Thymallus thymallus

Thymallus thymallus

Thymallus thymallus
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Infrafilo: Gnathostomata
Superclase: Osteichthyes
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Superorde: Protacanthopterygii
Orde: Salmoniformes
Familia: Salmonidae
Subfamilia: Thymallinae
Xénero: Thymallus
Especie: T. thymallus
Nome binomial
Thymallus thymallus
(Linnaeus, 1758)
Sinonimia
Véxase o texto

Thymallus thymallus é unha especie de peixe osteíctio da familia dos salmónidos, subfamilia dos timalinos e do seu único xénero, Thymallus,[2][3] do que é a súa especie tipo.

Nadando sobre un fondo de pedras e gravas
Espécime xuvenil
Na man dun pescador
No escudo da cidade de (Chequia)

Propia de Europa, onde está moi estendida, agás no sur deste continente, a súa área de dispersión chega até o occidente de Siberia.

Figura no Apéndice III da Convención de Berna.[4]

Taxonomía

editar

Descrición

editar

A especie foi descrita en 1758 por Linneo na 10ª edición do seu Systema Naturae baixo o nome de Salmo thymallus.[2][3]

Etimoloxía

editar

Ver timalinos.

Sinónimos

editar

Ademais de polo seu nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[2][3]

  • Salmo punctatus Gronow, 1854
  • Salmo striatus Reisinger, 1830
  • Salmo thymallus Linnaeus, 1758 (protónimo)
  • Salmo thymus Bonnaterre, 1788
  • Thymallus decorus Koch, 1840
  • Thymallus eliani Valenciennes, 1848
  • Thymallus gymnogaster Valenciennes, 1848
  • Thymallus gymnothorax Valenciennes, 1848
  • Thymallus thymallus kamensis Lukash, 1929
  • Thymallus thymallus lacustris Balon, 1962
  • Thymallus umbrosa Gistel, 1848
  • Thymallus vexillifer Fitzinger, 1832
  • Thymallus vexillifer Perty, 1832
  • Thymallus vulgaris Nilsson, 1832

Características

editar

A súa lonxitude máxima normal é duns 30 cm, aínda que se describiu un exemplar que alcanzou os 60 cm.[5] Na alta e ampla aleta dorsal que o caracteriza ten de 5 a 8 espiñas, mentres que na aleta anal ten de 3 a 4 espiñas,[6]​ sendo esta a principal característica que o diferencia do tímalo ártico (Thymallus arcticus).

Hábitat e distribución

editar

Hábitat

editar

Thymallus thymallus, coñecido vulgarmente na bibliografía internacional como tímalo común, ou europeo, é un peixe non migratorio, bentopeláxico de augas doces e salobres cun pH entre 7,0 e 7,5,[4] que vive en augas a profundidades de até uns 15 m,[7] e que encontra as condicións de vida ideais nas correntes rápidas dos ríos, en fondos cubertos de area e grava e entre a sucesión de sectores de augas tranquilas e turbulentas; tamén pode encontrarse en lagos e, excepcionalmente, en augas salobres do mar Báltico.[5]

Distribución

editar

Thymallus thymallus habita nas concas dos mares atlánticos Báltico, Branco, do Norte, Caspio e Negro, até a dos ríos Loira e o Ródano; en Rusia, chega até a conca do río Obi, no mar de Barents.[1][4]

Foi introducido na maior parte do sur e centro de Finlandia e nas concas dos ríos Po (Italia) e do Islonzo ou Soča (Italia e Eslovenia).[1]

Bioloxía

editar

Remonta os ríos de alta montaña até zonas con leitos de area grosa o pedras para desovar, con augas ben oxixenadas,4​ frías e con corrente rápida. En Escandinavia adoita vivir en lagos de augas claras e algunhas poboacións son semianádromas, descendendo os adultos até o mar Báltico, aínda que isto é unha rareza e o normal é que sexa un peixe de auga dulce non migrador,​[6] que busca as augas de máis de 15 m de profundidade.[7]

É unha especie gregaria que vive en cardumes,[8]​ non migratoria, alimentándose fundamentalmente de insectos,[9] ninfas, pequenos vermes e crustáceos. Na idade adulta adoita converterse nun animal omnívoro, de forma que, ademais de invertebrados tamén consome materia orgánica vexetal.

É presa de grandes peixes, incluído o Huso huso.

É unha especie moi sensíbel á polución, polo que a súa poboación diminúe en ríos contaminados.[7]

Importancia para o home

editar

Desde a antigüidade esta especie foi unha importante fonte de alimento nalgunhas comunidades rurais de Europa, polo que aparece en numerosos escudos ou bandeiras de cidades europeas; a súa pesca é polo tanto comercial, e tamén a súa acuicultura, sendo o seu prezo alto no mercado.[6]

A pesca deportiva tamén busca moito esta especie, puidéndose pescar tanto con carnada natural de larvas de insectos como pescado con mosca.[6]

Ameazas

editar

Non se coñecen ameazas importantes e xeneralizadas, pero a nivel rexional sofre a contaminación dos ríos, a construción de encoros e a regulación dos ríos. Na súa área de distribución sur é cada vez máis vulnerábel ao cambio climático. Localmente é susceptíbel a grandes poboacións de aves depredadoras.[1]

Estado de conservación

editar

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais, tendo en conta que é unha especie moi estendida e que non se coñecen grandes ameazas xeneralizadas, cualifica o seu status como LC (pouco preocupante).[1]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Freyhof, J. (2011): Thymallus thymallus na Lista vermella da UICN. Versión 2021-3. Consultada o 10 de marzo de 2022.
  2. 2,0 2,1 2,2 Thymallus thymallus (Linnaeus, 1758) no WoRMS. Consultado o 10 de marzo de 2022.
  3. 3,0 3,1 3,2 Thymallus thymallus (Linnaeus, 1758) no GBIF. Consultado o 10 de marzo de 2022.
  4. 4,0 4,1 4,2 Thymallus thymallus Arquivado 16 de xullo de 2017 en Wayback Machine. en FishBase.
  5. 5,0 5,1 Muus, Bent J. et al. (1970).
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 Kottelat, M. (1997)
  7. 7,0 7,1 7,2 Billard, R. (1997): Les poissons d'eau douce des rivières de France. Identification, inventaire et répartition des 83 espèces. Lausanne: Delachaux & Niestlé. ISBN 978-2-6030-1046-4.
  8. Spillman, C.-J. (1961): Faune de France: Poissons d'eau douce. París: Fédération Française des Sociétés Naturelles, Tome 65. ISBN 3-6189-4534-5.
  9. Vostradovský, Jiří (1973): Freshwater fishes. Londres: The Hamlyn Publishing Group Limited. ISBN 978-0-6003-3476-7.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Knizhin, I. B., Weiss, S. J. & Susnik, S. (2006): "Graylings of Baikal Lake basin (Thymallus, Thymallidae): diversity of forms and their taxonomic status". Voprosy Ikhtiologii 46: 442-459.
  • Kottelat, M. (1997): "European freshwater fishes". Biologia 52, Suppl. 5: 1-271.
  • Kottelat, M. & Freyhof, J. (2007): Handbook of European Freshwater Fishes. Cornol, Xura, Suíza: Publications Kottelat. ISBN 978-2-8399-0298-4.
  • Muus, Bent J.; Jørgen G. Nielsen; Preben Dahlstrøm e Bente O. Nyström (1998): Peces de mar del Atlántico y del Mediterráneo. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-1161-2.
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World, 4ª edición. Nova York: John Wiley and Sons. ISBN 978-0-4712-5031-9.

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
Idea 1
idea 1
INTERN 2
todo 1