USB
O USB (siglas de Universal Serial Bus; bus universal en serie, en galego) é un sistema de conexión de periféricos ó ordenador.
Características
editarOs chamados 'discos USB' ou 'flash drives' inventáronse en IBM no 1998, sendo a súa alternativa de almacenamento ós diskettes para os seus portátiles Think Pad. O invento foi patentado despois pola empresa contratada por IBM para a súa produción, a empresa israelí M-Systems[1].
O sistema USB ten un deseño asimétrico, que consiste nun só servidor e múltiples dispositivos conectados en serie para ampliar a gama de conexión, mediante unha estrutura de árbore, e utilizando concentradores especiais. Permite a conexión de ata 127 dispositivos simultaneamente pero a suma debe incluír aos concentradores tamén, así que o total de dispositivos realmente usables é algo menor.
O interface USB permite conectar e desconectar os periféricos co ordenador acendido e sen precisar reiniciar o sistema (Plug and Play). A versión 1.1 permite velocidades de transmisión de datos de ata 12 Mbit/s mentres que USB 2.0 permite velocidades de ata 480 Mbit/s. A versión 3.0 multiplica por dez a velocidade da súa predecesora, acadando 5 Gbit/s Foi deseñado principalmente por Intel.
Notas
editar- ↑ "Adiós, disco USB...". Enrique Dans. Consultado o 13/05/2018.