Tour de Francia
O Tour de Francia ("Volta" a Francia) é unha competición ciclista por etapas, a máis afamada de todas, que se disputa en Francia e outros países limítrofes durante tres semanas do mes de xullo. Comezou a celebrarse en 1903 con periodicidade anual que só foi interrompida entre 1915 a 1918 por mor da primeira guerra mundial e desde 1940 ata 1946 pola segunda guerra mundial.
Nome oficial | Tour de France (1903–) |
---|---|
Tipo | Grandes Voltas |
Deporte | ciclismo en ruta |
Epónimo | Francia |
Organizador | Amaury Sport Organisation Société du Tour de France (en) L'Auto (en) |
Parte de | UCI WorldTour |
Localización e Datas | |
País | Francia |
Vixencia | 1903 – |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Organización | |
Presidente | Christian Prudhomme (2005–) |
Outro | |
Páxina web oficial | letour.fr |
Constitúe, polo tanto, a carreira máis importante dentro da clasificación ciclista que establece a UCI ProTour; xunto coa Vuelta Ciclista a España e o Giro de Italia constitúe o grupo das Grandes Voltas de tres semanas.
Historia
editarO primeiro Tour tivo lugar no ano 1903, como unha iniciativa do diario L'Auto. Pouco a pouco, foi adquirindo prestixio como carreira ciclista ata, na actualidade, elevarse á posición de evento ciclista máis importante do ano. Na actualidade, e a diferenza dos seus comezos (nos que tiña poucas etapas pero moi longas), o Tour ten 21 etapas e 2 días de descanso para os corredores.
O Tour adoita ter lugar en territorio francés; así e todo, é moi frecuente que unha ou varias etapas comecen, rematen ou pasen por outros países, como Italia, España, Suíza, Bélxica, Luxemburgo, Países Baixos, Alemaña e incluso o Reino Unido ou Irlanda.
O percorrido do Tour cambia tódolos anos. Na primeira etapa, adoita haber un prólogo (breve contra o reloxo individual); a continuación, unha primeira semana na que non se atravesan grandes dificultades montañosas; unha contra o reloxo; e a continuación o paso polas dúas grandes cadeas montañosas (Pireneos e Alpes ou Alpes e Pireneos, a anos alternos); logo, outra contra o reloxo que ten lugar o penúltimo día; e, ó final, unha etapa chá que remata nos Campos Elisios de París. Tamén é habitual que haxa na primeira semana unha contra o reloxo por equipos.
Na actualidade, e tras 16 anos so a dirección de Jean-Marie Leblanc, o director do Tour é Christian Prudhomme.
Maillots
editarÓ igual que outras carreiras ciclistas, o Tour de Francia ten diferentes clasificacións, ó primeiro clasificado das cales se lle dan determinadas mallas:
- Maillot jaune (amarelo) ó líder da clasificación xeral da carreira (o gañador).
- Maillot vert (verde) para o ciclista que acadou maior número de puntos na clasificación dos sprints (que se obteñen ós finais das etapas e nos sprints intermedios).
- Maillot à pois rouges (a puntos vermellos) para aquel que ten maior número de puntos na clasificación da montaña (estes puntos obtéñense ó pasar nos primeiros postos polo cume dos montes. Canto maior sexa a categoría das montañas, maior é a cantidade de puntos).
- Maillot blanc (branco) para o ciclista novo (de menos de 25 anos) que mellor clasificado está.
Outras clasificacións teñen outras formas de se sinalaren:
- A clasificación da combatividade. Cada día, os xuíces escollen o corredor máis combativo da etapa anterior e proporciónanlle un dorsal (o número que levan nas costas) vermello para o distinguir.
- A clasificación por equipos. Para calculala, súmanse os tempos de carreira dos tres primeiros corredores do equipo. Tódolos ciclistas do equipo que ocupa o primeiro lugar nesta clasificación reciben un dorsal amarelo.
Como en tódalas demais carreiras, o campión do mundo pode levar a malla arco-da-vella que o diferencia, e os campións nacionais poden levar a malla do seu propio país.
A carreira
editarNo respectivo ás etapas de contra o reloxo e de montaña, o Tour funciona como tódalas demais Grandes Voltas. Porén, ten certos detalles que o diferencian:
Contra o reloxo por equipos
editarNa meirande parte dos Tours, adoita haber unha contra o reloxo por equipos na primeira semana. Porén, este feito deu lugar a moitas críticas a raíz de que Lance Armstrong, que dispuña dun equipo moi forte, se distanciaba moito dos seus rivais, con equipos máis modestos. Para tentar solucionalo, o Tour estableceu unha norma na contra o reloxo por equipos, que tamén recibiu gran cantidade de críticas.
Esta norma di que o máximo tempo que pode perder o segundo equipo respecto do primeiro clasificado é de 20 segundos. No caso do terceiro, son 30 segundos (tamén respecto do primeiro); o cuarto, 40; e así sucesivamente ata o décimo quinto clasificado, que pode perder como máximo 2 minutos 30 segundos (150 s). A partir de aí, as diferenzas van de 5 en 5 segundos.
