O traxe de baño é unha peza de roupa deseñada para homes, mulleres ou nenos para lugares como praias, ríos ou piscinas, ou tamén para deportes acuáticos como natación, surf, mergullo, Wáter-polo, esquí acuático, entre outros. Úsase en actividades de lecer como bronceado solar, así como en concursos de beleza e culturismo.

Unha muller en traxe de baño.

Hai unha gran variedade de estilos modernos de traxe de baño, que varían en material e cobertura corporal.

Historia

editar
 
Traxe de baño masculino de 1910 (MFFP).

Na antigüidade clásica a natación e o baño realizábanse espidos. Existen murais romanos que mostran mulleres xogando e facendo exercicios con traxes de dúas pezas nun estilo semellante ao actual bikini. Porén, non hai evidencia de que se empregasen para nadar, e todas as imaxes clásicas de nadadores amósanos espidos.

En varias tradicións culturais nádase se non totalmente espido, nunha versión axeitada para a auga dunha prenda usada na terra, como taparrabos ou os fundoshi xaponeses.

A finais do século XVIII naceu oficialmente o costume de bañarse no mar. O rei Xurxo III de Inglaterra foi quen máis favoreceu o baño na praia como un acto social. O primeiro baño oficial dunha muller foi o que realizou a francesa duquesa de Berry, nora de Carlos X, que se mergullou completamente vestida na praia de Dieppe (Francia).

En 1860 apareceu o primeiro traxe de baño, que consistía nunha camisola de manga curta, pantalón longo e medias, tanto para o home como para a muller. En 1914 desapareceron as medias da vestimenta de praia. Os homes bañábanse en bodys con mangas e pantalóns curtos e o traxe de baño feminino tamén se acurtara ata o xeonllo.

En 1920 xurdiu o primeiro traxe de baño feminino moderno, dunha soa peza, mais aínda de la, cun escote máis amplo, tirantes en lugar de mangas curtas e a parte inferior só cubrindo a metade das coxas. Cando estaba mollada pesaba máis de tres quilos. O enxeñeiro Louis Réard inventou en 1946 o traxe de baño de dúas pezas coñecido como bikini, aínda que non chegou a ser habitual ata 1960. Nesa época, coa invención da licra, chegaron os primeiros traxes de baño elásticos.

Contra 1964 o estilista californiano Rudi Gernreich definiu o topless ou monokini. Nun principio era un traxe de baño negro sostido por dous tirantes que deixaba ao descuberto os seos. En 1974 naceu no Brasil o tanga, inventado polo xenovés Carlo Ficcardi e no século XXI a pareceron o trikini e o burkini, este último inventado pola australiana-libanesa Aheda Zanetti.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
todo 1