Tokio Hotel é un grupo de pop-rock, fundado en Magdeburgo en 2001. Son un cuarteto de rapaces, dous deles orixinarios de Magdeburgo. O grupo está formado polos xemelgos Bill, Tom Kaulitz, Georg Listing e Gustav Schäfer. Criáronse en Leipzig, aínda que máis tarde se mudaron a Magdeburgo. A banda goza dunha crecente fama entre o público xuvenil alemán.

Tokio Hotel no 2010
OrixeMagdeburg, Alemaña Alemaña
Período2001 - presente
Xénero(s)pop rock
Selo(s) discográfico(s)Universal Music Germany, Cherrytree, Interscope
MembrosBill Kaulitz
Tom Kaulitz
Georg Listing
Gustav Schäfer
Na rede
http://www.tokiohotel.com
IMDB: nm2064863 Facebook: tokiohotel Twitter: tokiohotel Instagram: tokiohotel VK: thrus MySpace: tokiohotel Youtube: UCEGVZ50kxeQrgbZ9CBTPXcg TikTok: tokiohotel Spotify: 46aNfN89JrOQTCy97GoCHa iTunes: 78215262 Last fm: Tokio+Hotel Musicbrainz: 462a85b4-83ac-4164-86b3-e5ac6a7ec040 Songkick: 58137 Discogs: 374643 Allmusic: mn0000470020 Deezer: 3255 Genius: Tokio-hotel Editar o valor en Wikidata
Bill Kaulitz

Historia

editar

Bill e Tom Kaulitz (nados ambos os dous o 1 de setembro de 1989), entraron na música da man do seu padrasto, que é un músico activo en Magdeburgo. Tras un concerto na súa cidade en 2001, coñeceron a Gustav Schäfer (nado o 8 de setembro de 1988) e a Georg Listing o (31 de marzo de 1987), cos que fundaron o seu primeiro grupo musical, chamado Devilish. Despois de que Bill Kaulitz formase parte do programa Kinder-Star-Search ("Na procura de nenos estrela"), o grupo foi descuberto en 2003 polo produtor Peter Hoffmann, e Sony BMG contratou finalmente a Tokio Hotel. Hoffmann, xunto con David Jost e Pat Benzner entraron na produción das súas cancións. Porén, pouco antes do lanzamento do seu primeiro disco, Sony anulou o contrato. En 2005, foi Universal Music Group quen contratou a Tokio Hotel, así traballaron para lanzaren o grupo ó éxito.

O vídeo do seu sinxelo debut, Durch den Monsun, saíu en televisión en xullo de 2005 (Alemaña), e dende entón o grupo fíxose cun gran número de fans. O sinxelo saíu o 15 de agosto de 2005 e chegou decontado ó número 1 nas listaxes de vendas de Alemaña e Austria. O disco debut que contiña este sinxelo, chamado Schrei, mantívose no máis alto da listaxe de vendas incluso meses despois do seu lanzamento. En 2006, volveron gravar algunhas das súas cancións, polo cambio de voz que sufriu o cantante nesa época, a causa da súa idade (tiña 16 anos). Ademais, o seu cambio de look tamén foi unha incitación para volver sacar ese disco, con novo deseño, fotos e cancións regravadas coa súa nova voz, chamado Schrei: so laut du kannst.

O 23 de febreiro de 2007 saíu o segundo álbum do grupo, Zimmer 483, presentado xa o 26 de xaneiro co seu primeiro sinxelo: Übers Ende der Welt ("Sobre a fin do mundo"). A venda nas súas dúas edicións, normal e de luxo, chegou ó número 1 en Europa. E despois, sacaron o seu disco en inglés "Room 483" cos seus maiores éxitos en inglés.

Éxito no estranxeiro

editar

En Francia, saíu o seu primeiro álbum en outono do 2006, na súa segunda versión, e acadaron o posto 19 nas listaxes da súa primeira semana. Neste país aínda seguen tendo grandes éxitos. Os seus discos chegan as primeiras posicións das listaxes de vendas e en 2007 concedéronlles o disco de ouro polo seu primeiro disco.

En 2006 deron concertos noutros países nos que eran xa un éxito sabido, como Francia ou Polonia, e incluso deron un concerto en Moscova perante milleiros de espectadores, algo inesperado. Na súa xira de 2007, deron concertos noutros 7 países alén de Alemaña, como: Francia, Polonia, a República Checa ou Hungría entre outros. En España actuaron no 2007, a pesar de ter vendido o seu disco e teren numerosos fans, participando no MTV day o 14 de xuño.

En xuño de 2007 publicouse un disco en inglés, titulado Scream, que vai dirixido especialmente aos países de fala inglesa para facérense un oco no seu mercado. Con todo, ese disco venderase e será promocionado en Europa, o cal por algunha estraña razón, en Alemaña o disco leva por nome "Room 483”.

Na súa curta traxectoria, Tokio hotel gañou numerosos premios, tanto no seu país como fóra del, así como recoñecemento polos seus discos vendidos.

06.10.2005 - Premios anuais de Comet Awards ó "Mellor grupo revelación" e "Súper lanzamento".
24.11.2005 - Premio Eins Live Krone ó "Mellor grupo revelación".
01.12.2005 - Premio Bambi ó "Mellor grupo nacional".
12.03.2006 - Premio en Echo Awards ó "Mellor grupo revelación".
25.03.2006 - Premio en Steiger-Award ó "Mellor grupo revelación".
31.03.2006 - Premio en Radio Regenbogen ó "Mellor grupo Pop Nacional".
22.04.2006 - Pingüino de ouro ó mellor sinxelo e Pingüino de ouro ó mellor grupo pop/rock de 2005 pola revista austríaca Xpress.
06.05.2006 - Premio en Bravo Supershow Alemaña Otto de ouro ó mellor grupo de rock.
22.05.2006 - Premio en Bild Osgar categoría "Música".
24.06.2006 - Premio en Bravo Supershow Hungría "Mellor grupo novel" e "mellor grupo estranxeiro".
16.09.2006 - Premio Die Goldene Stimmgabel ó "Grupo de pop de maior éxito".
15.11.2006 - Premio World Music Awards ó "Grupo alemán máis vendido".
07.12.2006 - Premio Eins Live Krone ó "Mellor directo".

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
iOS 3
multimedia 1
os 45
todo 2