Tripanosomíase africana
A tripanosomíase africana, tamén coñecida como tripanosomíase humana africana e, popularmente, como enfermidade do soño, é unha enfermidade parasitaria dependente dun vector para a súa transmisión.[1]
Tripanosomíase africana | |
---|---|
Clasificación e recursos externos | |
Formas de Trypanosoma en frotis de sangue | |
DiseasesDB | 29277 |
MedlinePlus | 001362 |
MeSH | D014353 |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
Parasitos causantes da doenza
editarOs parasitos involucrados son protozoos pertencentes ao xénero Trypanosoma, transmitidos aos humanos por picaduras da mosca tse-tse infectadas ao alimentárense de humanos ou de animais que hospedaban ao parasito.[1]
Os seres humanos poden infectarse por dúas das súas subespecies, Trypanosoma brucei gambiense (TbG) e Trypanosoma brucei rhodesiense (TbR).[1] A TbG causa máis do 98 % dos casos notificados.[2] Ambas as subespecies son moi comúns nas zonas rurais.[1]
Vector e transmisión
editarAs moscas tse-tsé encóntranse na África subsahariana. Só certas especies do xénero Glossina transmiten a enfermidade.
As diferentes especies teñen diferentes hábitats. Principalmente encóntranse na vexetación ribeirá de ríos e lagos, en bosques en galería e na sabana.
Porén, hai moitas zonas onde se encontran as moscas, pero non a doenza. Isto débese a que as moscas non nacen co tripanosoma, senón que este entra nas glándulas salivares da mosca ao succionaren sangue dalgún humano ou animal coa enfermidade.
As poboacións rurais que habitan en rexións onde ocorre a transmisión e que dependen da agricultura, a pesca, a gandaría, a cría ou caza de animais, son as máis expostas á picadura da mosca e, en consecuencia, á contraeren a doenza.
A enfermidade do soño xeralmente está presente en áreas rurais remotas, onde os sistemas de saúde son precarios ou inexistentes. A doenza disemínase en pequenos asentamentos. Os desprazamentos de poboación por guerras e pobreza son factores moi importantes que levan a un aumento da taxa de transmisión.
A enfermidade progresa en áreas cuxo tamaño pode ir de unha aldea a unha rexión enteira. Dentro dunha área determinada, a intensidade da enfermidad pode ser variábel en diferentes aldeas.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Trypanosomiasis, human African (sleeping sickness) OMS. Consultada o 23 de xullo de 2021.
- ↑ WHO Media centre (March 2014): "Fact sheet N° 259: Trypanosomiasis, Human African (sleeping sickness)". OMS. Consultada o 23 de xullo de 2021.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tripanosomíase africana |
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|