O tristepía[2] (Dolichonyx oryzivorus) é unha pequena ave ictérida americana e único membro do xénero Dolichonyx. Reprodúcese no verán nos Estados Unidos e o Canadá, coa maioría da súa área de distribución no verán na parte norte dos Estados Unidos. Fan unha longa emigración a América do Sur para pasaren o inverno, principalmente en Paraguai, Arxentina e Bolivia. En raras ocasións vense exemplares migrantes en Europa. As poboacións de tristepía están declinando rapidamente debido a numerosos factores, como a intensificación da agricultura e a perda de hábitat; están considerados como ameazados en Canadá, e están en risco en parte da súa área de distribución, pero no conxunto de América son consideradas en situación "pouco preocupante".

Tristepía
Rango fósil: Plistoceno-Holoceno

male
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Dominio: Eukaryota
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Icteridae
Xénero: Dolichonyx
Swainson, 1827
Especie: Dolichonyx oryzivorus
(Linnaeus, 1758)
Distribución aproximada.      Área de reprodución     Área non reprodutora
Distribución aproximada.      Área de reprodución     Área non reprodutora

Distribución aproximada.      Área de reprodución     Área non reprodutora
Sinonimia
  • Fringilla oryzivora Linnaeus, 1758
  • Emberiza oryzivora Linnaeus, 1766

Trátase dunha especie polixínica e gregaria, que se alimenta de diversos tipos de grans, incluíndo o arroz. Pode formar bandadas de miles de individuos. Durante a tempada reprodutora, exhibe un marcado dimorfismo sexual que logo se esvae cando o macho muda a súa plumaxe por unha similar á da femia, pouco antes de emprender a súa viaxe ao sur.[3] É un dos poucos paseriformes que experimentan dúas mudas de plumas anuais, cambiando a súa plumaxe completa tanto en América do Norte coma do Sur.[4][5] Os tristepías son aves de gran lonxevidade: viven comunmente cinco ou seis anos.[6]

Taxonomía

editar

O tristepía pertence á familia Icteridae, que comprende aves paseriformes orixinarias de América do Norte e do Sur. Constitúe un xénero monotípicoDolichonyx—, o cal significa que é a única especie clasificada dentro dese xénero. O parente máis próximo do tristepía probablemente sexa o Xanthocephalus xanthocephalus; estas dúas especies, xunto co xénero Sturnella, filoxeneticamente un pouco máis afastado, integran a subfamilia Sturnellinae, un taxon basal dentro da familia dos ictéridos.[7]

O tristepía foi descrito como especie por Carl Linné en 1758 na 10ª edición da súa obra Systema naturae co nome científico Fringilla oryzivora.[8][9] Posteriormente, en 1827, William Swainson substituíu esta denominación pola de Dolichonyx oryzivorus.[8] Robert Ridgway describiu a subespecie Dolichonyx oryzivorus albinucha,[10] correspondente ás poboacións occidentais,[11] en contraposición á subespecie nominal linneana (D. o. oryzivorus); pero logo, en 1894, a validez destas subespecies foi anulada pola Unión Ornitolóxica Americana e actualmente considérase unha especie monotípica.[10][12] O nome do xénero Dolichonyx vén do grego antigo dolikhos, 'longo', e onux, 'gadoupa'. O seu nome específico, oryzivorus, significa 'comedor de arroz' en latín.[13] Porén, este nome, instituído por Linneo en 1758, é previo á creación de cultivos de arroz en América como recurso alimenticio para a poboación humana e, segundo se cre, fai referencia máis ben a outras plantas da familia do arroz e non ao arroz propiamente dito (Oryza sativa), pois a súa adopción data de antes de que a ave comenzase a ser considerada unha praga para ese cultivo.[4]

Descrición

editar

Medidas:[14]

  • Lonxitude: 15-21 cm
  • Peso: 28-57 g
  • Envergadura alar: 27 cm

Os adultos adoitan ter entre 16 e 18 cm de longo con bicos curtos similares aos dos pimpíns e pesos duns 28 g. Os machos adultos na época reprodutora son principalmente negros con calugas cor crema e escapulares, costas inferiores e sobrecús brancos. As femias adultas son principalmente marróns claras con liñas negras nas costas e flancos, e liñas escuras na cabeza; as súas ás e colas son máis escuras. Na época non reprodutora as diferenzas ente machos e femias anúlanse.[15]

