Tratado de Saint-Germain

O Tratado de Saint-Germain-en-Laye foi asinado nesa localidade francesa o 10 de setembro de 1919[1] entre as potencias aliadas e asociadas e Austria para pór fin á Primeira guerra mundial. Neste tratado establecíase o desmembramento da antiga monarquía dos Habsburgo, o Imperio Austrohúngaro, que foi substituído pola República de Austria como «estado sucesor» quedando limitada a algunhas áreas nas que soamente se falaba alemán e que foi excluída das negociacións sendo obrigada a asina-lo tratado. O tratado foi reatificado polo Consello Nacional austríaco ou Parlamento o 17 de outubro.[2]

Novas froteiras segundo os Tratados de Saint-Germain (1919) e Trianon (1920)

O posterior Tratado de Trianon, asinado en 1920 entre os aliados e Hungría, completou o proceso de desmembramento do Imperio Austrohúngaro.

Características

editar

O tratado redactouse en francés, a lingua de interpretación en caso de discrepancias, inglés, italiano e ruso, mais non en alemán.

O tratado establecía o nome oficial do país vencido, Austria (Österreich), ao que se lle prohibía de xeito expreso o Anschluss (o reagrupamento ou unión con Alemaña), a fabricación e o comercio de armamento e a constitución dun exército de leva (tiña autorizado un exército profesional limitado a 30.000 homes). Igualmente, obrigábaselle a pagar aos aliados cuantiosas indemnizacións e a restituír numerosas obras de arte do tesouro imperial dos Habsburgo, aínda que moitas delas fosen de Austria dende había moitos séculos e fosen adquiridas lexitimamente.

Cláusulas territoriais

editar
  • Galitzia foi outorgada a Polonia en contra da opinión maioritaria dos seus habitantes, de nación rutena, que querías seren incorporados a Ucraína.
  • Bohemia, Moravia, e algunhas áreas da Baixa Austria, foron reunidas nun estado de nova creación, Checoslovaquia, que tamén incorporou o territorio xermanófono dos Sudetes.
  • Tirol do Sur, o territorio de Trento, o Val de Canale, varias illas de Dalmacia e as cidades de Trieste e Zadar, foron outorgadas a Italia; isto implicou que Austria perdese o acceso ao mar Mediterráneo.
  • A Bucovina, foi entregada a Romanía.
  • Algunhas partes de Estiria e de Carintia, pasaron ao Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos.
  • Os dereitos sobre o enclave de Tientsin, foron restituídos a China.
  • Decidiuse a celebración dun referendo na cidade de Klagenfurt para decidir a súa permanencia en Austria ou a incorporación a Eslovenia. Celebrouse o 10 de outubro de 1920 decidindo permanecer en Austria. Este feito, máis a incorporación to territorio húngaro de Burgenland, como consecuencia do Tratado de Trianon, conformaron os territorios de Austria, que pasou a ser unha República Federal composta por 8 pequenos estados.[2]
  1. "Tratado de Saint-Germain-en-Laye (1919)". dipublico.org (en castelán). Consultado o 10-7-2020. 
  2. 2,0 2,1 Redondo (1984), p.129

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Redondo, Gonzalo (1984). Historia Universal. XIII (La libertades y las democracias). Ediciones Universidad de Navarra. 

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar

 
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

  NODES
HOME 1
iOS 3
mac 1
multimedia 1
os 44
text 1
todo 1