Vahana
No hinduísmo, denomínase vahana o vehículo dun deus.
- वाहन, en escritura devanágari.
- vāhana, no sistema IAST de transliteración.
Nas representacións hinduístas, ningún deus é representado sen o seu vahana ou sen un pedestal (que tamén se chama vahana). Esta montura pode ser un animal fantástico ou real, que suxire atributos ou poderes da deidade representada, en función da significación simbólica da cultura hindú. Por exemplo, Ganesha é o deus da sabedoría, e a súa montura é a rata (que representa a habilidade para salvar obstáculos).
Vahanas de deidades famosas
editar- Agní (o deus do fogo): o carneiro
- Brahmá (o deus creador): o hamsá (un ganso indio, ou un cisne)
- Deví (e deusa nai): o león
- Iama (o deus da morte): o búfalo
- Indra (o deus do ceo): o elefante
- Kama (o deus do amor): o papagaio
- Níriti (antiga deidade védica, deusa da desgraza): o ser humano.
- Shivá: o touro Nandi
- Váruna (deus do mar): o makara, un monstro mariño vinculado principalmente ás deusas-río. En sánscrito, makara utilízase para designar o crocodilo, pero a súa imaxinería é moito máis variada, posuíndo partes de diversos animais, desde o peixe até o elefante.
- Vishnú (e Krishná): Garudá, o deus paxaro (inimigo das serpentes ou nagas), parecido a unha aguia.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- PunditRavi.com (vahana de Mahā Gaurī).
- DharmaKshetra.com (Garudá transporta a Vishnú)