 
Femia

Distribución e migración

editar

O tristepía reprodúcese no verán en América do Norte ao longo de gran parte do sur do Canadá e norte dos Estados Unidos;[16] desde 1966 a 2015 a especie está experimentando un decrecemento da poboación anual do 1,5 % na maior parte da súa área de reprodución, que se estende desde o mediooeste dos estados Unidos ás provincias marítimas atlánticas canadenses.[17] Migra a grandes distancias, invernando en América do Sur.[16] Rastreouse un exemplar que migrou 19.000 km durante un ano, a miúdo cubrindo longas distancias de ata 1.800 km nun só día, despois parando para recuperarse durante días ou semanas.[18]

Adoita migrar en bandadas, alimentándose nos campos cultivados de gran e arroz, o que fai que os agricultores o consideren unha praga nalgunhas áreas. Aínda que migran a grandes distancias, raramente se vén por Europa (probablemente como aves que chegan vagantes desde América, a maioría rexistradas nas Illas Británicas).[19]

A especie come grandes cantidades de gran e de arroz en Carolina do Sur e a costa do Golfo de México dos Estados Unidos durante a súa migración ao sur en outono.[20][21][22] Unha das principais rutas de migración é a través de Xamaica, e antigamente eran capturadas para comelas, despois de que chegaban gordas por comeren arroz nos Estados Unidos.[21][22]

Son a única especie de ave terrestre que migra anualmente ás illas Galápagos, que están a 2.000 km das súas rutas principais de migración.[23] Charles Darwin recolleu un tristepía nas illas Galápagos en 1835.[24] Hipotetizouse que actúan nas illas como vectores dos parasitos que causan a malaria aviar.[25] Ademais, o tristepía nas Galápagos aliméntase de Drymaria cordata, unha planta nativa das illas pero moi invasiva noutras partes, que enredada nas súas plumas podería ser transportada e espallarse polo continente.[23]

Comportamento

editar

Reprodución

editar

Os seus hábitats reprodutores son os campos de herbas, especialmente os campos de feo de América do Norte. En hábitats de alta calidade, os machos adoitan ser polixínios. As femias poñen de cinco a seis ovos nun niño cupuliforme, que está sempre situado no chan e está normalmente ben agochado entre vexetación densa. Ámbolos proxenitores alimentan as crías.

Alimentación

editar

Aliméntanse no chan ou preto do chan e principalmente comen sementes e insectos. Comen gran número de eirugas,[26](p453) como as das bolboretas Mythimna unipuncta e Spodoptera frugiperda,[27] actuando como un control de pragas natural.[26](p453)

Vocalizacións

editar

A súa vocalización adoita emitirse en voo e foi descrita como un melódico pink,[28] como un inkh nasal,[29] ou como un fink ascendente e arfante.[30] Tamén profire un repenico seco.[29] A súa canción, metálica e alegre, é un b'bob-o-lii'ink afrautado e vagamente onomatopéico, do que derivou o nome que se lle dá en inglés: bobolink.[28]

Status e conservación

editar

Durante o século XIX o tristepía, xunto con moitas aves, era cazada en grandes cantidades para o comercio de carne.[31](p41)

O número destas aves descendeu debido á perda de hábitat. É unha especie en risco en Nova Scotia, Canadá[32] e por todo Canadá.[33] En Vermont, EUA, observouse un declive do 75 % entre 1966 e 2007.[34] Orixinalmente, atopábanse en praderías de herbas altas e outras áreas abertas con vexetación herbácea densa. Aínda que os campos de feo son hábitats axeitados para eles, se os campos son colleitados temperanmente ou moitas veces nunha estación poden non ter tempo dabondo para que as crías cheguen a emplumar. Atrasar a colleita do feo en só 1,5 semanas pode mellorar a supervivencia desta ave nun 20 %.[32] Esta especie aumentou en número na época en que os cabalos eran o principal modo de transporte e necesitaban unha grande subministración de feo.

