Uagadugú
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2013.) |
Uagadugú[1] ou Ouagadougou á maneira francesa, denominada coloquialmente Uagá ou Ouaga, é a capital de Burkina Faso, sendo á vez a maior cidade do país, cunha poboación de 1,2 millóns de habitantes (2005), e aínda o centro cultural, económico e administrativo. Os habitantes de Ouagadougou son os Ouagalais (máis ou menos uagalé) ou Ouagavillois (uagavilluá).
Ouagadougou (fr) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Burkina Faso | ||||
Rexión | Rexión Centro | ||||
Provincia | Kadiogo | ||||
Departamento | Ouagadougou (pt) | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 2.453.496 (2019) (11.187,85 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua francesa | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 219.300.000 m² | ||||
Altitude | 305 m | ||||
Organización política | |||||
Membro de | Rede de cidades creativas (2017–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Outro | |||||
Irmandado con | Briton Ferry (pt) San Miniato (pt) Loudun (1967–) Leuze-en-Hainaut (pt) (1968–) metrópole de Lión (1994–) Cidade de Kuwait (1998–) Grenoble (1999–) Quebec (2000–) Turín (2003–) Bordeos (2005–) Taipei (2008–) Douala (2012–) | ||||
A denominación orixinaria da cidade é «Woogrtenga» e «Wogodogo», que significa «aló onde se recibe honra, respecto».
Historia
editarUagadugú era o nome dun Estado fundado no século XI, do cal era capital Kombemtinga. Esta mesma cidade foi a capital do reino Mossi en 1441, sendo a residencia permanente do Mogho Naba (rei ou emperador dos mossis), que estaba no barrio de Samandin.
En 1919, durante a colonización francesa, o reino Mossi foi reagrupado con outros tres reinos, para formar a colonia do Alto Volta (Haute-Volta). Naquela altura a cidade de Kombemtinga foi rebautizada como Ouagadougou.
Tornouse capital da república do Alto Volta (Haute-Volta) en 1960, cando o país obtivo a independencia.
Clima
editarO clima de Uagadugú é bastante cálido. A cidade forma parte da área saheliana, cunha pluviosidade media de 750 mm anuais. A estación chuviosa abrangue de maio a outubro, cunha media de temperaturas de 30 °C. A estación fría vai de decembro a xaneiro, atinxíndose mínimas medias de temperatura de 19 °C. As máximas medias de temperatura danse durante a estación cálida, que vai de abril a maio, podéndose alcanzar os 45 °C. O harmattan (un vento seco) e máis o monzón, son os factores principais que determinan o clima de Uagadugú.
Turismo
editarUagadugú dispón de ofertas culturais para nativos e visitantes. Cómpre destacar:
Museos
editar- Museo de Kadiogo
- Museo Etnográfico
- Museo da Música
Monumentos de interese
editar- Gran Mesquita
- Catedral
- Pazo dos Mogho Naba
- Monumento dos Cineastas
- Monumento aos Heroes Nacionais (en construción)
Comunicacións
editarEstá unida ao porto de Abidjan, en Costa do Marfil, por ferrocarril. Posúe un aeroporto internacional.
Notas
editar- ↑ Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). ISBN 84-9749-199-8. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de setembro de 2015. Consultado o 21 de xuño de 2015.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Uagadugú |
Vexa a entrada do Galizionario acerca de Uagadugú |