Turmalina
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2017.) |
A turmalina (da palabra cingalesa turmali, que significa pedra que atrae as cinzas) é un mineral da clase dos silicatos cuxa fórmula química é variable xa que forma unha serie isomorfa de minerais de diversa composición química.
Turmalina | |
---|---|
Turmalina de cor negra con reflexos amarelos | |
Fórmula química | Diferente segundo a variedade |
Clase | Silicatos |
Subclase | Ciclosilicatos |
Sistema cristalino | Hexagonal |
Cor | Diferente segundo a variedade |
Brillo | Vítreo |
Dureza | 7-7,5 |
Fractura | Concoidea |
Exfoliación | Moi imperfecta |
Raia | Branca |
Densidade | 3-3,25 g/cm3 |
Aspecto
editarA turmalina cristaliza en forma de cristais prismáticos hexagonais ou de crecemento radiado ou acicular. Tamén aparece de forma amorfa e masiva.
-
Turmalina
-
Turmalina rubelita
-
Turmalina verdelita
-
Cuarzo e turmalina
Variedades da turmalina segundo a súa composición
editarO grupo da turmalina está formado por unha serie isomorfa de diversos minerais. Son os seguintes:
- Elbaíta, con sodio, litio e aluminio.
- Dravita, con sodio, magnesio e aluminio.
- Chorlo, con sodio, ferro2+ e aluminio.
- Buerxerita, con sodio, ferro3+ e aluminio.
- Uvita, con calcio, magnesio e aluminio.
- Liddicoatita, con calcio, litio e aluminio.
Variedades da turmalina segundo a súa cor
editarSegundo sexa a súa cor. Podemos diferenciar entre:
- Acroíta, de cor branca.
- Indigolita, de cor azul.
- Rubelita, de cor rosa ou vermella.
- Verdelita, de cor verde.
Tamén podemos atopar turmalina incolora, amarela, parda e negra.
Lugares onde se topa
editarPódese atopar en granitos e gneises e, especialmente, nos filóns do tipo pegmatítico. Trátase dun mineral hidrotermal de altas temperaturas, procedente de fluídos profundos que escaparon ó final do proceso de cristalización. Aparece frecuentemente en asociación con cuarzos, feldespatos, micas e berilos.
Usos da turmalina
editarPolas súas propiedades piezoeléctricas a turmalina utilízase para a fabricación de calibradores de presión.
É moi apreciada no coleccionismo e no mundo da xoiería.
Propiedades
editarA turmalina presenta propiedades piroeléctricas e piezoeléctricas. Nos seus extremos acumálanse cargas opostas tanto baixo presión como ó quentala. Estas cargas poden atraer pequenos obxectos.
Outros silicatos
editarOutros silicatos a destacar son o cuarzo, o feldespato, a mica e a olivina.