Trammet
compañía operadora do servizo do tranvía metropolitano de Barcelona chamado TRAM
TramMet ou Tramvia Metropolità é unha compañía operadora do servizo do tranvía metropolitano de Barcelona chamado TRAM.[1] É unha empresa joint venture de diferentes compañías do sector ferroviario e de transportes.
Tramvia Metropolità SA | |
---|---|
Tipo | Operadora de tranvía |
Localización | Barcelona |
Persoas clave | Albert Vilalta i González (presidente) |
Na rede | |
http://www.tram.cat/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Composición
editarAta 2010 a composición era exlusivamente privada:
- Alstom Transporte, SA (20,25%)
- Alstom Transport, SA (5,1%)
- Comsa Conseciones, SL (12,4%)
- FCC Construcción, SA (19,03%)
- Veolia Transport, SA (1%)
- CGT Corporación General de Transportes (1%)
- Detrén, Compañía general de servicios moviliarios, SL (4,82%)
- Acciona Infraestructuras, SA (1,165%)
- Acciona Concesiones, SL (0,75%)
- Acciona (10,485%)
- Marfina, SL (18%)
- Bansabadell Inversió Desenvolupament, SA, Sociedad Unipersonal (5%)
- Société Générale, sucursal en España (1%).[2]
O 2 de novembro de 2010 produciuse unha ampliación de capital e pasouse de 1 220 000 accións a 1 284 210. 32 105 accións foron para Ferrocarrils de la Generalitat de Catalunya e 32 105 accións máis para Ferrocarril Metropolità de Barcelona, SA.[3]
Servizos
editarExplota tanto o tranvía do Baix Llobregat (Trambaix) como o tranvía do Besòs (Trambesòs).[4]
Notas
editar- ↑ Societat Catalana d’Ordenació del Territori (SCOT), ed. (2005). "Tramvia de l'Avinguda Diagonal (Barcelona)". Arquivado dende o orixinal o 25 de decembro de 2013. Consultado o 10 de febreiro de 2011.
- ↑ TBX Inscripció 42
- ↑ TBX Inscripció 48
- ↑ VilaWeb, ed. (4 de xullo de 2002). "L'ATM adjudica el tramvia del Besòs al grup TramMet, amb una inversió de 200 milions d'euros". Consultado o 10 de febreiro de 2011.