A UCI ProTour é un sistema de competición dirixido pola Unión Ciclista Internacional (UCI) e creado polo expresidente da devandita asociación, Hein Verbruggen. Está composto por unha serie de carreiras de bicicleta en estrada e un número de equipos ciclistas, cada un dos cales debe competir en tódalas carreiras do sistema. O 2005 foi o primeiro ano no que tivo validez.

Modelo:Competición deportivaUCI ProTour
Tiposeries (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
Vixencia2005 – 2010 Editar o valor en Wikidata
Outro
Páxina web oficialuciprotour.com Editar o valor en Wikidata

Creación

editar

A Uci ProTour xurdiu nunha clara imitación do modelo da Fórmula 1. Antes da súa existencia, cada carreira invitaba libremente ós equipos que desexaba e cada equipo acudía ás carreiras que escollías. Isto tiña tanto inconvenientes como vantaxes:

  • As tres grandes Voltas (Tour de Francia, Giro de Italia e Vuelta a España) tiñan a posibilidade de invitar a equipos pequenos do seu país para promocionalos e darlles máis importancia no ciclismo internacional.
  • As carreiras de mediana importancia víanse prexudicadas, porque moitos grandes equipos non acudían a elas.
  • Os equipos pequenos podían verse invitados a acontecementos ciclistas importantes.
  • Os equipos grandes podían acudir ás carreiras que desexaban e reservar a moitos dos seus corredores para as máis importantes. Pero adoitaban ter problemas de financiamento, e os patrocinadores non permanecían moito tempo xa que non obtiñan o rendemento económico que desexaban.

Para intentar solucionar estes problemas, Hein Verbruggen creou, fronte á oposición das grandes carreiras e dos equipos pequenos, o coñecido como UCI ProTour.

Vantaxes e desvantaxes

editar

O UCI ProTour foi longamente criticado debido a que deixaba ós equipos pequenos (que non estaban integrados no sistema) á marxe dos acontecementos deportivos importantes. Desa forma, estes equipos só poden acudir a carreiras pequenas que lles proporcionan poucos rendementos económicos e esperar unha das escasas invitacións das Voltas máis grandes para poder adquirir algo de importancia.

Ademais, as Voltas máis grandes vían que, co UCI ProTour, a súa capacidade de decisión reducíase. Os únicos criterios de competición que pasaban a ser válidos eran os da UCI e, a raíz diso, carreiras coma o Tour de Francia incumpriron en numerosas ocasións as normativas da UCI ProTour.

A controversia relativa a este tema continúa: a UCI vese imposibilitada a tomar sancións contra carreiras coma o Tour (os organizadores da cal teñen case maior capacidade de decisión que a UCI mesma) e os equipos pequenos amosan continuas queixas.

Equipos aceptados na UCI ProTour

editar
 
Ivan Basso (CSC), no Tour de 2005
Código Equipo País Sitio web
AGR AG2R Prévoyance Francia [1] Arquivado 21 de maio de 2007 en Wayback Machine.
BTL Bouygues Télécom Francia [2]
CEI Illes Balears-Caisse d'Epargne España [3]
COF Cofidis Francia [4]
CRE Crédit Agricole Francia [5]
CSC Team CSC Dinamarca [6]
DSC Discovery Channel Estados Unidos de América [7]
DVL Predictor-Lotto Bélxica [8]
EUS Euskaltel-Euskadi España [9]
FDJ Française des Jeux Francia [10]
GST Gerolsteiner Alemaña [11]
LAM Lampre-Fondital Italia [12]
LIQ Liquigas-Bianchi Italia [13]
LSW Astana-Würth España [14]
MRM Milram Italia [15]
PHO Phonak Suíza [16]
QSI Quick Step-Innergetic Bélxica [17]
RAB Rabobank Países Baixos [18]
SDV Saunier Duval-Prodir España [19]
TMO T-Mobile Alemaña [20]

Baremo de puntuación

editar

Clasificación Individual

editar

Tour

de Francia

Volta

a España
Giro de Italia

Milán-San Remo

Tour de Flandres
París-Roubaix
Lieja-Bastogne-Lieja
Giro da Lombardía

Outras probas
por etapas
do UCI ProTour

Outras

probas
dun día
do UCI ProTour

Campionatos

do
Mundo

Clasificación

Final da
Proba






1
100
85 50
40
50
2
75 65
40
30
40
3 60
50
35
25
35
4
55
45
30
20
5
50
40
25
15
6
45
35
20
11

7
40
30
15 7

8
35
26
10
5

9
30
22 5
3

10
25
19
1
1

11
20 16



12
15 13



13
12 11



14
9 9



15
7 7



16
5 5



17
4 4



18
3 3



19
2 2



20
1 1



Etapas





1
3
3 1


2
2
2


3
1
1


Os puntos gañados nas etapas serán sumados o último día da proba.

A proba contra o reloxo por equipos non dá puntos.

Os puntos que correspondan ás prazas obtidas por corredores que non pertencen a equipos UCI ProTour non serán contados.

O líder da clasificación UCI ProTour levará un maillot branco que o identificará.

Clasificación por equipos

editar


Clasificación

do equipo na proba

Puntos


1
20
2
19
3
18
4
17
5
16
6
15
7
14
8
13
9
12
10 11
11
10
12
9
13
8
14
7
15
6
16
5
17
4
18
3
19
2
20
1

Os puntos obtidos por equipos que non pertenzan ó UCI ProTour non son atribuíbles.

Clasificación por Países

editar

A clasificación por países ten en conta os puntos obtidos polos 5 primeiros corredores de cada país na clasificación individual.

As clasificacións individuais, por equipos e por países serán actualizadas ó final de cada proba do UCI ProTour.

Ligazóns externas

editar
  NODES
Intern 3
iOS 1
mac 1
os 79
todo 1
web 3