Tuireann ou Tuirill Biccreo era un Tuatha Dé Danann, pai de Creidhne, Luchtaine e Giobhniu coa súa muller Brigid, e de Brian, Iuchar e Iucharba coa súa outra muller Danand.

Modelo:BiografíaTuireann
Biografía
Actividade
OcupaciónTuatha Dé Danann Editar o valor en Wikidata

Aparece en varias pasaxes do Lebor Gabála Érenn coma a mesma persoa que Delbáeth Mac Ogma, e é identificado coma o pai dos asasinos de Cian. tamén citado como o pai de Brian, Iuchar e Iucharba. Está relacionado co deus galo Taranis e co deus Thor dos escandinavos.

O seu nome indica unha raíz protoindoeuropea que orixinou palabras coma thunder e Thursday en inglés, e tórnach, a palabra irlandesa para "trono".

Historia

editar

Os seus tres fillos coa súa muller Danand, Brian, Iuchar e Iucharba, foron os asasinos de Cian, pai de Lugh, o deus solar. Lugh para tomar vinganza, exixiu que os tres fillos fixeran tarefas case imposibles. Estas consistían en levar obxectos a Éire, como por exemplo: un asador dun reino submarino, ou unha pel de porco con capacidades curativas pertencente a un rei grego.

Os fillos conseguiron cumprir as tarefas, mais volveron malferidos, así que Tuireann pediu prestada a pel de porco a Lugh, mais este se negou e morreron.

  NODES
eth 1