Twilight é unha serie de novelas de fantasía romántica para mozos sobre vampiros da autora estadounidense Stephenie Meyer, composta polos libros Twilight, New Moon, Eclipse e Breaking Dawn. Retrata a vida de Bella Swan, unha adolescente que se traslada a vivir a Forks, Washington, que cambia radicalmente de vida cando se namora dun vampiro chamado Edward Cullen. A serie cóntase fundamentalmente desde o punto de vista de Bella, co epílogo de Eclipse e unha parte de Breaking Dawn contadas desde o punto de vista de Jacob Black. Midnight Sun, unha novela inédita da serie, é a historia do primeiro libro contada desde o punto de vista de Edward Cullen.

Desde a edición da primeira novela, Twilight en 2005, os libros gañaron unha gran popularidade e éxito comercial en todo o mundo. En 2009 as catro novelas venderan 70 millóns de exemplares en todo o mundo con traducións a 37 linguas. En 2008 realizouse o primeiro filme baseado na serie, Twilight e o segundo, New Moon, ten prevista a súa estrea o 20 de novembro de 2009.

  NODES
os 10
todo 3