Por exemplo, se nunha carreira o segundo equipo chega con 5 minutos de atraso respecto do primeiro, cóntase como se só perdese 20 segundos. Pola contra, se chega a 5 segundos este tempo manténselle.
As bonificacións e as chegadas
editarDurante todo o Tour (diferenciándose nisto, por exemplo, da Vuelta a España, que só o fai na primeira semana), os corredores que chegan nos primeiros postos á meta reciben unha bonificación que lles desconta segundos (20 ó primeiro, 12 ó segundo, 8 ó terceiro).
En 2006 decidiuse que a aqueles ciclistas que caesen nos últimos 3 quilómetros de cada etapa se lles daría o tempo que conseguirían se non caesen.
En 2008 suprimíronse as bonificacións.
Historial do Tour de Francia
editarOs podios marcados coa frase "Vacante" son o resultado da decisión da UCI de eliminar a Lance Armstrong e a Levi Leipheimer do historial do Tour de Francia por dopaxe.
Corredor | Edicións | |||
---|---|---|---|---|
Bernard Hinault | 5 | 2 | 0 | 8 |
Eddy Merckx | 5 | 1 | 0 | 7 |
Jacques Anquetil | 5 | 0 | 1 | 8 |
Miguel Indurain | 5 | 0 | 0 | 12 |
Chris Froome | 4 | 1 | 1 | 6 |
Greg LeMond | 3 | 1 | 1 | 8 |
Louison Bobet | 3 | 0 | 1 | 11 |
Philippe Thys | 3 | 0 | 0 | 10 |
Nicolas Frantz | 2 | 2 | 0 | 6 |
Antonin Magne | 2 | 1 | 1 | 10 |
Ottavio Bottecchia | 2 | 1 | 0 | 4 |
Gino Bartali | 2 | 1 | 0 | 8 |
André Leducq | 2 | 1 | 0 | 9 |
Laurent Fignon | 2 | 1 | 0 | 10 |
Bernard Thévenet | 2 | 1 | 0 | 11 |
Firmin Lambot | 2 | 0 | 1 | 10 |
Alberto Contador | 2 | 0 | 0 | 3 |
Fausto Coppi | 2 | 0 | 0 | 3 |
Sylvère Maes | 2 | 0 | 0 | 6 |
Lucien Petit-Breton | 2 | 0 | 0 | 9 |
Óscar Pereiro Sío | 1 | 0 | 0 | 6 |
Vicente López Carril | 0 | 0 | 1 | 9 |
Palmarés por países
País | Vitorias | 2.º lugar | 3.º lugar | Total | Último gañador |
---|---|---|---|---|---|
Francia | 36 (21) | 30 | 33 | 99 | Bernard Hinault en 1985 |
Bélxica | 18 (10) | 15 | 18 | 51 | Lucien van Impe en 1976 |
España | 12 (7) | 6 | 12 | 30 | Alberto Contador en 2009 |
Italia | 10 (7) | 16 | 15 | 41 | Vincenzo Nibali en 2014 |
Reino Unido | 6 (3) | 2 | 4 | 12 | Geraint Thomas en 2018 |
Luxemburgo | 5 (4) | 6 | 3 | 14 | Andy Schleck en 2010 |
Estados Unidos | 3 (1) | 1 | 2 | 6 | Greg LeMond en 1990 |
Dinamarca | 3 (2) | 1 | 1 | 5 | Jonas Vingegaard en 2023 |
Países Baixos | 2 (2) | 11 | 4 | 17 | Joop Zoetemelk en 1980 |
Suiza | 2 (2) | 4 | 3 | 9 | Hugo Koblet en 1951 |
Eslovenia | 2 (1) | 3 | - | 5 | Tadej Pogačar en 2021 |
Alemania | 1 | 8 | - | 9 | Jan Ullrich en 1997 |
Colombia | 1 | 3 | 2 | 6 | Egan Bernal en 2019 |
Australia | 1 | 2 | 1 | 4 | Cadel Evans en 2011 |
Irlanda | 1 | - | 1 | 2 | Stephen Roche en 1987 |
Galiza | 1 | - | 1 | 2 | Óscar Pereiro en 2006 |
Rusia | - | 1 | 1 | 2 | - |
Letonia | - | 1 | - | 1 | - |
Portugal | - | - | 2 | 2 | - |
Austria | - | - | 1 | 1 | - |
Suecia | - | - | 1 | 1 | - |
Polonia | - | - | 1 | 1 | - |
Lituania | - | - | 1 | 1 | - |
Kazajistán | - | - | 1 | 1 | - |
Ecuador | - | - | 1 | 1 | - |
- Entre parénteses o número de ciclistas diferentes que hconseguiron vitorias para cada país.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Tour de Francia |