Un estudo de 2021 atopou que a reintrodución do bisonte americano nos Estados Unidos foi prexudicial para os tristepías, e causou unha diminución das pobocións adultas do 62 % e das poboacións xuvenís do 84 %. Isto pénsase que se debeu a que moitas das novas mandas de bisontes eran xestionadas máis como se fose gando que como animal silvestre, deixándoos a miúdo en pastos valados e protexidos da depredación, o cal favorece o sobrepastoreo, o pisado da terra e a rápida multiplicación. O estudo tamén atopou que un menor consumo de pasto polo bisonte non tiña os mesmos efectos daniños, o que demostraba que as dúas especies poderían coexistir nas condicións correctas.[35]

Galería

editar
  1. BirdLife International (2016). "Dolichonyx oryzivorus" 2016: e.T22724367A94863313. doi:10.2305/IUCN.UK.2016-3.RLTS.T22724367A94863313.en. 
  2. "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05. 
  3. "New Jersey - Bobolink, Dolichonyx oryzivorus." (PDF) (en inglés). Consultado o 29 de decembro de 2010. 
  4. 4,0 4,1 López-Lanús, Bernabé; Marino, Gustavo D., eds. (2010). Aportes al conocimiento de la ecología del Charlatán y su estado actual en la Provincia de Santa Fe, Argentina. Temas de Naturaleza y Conservación, Monografía de Aves Argentinas N° 7. Buenos Aires (Argentina): Aves Argentinas / Asociación Ornitológica del Plata. ISBN 978-987-26580-0-7. Archivado desde el original el 4 de marzo de 2016. Consultado o 28 de novembro de 2011.
  5. «Bobolink». All About Birds (en inglés). Ithaca (Nueva York): Cornell Lab of Ornithology. Consultado o 29 de decembro de 2010.
  6. Martin, Stephen G. (1974). "Adaptations for polygynous breeding in the bobolink, Dolichonyx oryzivorus.". American Zoologist (en inglés) (American Society of Zoologists) 14 (1): 109–119. Consultado o 30 de decembro de 2010. 
  7. Boyd, John H., III (14 de setembro de 2011). "CORE PASSEROIDEA III – Calcariidae, Lamprospizidae, Parulidae, Icteridae" (PDF). TiF Checklist (en inglés). Consultado o 10 de marzo de 2012. 
  8. 8,0 8,1 The Taxonomicon. «Dolichonyx oryzivorus (C. Linnaeus, 1758) - bobolink» (en inglés). Consultado o 29 de novembro de 2011.
  9. Linneo, Carlos (1758). Laurentii Salvii, ed. Systema naturæ per regna tria naturæ, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis. Tomo 1 (en latín) (décima ed.). Salvius publ. p. 179. Consultado o 5 de decembro de 2011. 
  10. 10,0 10,1 Coues, Elliott; Allen, J. A.; Brewster, William; Merriam, C. Hart; Ridgway, Robert (xaneiro de 1894). "Sixth supplement to the American Ornithologists' Union check-list of North American birds". The Auk (en inglés) (American Ornithologists' Union) 11 (1): 46–51. Consultado o 8 de decembro de 2011. 
  11. Chapman, Frank M. (xaneiro de 1890). "On the winter distribution of the bobolink (Dolichonyx oryzivorus) with remarks on its routes of migration". The Auk (en inglés) (American Ornithologists' Union) 7 (1): 39–45. Consultado o 8 de decembro de 2011. 
  12. Clements, J. F.; Schulenberg, T. S.; Iliff, M. J.; Sullivan, B. L.; Wood, C. L.; Roberson, D. (2011). "The Clements checklist of birds of the world: Version 6.6." (en inglés). Cornell Lab of Ornithology. Arquivado dende o orixinal o 6 de xaneiro de 2012. Consultado o 13 de decembro de 2011. 
  13. Jobling, James A. (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. Londres, Reino Unido: Christopher Helm. pp. 138, 285. ISBN 978-1-4081-2501-4. 
  14. "Bobolink Identification, All About Birds, Cornell Lab of Ornithology". www.allaboutbirds.org (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 2020-09-27. Consultado o 2020-09-30. 
  15. Deinlein, Mary (febreiro de 1997). «Smithsonian Migratory Bird Center: Bobolink» (en inglés). Instituto Smithsoniano. Arquivado desde o orixinal o 9 de marzo de 2011. Consultado o 28 de decembro de 2010.
  16. 16,0 16,1 "Bobolink – Dolichonyx oryzivorus – Overview". Encyclopedia of Life. Arquivado dende o orixinal o 18 de decembro de 2013. Consultado o 14 de decembro de 2013. 
