Valentiniano II

emperador romano entre 375 e 392

Flavius Valentinianus, (Aquincum na Panonia Inferior, 371 - Vienne, Galia, 392) foi un emperador romano, fillo do tamén emperador Valentiniano I e da súa segunda esposa Xustina. Foi emperador dende o ano 375 ata o 392.

Modelo:BiografíaValentiniano II

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento371 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Augusta dos Tréveros (Imperio Romano) Editar o valor en Wikidata
Morte15 de maio de 392 Editar o valor en Wikidata (20/21 anos)
Vienne (Galia) Editar o valor en Wikidata
Causa da morteenforcamento Editar o valor en Wikidata
Emperador romano
17 de novembro de 375 (Gregoriano) – 15 de maio de 392 (Gregoriano)
Senador romano
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Período de tempoImperio Romano Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloEmperador romano Editar o valor en Wikidata
FamiliaValentinianic dynasty (en) Traducir e Theodosian dynasty (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
PaisValentiniano I Editar o valor en Wikidata  e Justina (imperatriz) Editar o valor en Wikidata
IrmánsGraciano
Gala
Grata Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fontePequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Valentinian-3
Soldo coa imaxe de Valentiniano II

A Xuventude

editar

Tras a morte de Valentiniano I no 375, as lexións nomean o seu fillo Valentiniano como emperador, tendo por aquel entón só catro anos. Pero o augustus elixido dende o ano 367 era Graciano, o seu irmán máis vello, e que contaba daquela 16 anos. Este acepta este feito e cédelle as provincias de Illiricum, Italia e África, aínda que as gobernaría como rexente deica a maioría de idade de Valentiniano. O Imperio de Oriente continuaba en mans do seu tío Valente, irmán de Valentiniano I.

Valentiniano I estableceuse en Milán, xunto coa súa nai Xustina, que era quen levaba os asuntos do seu fillo. Esta era ariana, e o bispo de Milán Ambrosio estaba firmemente decidido a rematar con tódalas correntes da igrexa fóra da liña establecida. A fama de Ambrosio viña dende a morte do bispo de Milán, o ariano Auxencio, no 374. Ambrosio defendeu de tal xeito o catolicismo, que en oito días foi bautizado, ordenado sacerdote e nomeado bispo da cidade. Cando Xustina tentou nomear de novo un bispo ariano, Ambrosio pechouse na basílica e as tropas romanas non foron quen de violar a igrexa, tendo a titora que deixar para outra ocasión mais feble a súa política eclesiástica.

Mentres tanto, a presión dos hunos levou os visigodos a invadir o Imperio Oriental, e Valente viuse obrigado a firmar unha paz rápida cos persas para se enfrontar contra esta nova invasión. Mediante unha estrataxema, os visigodos vencen a Valente en Adrianópolis, e este morre na batalla. Agora Graciano queda coma emperador, pero véndose incapaz de afrontar a situación, chama a Teodosio o hispano, para que se encargue do goberno de Oriente. Era o ano 379, e Valentiniano II só contaba con oito anos de idade.

No ano 382, Graciano e Teodosio conxuntamente aceptan o cristianismo coma relixión oficial do Imperio. Apágase para sempre o lume eterno en Roma, que viña ardendo dende había séculos, tamén quitou o altar pagán da Vitoria, que estaba no Senado Romano, a pesar de se ter que enfrontar co derradeiro intelectual pagán do imperio romano, Quinto Aurelio Símaco, sendo este desterrado de Roma, aínda que máis tarde se lle deixou volver á cidade. Graciano entón adicouse á boa vida, descoidando os labores do goberno, e perdendo popularidade entre o exército. Non tardaron en saír candidatos ao seu posto, e as lexións nomearon a Magno Clemente Máximo coma augusto no 383. O enfrontamento entre os dous foi inevitábel e Graciano perdeu a vida no intento, quedando Máximo como emperador. Axiña apresurouse a recoñecer a Valentiniano II, xa que esta fora a condición imposta por Teodosio, o emperador de Oriente, para o seu propio recoñecemento.

Pero as cousas mudan e no ano 387 Magno Máximo invade a zona dos Alpes e ameaza a Milán, razón pola cal Valentiniano I e maila súa nai foxen a carón de Teodosio. No 388 Teodosio invade o Imperio Occidental, unha vez resoltos os seus propios problemas cos persas. Enfrontase a Máximo na Galia e mándao asasinar, restablecendo a Valentiniano II coma emperador de Occidente.

A súa morte

editar

Teodosio pon a Valentiniano II baixo a tutela de Arbogasto, xeneral de orixe franca que gozaba da súa confianza e que adicou a limpar a Galia dos partidarios de Máximo. Pero Valentiniano foi delegando cada vez máis poderes en mans do xeneral e no ano 392, xa con maioría de idade, tentou recobrar o goberno lexítimo, e con motivo dunha invasión bárbara que tivo lugar na Panonia, Arbogasto non deixou acudir o emperador. Esta tentativa de mantelo pechado rematou coa morte nunha conxura do xove emperador, ao parecer por orde de Arbogasto, segundo unha oración fúnebre pronunciada por Ambrosio.

Teodosio, pola súa banda, non estaba moi interesado nas causas e deixou correr, pero Arbogasto nomea a Flavio Euxenio como emperador. Entón, a Teodosio non lle queda mais remedio que tomar o asunto nas súas mans, e invade Occidente de novo, vence a Argobasto, mata a Euxenio e queda coma único emperador. É a derradeira vez que o Imperio é reunificado e se mantén unido. A raíz da morte de Teodosio xa nunca volveran a se xuntar e as súas historias xa non serán parellas.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar
Imperio Romano

Segue a:
Graciano
Valentiniano II
Precede a:
Teodosio I
Valentiniana
  NODES
iOS 2
mac 1
os 54
todo 1