Trisquel GNU/Linux

Trisquel GNU/Linux é un proxecto de desenvolvemento de software iniciado pola Universidade de Vigo, e que ten como obxectivo a creación dun sistema operativo de propósito xeral, empregando exclusivamente software libre. Atópase dispoñíbel en inglés, galego, castelán, catalán, éuscaro. A versión Dwyn inclúe ademais soporte para francés, chinés, e hindi; optouse así mesmo por substituír o galego como idioma por defecto polo inglés. A última versión (marzo de 2018) é a 8.0 TLS e leva por nome Flidas.

Trisquel GNU/Linux
DesenvolvedorComunidade de Trisquel e Sognus Ltd
Familia de S.O.GNU
Modelo de desenvolvementoSoftware libre
NúcleoLinux Libre
Tipo de núcleoMonolítico
LicenzaLicenzas software libre
Última versión estable8.0[1] 18 de abril de 2018
Estado actualCeibe
Sitio webtrisquel.info

O nome de Trisquel provén do coñecido símbolo celta tríscele (triskelion), que está conformado por tres espirais unidas en eixo. O logotipo desta distribución está feito con tres espirais de Debian unidas, como recoñecemento ao proxecto no que esta distro se basea.

O proxecto naceu en 2004 co apoio da Universidade de Vigo e foi oficialmente presentado en abril do 2005 con Richard Stallman, fundador do proxecto GNU, como invitado de honra. Comezouse a desenvolver a partir do proxecto Debian mais no lanzamento 2.0 cambiou os repositorios polos de Ubuntu, xa que está distribución ten plano de traballo mellor definido. O proxecto conta cos seus propios repositorios que parten dos compoñentes Ubuntu's main e universe, mais eliminando todo software privado.

En decembro de 2008 Trisquel GNU/Linux foi incluída pola Free Software Foundation na lista distribucións GNU/Linux recomendadas logo de verificar seu compromiso tanto no uso do software 100% libre como no da súa promoción.

Diferenzas con Ubuntu

editar

A diferenza de Ubuntu, Trisquel GNU/Linux eliminou todos os paquetes que non fosen software libre, substituíu o kernel orixinal por unha versión libre, e incluíu así mesmo paquetes alternativos.

Edicións

editar

Existen tres distribucións do proxecto dispoñibles para descarga. A denominada sinxelamente Trisquel está destinada a escritorio e uso persoal e que usa o escritorio MATE 1.12.[1] Ademais liberase a Trisquel Mini, unha versión lixeira con LXDE, e Trisquel Sugar TOAST, preparada para o espazo educativo co proxecto Sugar.[1] Todas elas están dispoñibles como imaxes iso para plataformas de 32 e de 64 bits. Dende a páxina oficial pódese descargar un Live-CD de cada unha delas excepto de Trisquel Pro xa que por mor do seu tamaño precisa ser gravada nun DVD-R.

Trisquel

editar

A principal edición da distribución está deseñada para uso "caseiro", incluíndo soporte para redes, multimedia, deseño, oficina e desenvolvemento informático así coma varios xogos. Inclúe soporte e recursos para facer traballar DVD's e a maioría dos formatos de son e vídeo por defecto.

Trisquel Edu

editar
 
Servidor de aulas LTSP Trisquel, administrado con iTALC.

O 21 de setembro de 2008 foi ceibada a primeira candidata para esta ferramenta educativa. Estaba baseada nas experiencias previas do proxecto no eido da ensinanza -debido ao seu vencellamento ao mundo universitario as primeiras versións de Trisquel incluían un bo feixe de ferramentas científicas, de enxeñería e tamén especificamente de ensinanza. Inclúe soporte para encerados dixitais de baixo custo que usan proxectores LCD e o control remoto da Nintendo Wii e software gratuíto específico que permite ser utilizado no canto doutras solucións de hardware máis custosas.

Trisquel Pro

editar

Trisquel Pro é un sistema operativo destinado a pequenas empresas. Inclúe un conxunto de programas para xestión da empresa como Abanq, OpenbravoPOS e GnuCash entre outros. A escolma de aplicacións está complimentada con varias ferramentas versatis (all-purpose) que inclúen un firewall en modo gráfico, antivirus para escanear as particións Windows, e o Wine. Foi ceibado oficialmente na feira SIMO en novembro do 2007.

Lanzamentos

editar
Lenda:
sen soporte versión actual en desenvolvemento
Versión Nome Data de lanzamento Tipo Soporte ata Base
0.9 Fyre 10 de outubro de 2004 Debian Unstable
0.95 Ogmios 6 de marzo de 2006 Debian Unstable
0.97 Morrigan 6 de xullo de 2006 Debian Unstable
0.99 Nemain 15 de xaneiro de 2007 Debian Unstable
1.0 Arianrhod 30 de xaneiro de 2007 Debian 4.0 Etch
1.5 Sirona 25 de outubro de 2007 Debian Unstable
2.0 Robur 24 de xullo de 2008 LTS Ubuntu 8.04 (hardy)
2.1 Robur 18 de decembro de 2008 LTS Ubuntu 8.04 (hardy)
2.2 Robur 8 de agosto de 2009 LTS Ubuntu 8.04 (hardy)
3.0 Dwyn 11 de setembro de 2009 STS 2011 Ubuntu 9.04 (jaunty)
3.5 Awen 22 de marzo de 2010 STS 2011 Ubuntu 9.10 (karmic)
4.0 Taranis 18 de setembro de 2010 LTS 2015 Ubuntu 10.04 (lucid)
4.5 Slaine 24 de marzo de 2011 STS 2012 Ubuntu 10.10 (maverick)
5.0 Dagda 17 de setembro de 2011 STS 2014 Ubuntu 11.04 (natty)
5.5 Brigantia 16 de abril de 2012 STS 2014 Ubuntu 11.10 (oneiric)
6.0 Toutatis marzo de 2013 LTS 2017 Ubuntu 12.04 (precise)
7.0 Belenos novembro de 2014 LTS 2019 Ubuntu 14.04 (trusty)
8.0 Flidas 15 de maio de 2018 LTS 2020 Ubuntu 14.04 (trusty)
9.0 Etiona - LTS -
  1. 1,0 1,1 1,2 "Trisquel 8.0 LTS Flidas" (en castelán). Proxecto Trisquel. Consultado o 15 de maio de 2015. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
iOS 5
mac 2
multimedia 1
os 32
todo 3
web 2