Universidade de Kyushu
A Universidade de Kyushu (九州大学 Kyūshū Daigaku en xaponés, abreviado como 九大 Kyūdai ), é unha das universidades máis prestixiosas e influentes do Xapón e a universidade pública máis grande da illa de Kyushu.
Universidade de Kyushu 九州大学 | |
---|---|
Ōhashi, Chikushi e Ito da {{{universidade}}} | |
Datos xerais | |
Fundación | 1911 |
Datos actuais | |
Alumnos | 18743 |
Datos de contacto | |
Páxina web | http://www.kyushu-u.ac.jp/ |
[ editar datos en Wikidata ] |
Está situada na cidade de Fukuoka, na prefectura de Fukuoka.[1]
Historia
editarFoi fundada en 1903 como unha facultade de Medicina antes de adquirir o status de universidade imperial en 1911, pertenceu á Asociación de Universidades Nacionais do Xapón desde 2004. A pesar da creación dunha nova entidade xurídica que permitiu unha maior autonomía, a Universidade de Kyushu aínda está parcialmente controlada polo Ministerio de Educación xaponés.
Estrutura
editarEstá estruturada en doce facultades para o primeiro ciclo e dezasete para os ciclos seguintes. Tamén inclúe un hospital, bibliotecas que suman pouco máis de catro millóns de títulos e un museo.
Campus
editarA universidade ten tres campus ou campi principais repartidos por Fukuoka, especificamente en Ōhashi, Chikushi e Ito.
Persoal universitario e alumnado
editarForma a uns 18.743 estudantes, incluídos 1.713 estranxeiros, e conta con 4.940 persoas que traballan en actividades de investigación ou docencia.
Persoas célebres vinculadas á universidade
editarFísica, química e enxeñaría
editar-
Koichi Wakata (若田 光一) Ph.D., cosmonauta e enxeñeiro, primeiro xaponés Estación Espacial Internacional.
-
Seiji Shinkai (新海 征治), pioneiro na investigación do auto ensamblamento molecular
-
Kōsuke Morita (森田 浩介), físico nuclear experimental, coñecido como o líder do equipo xaponés que descubriu o elemento 113.
- Kyozi Kawasaki, físico, gañador da Medalla Boltzmann en 2001.
- Genichi Taguchi, enxeñeiro e estatístico.
- Heitaro Nakajima, pioneiro do son dixital, presidente de Aiwa
Fisioloxía e Medicina
editar-
Ryukichi Inada (稲田 龍吉), 1919 Médico nomeado ao Premio Nobel
-
Fujiro Katsurada (桂田 富士郎), parasitólogo descubridor do parasito Schistosoma japonicum.
-
Sunao Tawara (田原 淳), patólogo descubridor do nodo atrioventricular (Nodo de Tawara)
-
Tetsu Nakamura (中村 哲), doutor líder do Peace Japan Medical Services (PMS), gañador en 2003 do Premio Ramon Magsaysay.
- Inokichi Kubo, pioneiro da otorrinolaringoloxía.
- Ōmori Harutoyo, cirurxián e primeiro presidente da Facultade de Medicina de Fukuoka.
- Yutaka Ido, cirurxián, candidato ao Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina en 1919.
- Naosuke Onodera, cirurxián, candidato ao Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina en 1937.
- Kazuo Yamafuji (Kazuo Yamafuji), científico, candidato ao Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina 1964.
- Hakaru Hashimoto, M.D., Ph.D., científico médico, descubridor da tiroidite de Hashimoto.
- Masatoshi Nei, biólogo evolucionista estadounidense de orixe xaponesa, gañador do Premio Kyoto 2013.
- Yoshizumi Ishino, biólogo molecular, coñecido por co-descubrir a secuencia de ADN de CRISPR.
- Yoshinori Ōsumi, biólogo, Premio Nobel de Medicina en 2016 "polos seus descubrimentos dos mecanismos de autofaxia".[2]
Literatura e Historia
editar-
Guo Moruo (郭沫若), archaeólogo, historiador, poeta e politítico chinés
-
Junzo Shono (庄野 潤三), novelista, gañador do premio Akutagawa.
- Hsu Hsing-Ching (徐興慶), presidente do Chinese Culture University en Taiwán.
- Yasuhisa Hara (原 泰久), debuxante de banda deseñada
- Junzo Shono, novelista xaponés, gañador do Premio Akutagawa en 1954.
- Toshio Shimao, novelista xaponés, gañador do Premio Yomiuri en 1977.
- Kyoichi Katayama, escritor xaponés.
- Rizō Takeuchi, historiador
- Wolfgang Michel-Zaitsu, historiador, primeiro estranxeiro que obtivo un posto nunha universidade nacional xaponesa en 1984.
- Hsu Hsing-Ching (Xu Xingqing), presidente da Chinese Culture University en Taiwán.
- Yasuhisa Hara (Hara Yasuhisa), debuxante xaponés.
- Kyojin Onishi, novelista xaponés
Política e negocios
editar-
Shozaburo Jimi (自見 庄三郎) Ministro de Correos e Telecomunicacións
-
Ichiro Nakagawa (中川 一郎), Ministro de Agricultura, Pesca e Foresta
-
Hsu Shih-hsien (許世賢), primeira taiwanesa en obter un doutoramento.
-
Tomihisa Taue (田上 富久), alcalde de Nagasaki.
- Hiroshi isayama (Isayama Hiroshi) político do Partido Comunista
- Shinya Izumi Político
- Robert T. Huang, fundador de SYNNEX Corporation
Notas
editar- ↑ "Universidade Kyushu" (en inglés). Consultado o 24 de novembro de 2019.
- ↑ "Laureates 2016". NobelPrize.org (en inglés).
- ↑ 安部公房は受賞寸前だった…ノーベル委員長語る YOMIURI ONLINE2012年3月23日
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Universidade de Kyushu |
Ligazóns externas
editar- Páxina oficial [en http://www.kyushu-u.ac.jp/]
- Facultade de Dereito [en http://www.law.kyushu-u.ac.jp/programsinenglish/]
----
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|