanto comercial, e tamén a súa acuicultura, sendo o seu prezo alto no mercado.[6]
A pesca deportiva tamén busca moito esta especie, puidéndose pescar tanto con carnada natural de larvas de insectos como pescado con mosca.[6]
Ameazas
editarNon se coñecen ameazas importantes e xeneralizadas, pero a nivel rexional sofre a contaminación dos ríos, a construción de encoros e a regulación dos ríos. Na súa área de distribución sur é cada vez máis vulnerábel ao cambio climático. Localmente é susceptíbel a grandes poboacións de aves depredadoras.[1]
Estado de conservación
editarA Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais, tendo en conta que é unha especie moi estendida e que non se coñecen grandes ameazas xeneralizadas, cualifica o seu status como LC (pouco preocupante).[1]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Freyhof, J. (2011): Thymallus thymallus na Lista vermella da UICN. Versión 2021-3. Consultada o 10 de marzo de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Thymallus thymallus (Linnaeus, 1758) no WoRMS. Consultado o 10 de marzo de 2022.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Thymallus thymallus (Linnaeus, 1758) no GBIF. Consultado o 10 de marzo de 2022.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Thymallus thymallus Arquivado 16 de xullo de 2017 en Wayback Machine. en FishBase.
- ↑ 5,0 5,1 Muus, Bent J. et al. (1970).
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 Kottelat, M. (1997)
- ↑ 7,0 7,1 7,2 Billard, R. (1997): Les poissons d'eau douce des rivières de France. Identification, inventaire et répartition des 83 espèces. Lausanne: Delachaux & Niestlé. ISBN 978-2-6030-1046-4.
- ↑ Spillman, C.-J. (1961): Faune de France: Poissons d'eau douce. París: Fédération Française des Sociétés Naturelles, Tome 65. ISBN 3-6189-4534-5.
- ↑ Vostradovský, Jiří (1973): Freshwater fishes. Londres: The Hamlyn Publishing Group Limited. ISBN 978-0-6003-3476-7.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Thymallus thymallus |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Thymallus thymallus |
Bibliografía
editar- Knizhin, I. B., Weiss, S. J. & Susnik, S. (2006): "Graylings of Baikal Lake basin (Thymallus, Thymallidae): diversity of forms and their taxonomic status". Voprosy Ikhtiologii 46: 442-459.
- Kottelat, M. (1997): "European freshwater fishes". Biologia 52, Suppl. 5: 1-271.
- Kottelat, M. & Freyhof, J. (2007): Handbook of European Freshwater Fishes. Cornol, Xura, Suíza: Publications Kottelat. ISBN 978-2-8399-0298-4.
- Muus, Bent J.; Jørgen G. Nielsen; Preben Dahlstrøm e Bente O. Nyström (1998): Peces de mar del Atlántico y del Mediterráneo. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-1161-2.
- Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World, 4ª edición. Nova York: John Wiley and Sons. ISBN 978-0-4712-5031-9.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Grayling na Encyclopædia Britannica, 1911, Vol. 12.