Tim O'Reilly
Tim O'Reilly (en irlandés, Tadhg Ó Raghallaigh), nado o 6 de xuño de 1954, é un dos grandes líderes de opinión en Internet. Naceu en 1954 en Cork (Irlanda), e criouse en San Francisco (Estados Unidos). Seus son varios dos primeiros acontecemientos na Rede. Dende 1978 é fundador e presidente de O'Reilly Media (antigamente O'Reilly & Associates), unha prestixiosa compañía norteamericana que publica libros e páxinas web, e organiza conferencias relacionadas coa informática.
(2017) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de xuño de 1954 (70 anos) Cork, Irlanda |
Educación | Harvard College |
Actividade | |
Campo de traballo | Programador |
Ocupación | editor, enxeñeiro, empresario, informático teórico, escritor, programador |
Participou en | |
World Government Summit 2016 (pt) | |
Familia | |
Cónxuxe | Jennifer Pahlka (2015–) Christina O'Reilly |
Fillos | Arwen O'Reilly () Christina O'Reilly Meara O'Reilly () Christina O'Reilly |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Sitio web | tim.oreilly.com |
Biografía
editarFoi un forte impulsor do software libre, e é autor (xunto con Dale Dougherty, Craig Cline e John Batelle) do concepto Web 2.0, que designa a evolución actual de Internet cara a maiores graos de interactividade cun funcionamento cada vez máis sinxelo e intuitivo, tendo a Web como elemento central. Tamén participou no desenvolvemento da linguaxe Perl.
Inicialmente estivo interesado na literatura, mais tras licenciarse en Humanidades en 1975 pola Universidade Harvard, viuse envolto no campo dos manuais de ordenadores. Pouco a pouco comezou a sentirse atraído pola informática e actualmente é autor de varios libros, publicados todos eles pola súa editorial. En 1992 publicou The Whole Internet User's Guide & Catalog, o primeiro libro divulgativo sobre Internet. En 1993 creou o primeiro portal de Internet: Global Network Navigator, que máis tarde se convertería en AOL. En 2000 fundou Safari Books Online, o primeiro sitio de venda de libros na Rede. Nunha conferencia en 2004 presenta publicamente o concepto de Web 2.0. O' Reilly forma parte de CollabNet, e estivo a bordo de Macromedia ata a súa fusión con Adobe Systems en 2005. En 2007 pasou a formar parte da dirección de MySQLAB.
No ano 2001 viuse envolto nunha disputa con Amazon.com, dirixindo unha protesta contra a súa patente one-click, e, especialmente, en oposición á afirmación de dita patente por parte de Amazon contra o seu rival barnesandnoble.com. A disputa terminou con O'Reilly e Jeff Bezos, fundador de Amazon.com, viaxando a Washington, D.C. para esixir unha reforma da patente.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Tim O'Reilly |