  17. "Bobolink Dolichonyx oryzivorus BBS Trend Map, 1966 - 2015". USGS. U.S. Department of the Interior. Arquivado dende o orixinal o 2019-08-30. Consultado o 2020-12-15. 
  18. Page, Candace (1 de abril de 2011). "Vermont scientists paint detailed picture of bobolink migration". Burlington Free Press (Gannett). Arquivado dende o orixinal o 14 de decembro de 2013. Consultado o 14 de decembro de 2013. 
  19. "Bobolink in Lincolnshire". BirdGuides. Warners Group Publications Plc. Arquivado dende o orixinal o 2022-01-26. Consultado o 2020-12-15. 
  20. New Jersey. Board of Agriculture (1892). State of New Jersey: Nineteenth Annual Report of the State Board of Agriculture, 1891–92. Trenton, NJ: New Jersey State Board of Agriculture. p. 156. Arquivado dende o orixinal o 7 de xaneiro de 2014. Consultado o 14 de decembro de 2013. 
  21. 21,0 21,1 Chapman, Frank M., ed. (1909). Bird-lore: An Illustrated Bi-monthly Magazine Devoted to the Study and Protection of Birds 11. Wright, Mabel Osgood; Dutcher, William. The Macmillan Company. pp. 372–376. Arquivado dende o orixinal o 7 de xaneiro 2014. Consultado o 14 de decembro de 2013. 
  22. 22,0 22,1 "Common Names for Bobolink (Dolchonyx oryzivorus)". Encyclopedia of Life. Arquivado dende o orixinal o 18 de decembro de 2013. Consultado o 14 de decembro de 2013. 
  23. 23,0 23,1 Perlut, Noah G.; Renfrew, Rosalind (2016). "Stopover on Galapagos During Autumn Migration of Bobolinks (Dolichonyx oryzivorus)". The Wilson Journal of Ornithology 128 (4): 935–938. doi:10.1676/15-195.1. 
  24. Darwin, C. R. 1963. Darwin’s ornithological notes (Nora Barlow, Editor). Bulletin of the British Museum (Natural History), Historical Series 2:201–278.
  25. Perlut, N. G.; Parker, P. G.; Renfrew, R. B.; Jaramillo, M. (2018). "Haemosporidian parasite community in migrating bobolinks on the Galapagos Islands". International Journal for Parasitology: Parasites and Wildlife 7 (2): 204–206. PMC 6032038. PMID 29988782. doi:10.1016/j.ijppaw.2018.05.006. 
  26. 26,0 26,1 Capinera, John (2020). Handbook of Vegetable Pests (2 ed.). Londres, Reino Unido San Diego, California, EUA: Academic Press. pp. xv+799. ISBN 978-0-12-814488-6. OCLC 1152284558. ISBN 9780128144893. 
  27. Capinera, John L. (decembro de 2018). "armyworm, Pseudaletia unipuncta (Haworth) (Insecta: Lepidoptera: Noctuidae)". University of Florida Entomology Department. Arquivado dende o orixinal o 2017-12-13. 
  28. 28,0 28,1 "Bobolink Dolichonyx oryzivorus." (en inglés). eNature. Arquivado dende o orixinal o 2 de xaneiro de 2010. Consultado o 30 de decembro de 2010. 
  29. 29,0 29,1 Howell, S. N. G.; Webb, S. (1995). A Guide to the Birds of Mexico and Northern Central America (en inglés). Oxford (Inglaterra): Oxford University Press. ISBN 978-0198540120. Consultado o 5 de xaneiro de 2012.
  30. Schulenberg, T. S.; Stotz, D. F.; Lane, D. F.; O'Neill, J. P.; Parker, T. A., III (2008). Birds of Peru (en inglés). Princeton (Nueva Jersey): Princeton University Press. ISBN 978-0-7136-8673-9.
  31. Modelo:Cite speech
  32. 32,0 32,1 "bw logo - Nova Scotia Federation of Agriculture". Arquivado dende o orixinal o 2015-07-17. Consultado o 2015-07-16. 
  33. Canada, Government of Canada, Environment. "Species Profile (Bobolink) - Species at Risk Public Registry". Arquivado dende o orixinal o 2015-07-17. Consultado o 2015-07-16. 
  34. Page, Candace (25 de xuño de 2010). "1,100 miles in a day". Burlington, Vermont: Burlington Free Press. pp. 1A. 
  35. Kaplan, Rachel; Rosamond, Kristen; Goded, Sandra; Soultan, Alaaeldin; Glass, Alex; Kim, Daniel; Arcilla, Nico (10 de setembro de 2021). "Bobolink (Dolichonyx oryzivorus) Declines Follow Bison (Bison bison) Reintroduction on Private Conservation Grasslands". Animals 11 (9): 2661. PMC 8471021. PMID 34573626. doi:10.3390/ani11092661. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
COMMUNITY 1
Idea 1
idea 1
INTERN 3
Note 1
todo 2