A vaporización é o cambio de estado de líquido a gasoso.

Hai dous tipos de vaporización: a ebulición e a evaporación, sendo a primeira o cambio de estado que acontece cando unha substancia pasa do estado líquido ao estado de vapor; para que tal cousa aconteza debe aumentar a temperatura en toda a masa do líquido. Á temperatura na que un determinado líquido acada a fervura coñécese como punto de ebulición. No outro posíbel procaso, o de evaporación, o cambio de estado acontece soamente na superficie do líquido. Velaí a diferenza entre a ebulición e a evaporación.

  NODES
os 7
todo 1