Tito Gobbi
Tito Gobbi, nado en Bassano del Grappa o 24 de outubro de 1915 e finado en Roma o 5 de marzo de 1984, foi un dos máis grandes barítonos italianos.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de outubro de 1913 Bassano del Grappa, Italia (pt) |
Morte | 5 de marzo de 1984 (70 anos) Roma, Italia |
Lugar de sepultura | Cemiterio comunal monumental Campo Verano |
Actividade | |
Ocupación | actor, cantante de ópera, actor de cinema |
Xénero artístico | Ópera |
Profesores | Giulio Crimi (en) |
Tesitura | Barítono |
Instrumento | Voz |
Familia | |
Parentes | Hilda Gobbi, curmá entregue |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Гобби Тито) Biblioteca dixital BEIC Obálky knih, |
|
Traxectoria
editarNaceu en Bassano del Grappa e estudou leis na universidade de Padua antes de iniciar a súa preparación como cantante en Roma con Giulio Crimi.
O seu debut operístico foi en Gubbio (Umbría) en 1935 como Rodolfo en La sonnambula de Vincenzo Bellini. No 1936 acadou o primeiro premio no concurso internacional de Viena e no 1937 é o laureado do concurso da escola de La Scala de Milán. Nese mesmo ano, estrea o papel de Germont en La Traviata de Verdi en Roma.
No ano 1942, canta Wozzeck de Alban Berg, na primeira representación italiana da ópera de Berg. Debutó en La Scala de Milán co rol de Belcore en L'elisir d'amore de Donizetti.
Cantou o papel do Barón Scarpia na produción de Franco Zeffirelli (1964) da ópera de Puccini Tosca no Covent Garden con Maria Callas no rol protagonista. O acto II desta produción retransmitiuse pola televisión británica, e hoxe consérvase en vídeo e DVD. Esta gravación volveuse histórica, por tratarse dun dos poucos rexistros en vídeo dispoñibles da cantante e terminou contribuíndo de forma significativa á popularidade do barítono. Gobbi e Callas interpretaran estes papeis na gravación clásica de EMI, de 1953, con Giuseppe Di Stefano como Mario Cavaradossi e con Victor de Sabata dirixindo a orquestra. Este disco de 1953 foi editado tanto en LP como en CD e está considerada por moitos como a mellor gravación nunca feita dunha ópera completa.
Tivo unha filla que é a que se encarga da Associazione Musicale Tito Gobbi, unha organización dedicada a conservar e celebrar o rexistro das contribucións de Gobbi á ópera.
Retirouse no ano 1979 e publicou a súa autobiografía Tito Gobbi: A miña vida (1979) e Tito Gobbi e o seu mundo da ópera italiana (1984).
Voz e papeis destacados
editarEstá entre os máis destacados barítonos italianos da súa xeración, destacable polo sutil xeito en que actuaba coa súa voz e polo cortante acento de barítono. Dedicouse intensamente á súa formación musical, dominando con seguridade as técnicas vocais requiridas para unha carreira lírica de nivel internacional. O seu timbre non era particularmente agradable, nin a súa voz tiña un alcance infrecuente, pero compensaba estas limitacións cun espectacular traballo na escena. É un dos grandes barítonos do século XX polas súas habilidades dramáticas, que poden comprobarse, por exemplo, no referido vídeo do segundo acto de Tosca.
Gravacións
editarÓperas
editar- Puccini: Tosca, dirixida por Victor de Sabata, con Maria Callas e Giuseppe Di Stefano, La Scala, 1953. Considerada por moitos como a gravación de referencia desta ópera.
- Leoncavallo: I Pagliacci, dirixido por Tullio Serafín, con Maria Callas, Giuseppe Di Stefano e Rolando Panerai. La Scala (EMI, 1954).
- Rossini: O barbeiro de Sevilla, dirixido por Alceo Galliera, con Maria Callas e Luigi Alva, Philarmonia Orchestra, 1958.
- Verdi:
- Falstaff, dirixido por Herbert von Karajan, con Luigi Alva, Fedora Barbieri, Anna Moffo, Rolando Panerai, Elisabeth Schwarzkopf, Philharmonia Orchestra, 1956.
- Un ballo in maschera, dirixido por A. Votto, con Giuseppe di Stefano, Maria Callas, F. Barbieri, E. Ratti, Orquestra e coro do Teatro La Scala de Milán (EMI, 1956).
- Simon Boccanegra, dirixido por Gabriele Santini, con Boris Christoff e Victoria de los Ángeles, Orquestra e coro da Ópera de Roma (EMI, 1957).
- Otello, dirixida por T. Serafín, con Jon Vickers e Leonie Rysanek, Ópera de Roma, 1960.
- Nabucco, dirixido por Lamberto Gardelli, con E. Suliotis, B. Prevedì, C. Cava, D. Carral, Orquestra e coro da Ópera de Viena (Decca, 1965).
Gravacións audiovisuais
editarApareceu en 25 películas, tanto como cantante como actor. A maior parte delas eran versións cinematográficas de óperas de compositores como Verdi, Puccini e Rossini. Entre elas, destacan:
- Traxedia e triunfo de Giuseppe Verdi (1953)
- Eldfågeln (O paxaro de lume, 1952)
- Pagliacci (1947)
- Maria Callas at Covent Garden (1964), produción para televisión, dirixida por Franco Zeffirelli.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Blyth, A., Notas ó CD Ten top baritones & Basses, Decca, 1993.
- Alier, R., Heilbron, M. e Sans Rivière, F., La discoteca ideal de la ópera, Planeta, Barcelona, 1995. ISBN 84-08-01285-1
Ligazóns externas
editar- Tito Gobbi en El poder de la palabra coa audición do “Largo al factotum” do Barbeiro de Sevilla de Rossini.
- Biografía
- Filmografía completa
- (en italiano) Associazione Tito Gobbi
- Largo al factotum do Barbeiro de Sevilla.
- Final del Acto II Tosca, Covent Garden, con Maria Callas.