Veludo
O veludo[1] é un tipo de tea mesta na cal os fíos se distribúen moi uniformemente, cun pelo curto e denso, dándolle unha suave sensación moi distintiva. O veludo pódese facer de calquera fibra. Técese nun tear especial que fía dous pedazos de veludo ao mesmo tempo. Os dous pedazos entón sepáranse e as dúas lonxitudes de tea colócanse en rodetes de posicionamento separados.
O contrapunto do veludo tecido é o velour. O veludo é difícil de limpar, pero actualmente, utilízase a limpeza en seco ou con solventes puros (con 0% de aceites)
Historia
editarMoi probablemente, a arte de tecer veludo tivo a súa orixe no Afastado Oriente. As referencias máis antigas aparecen cara a finais do século XIII. Con todo, sábese que os antigos faraóns exipcios usaban tecidos moi similares aos actuais veludos, dando lugar a referencias de hai máis de 3.000 anos de existencia.
As características peculiares do veludo, a suave profundidade espléndida da cor da tinguidura que exhibía, facíano perfecto para encaixar nos traxes oficiais e colgantes suntuosos. As teas máis magníficas en épocas medievais eran os veludos italianos. Estes eran ornamentados por técnicas tales como variar a cor do fío, producir o fío de diversas lonxitudes (fío sobre fío, ou fío dobre), e entretecéndoo con seda, la, con fío sen cortar, cunha base de tecido dourado, etc.
As orixes máis temperás de veludos artísticos europeos foron Lucca, Florencia, Venecia e Xénova; esta última continúa producindo ricas teas de veludo. A arte é adoptada algo máis adiante polos tecedores flamengos, e no século XVI Bruxas logrou unha reputación para os veludos non inferior ao das grandes cidades italianas.
O veludo era moi custoso e era tido como unha das mercadorías de luxo do mesmo xeito que a seda.
Hoxe en día é considerado na industria téxtil como un dos tecidos máis complexos de producir. O máis mínimo erro en calquera momento do seu longo proceso dará lugar a un tecido non comercializable. A razón diso é o nivel de esixencia elevado dos seus consumidores e o alto prezo tanto do tecido como dos produtos terminados.
É un tecido moi utilizado na chamada Alta Costura, apreciado polos máis importantes deseñadores de moda.
Tipos de veludos
editarElastizado, liso, gofrado, estampado, cru, cor, deseño de jacquard, retardante de lume, hidropelente, antimancha, etc
Materias primas utilizadas
editarSeda, liño, la, algodón, acrílico, acetato, poliéster, viscosa e moitos outros como por exemplo as plumas de ave, destacando as do pescozo do cisne que son altamente apreciadas en Asia.
Produtores
editarDurante o século XX os máis importantes produtores de veludo do mundo foron Italia, Francia e Alemaña. Paulatinamente desde o ano 2000 eses países transformáronse principalmente en importadores de veludo. Os novos grandes produtores mundiais comezaron a ser China, Corea, Turquía e algúns outros países asiáticos. Só os veludos máis exquisitos e exclusivos seguen sendo producidos en Europa. Logo da crise económica dos anos 2008/2009 subsistiron poucas empresas produtoras de veludos no mundo. Ademais a falta de mestres especializados, dado o cambio xeracional, fai que pechen aínda máis empresas. Por esta razón, é que os especialistas entenden que será cada vez máis difícil e custoso adquirir este nobre e refinado produto.
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para veludo.