Universidade do Novo México

A Universidade de Novo México (UNM) (en castelán: Universidad de Nuevo México , en inglés: University of New Mexico) é unha universidade pública de Albuquerque, Novo México, EUA. Foi fundada en 1889 e ofrece servizos a nivel de grao, postgrao e técnico en diversos campos. O seu campus de Albuquerque ten aproximadamente 2,4 km², con campus adicionais en Gallup, Los Alamos, Rio Rancho, Taos e Los Lunas.[1]

Universidade do Novo México
Datos xerais
LocalizaciónAlbuquerque, Gallup, Los Alamos, Rio Rancho, Taos e Los Lunas
Fundación1889
FundadorBernard Shandon Rodey, entre outros
Datos actuais
Alumnos25.441 (2021)
Datos de contacto
Facebook: universityofnewmexico Twitter: UNM Instagram: uofnm BNE: XX140912 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Historia

editar
 
Hodgin Hall, primeiro edificio do campus. A fachada foi reformada e agora é utilizada polos estudantes.

A universidade foi fundada o 28 de febreiro de 1889, coa aprobación da lei número 186 na Asemblea Lexislativa de Novo México, que estipulaba a creación dunha institución nas aforas de Albuquerque, no condado de Bernalillo, a só 3 quilómetros ao norte da estrada. Bernard Shandon Rodey, un xuíz do Territorio de Novo México, meteu presión para que a localización do campus fose en Albuquerque e foi un dos autores do estatuto que creou a universidade.

O galego Ramón Martínez López foi profesor visitante nesta universidade.[2]

Jack Dongarra, matemático premio Turing, formouse na Universidade do Novo México.

  1. "Campuses & Special Programs | The University of New Mexico". Consultado o 31 de agosto de 2018. 
  2. Diario, Nós (2023-03-30). "Ramón Martínez López, un boirense no Seminario de Estudos Galegos". Nós Diario. Consultado o 2023-03-30. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar

 
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.

  NODES
todo 1