Verbo

clase de palabra

O verbo é unha clase de palabra que funciona como núcleo do predicado e adoita indicar acción (traer, ler etc.), proceso (pensar, crer etc.) ou estado (existir, vivir, permanecer, ser etc.). En galego constitúe a clase de palabra máis variable.

Dependendo da lingua, hai moitos factores que fan que os verbos poidan mudar a súa forma, entre eles pódense atopar o tempo, o modo, o aspecto, a voz. Ademais, o verbo pode concordar en xénero, persoa e número con algúns dos seus argumentos (aos que normalmente se coñece como suxeito, complemento directo etc.).

As linguas en que os verbos son conxugados denomínanse linguas flexivas, e cada unha destas determina regras específicas para a conxugación dos seus propios verbos, diferindo notablemente estas entre un sistema lingüístico e outro. En galego, por exemplo, os verbos conxúganse dunha forma regular segundo a persoa, número, tempo e modo, e ademais con estruturas chamadas perífrases verbais que expresan modos e aspectos que non aparecen na conxugación regular. Como a terminación é distinta para cada persoa, o uso de persoais considérase a miúdo unha redundancia.

Noutros idiomas, por exemplo o francés, os verbos teñen terminacións distintas para cada persoa, pero debido á súa particular ortografía, moitas delas son homófonas, polo que o pronome si se considera necesario. Os verbos do xaponés, por outra banda, non se conxugan coa persoa nin o número, polo que expresións como "日本語の本を読んでいます" (nihongo non hon wo yondeimasu) poden ser interpretados como "estou lendo un libro de xaponés", "están lendo un libro de xaponés", ou calquera persoa e/ou número, dependendo do contexto.

Concepto

editar

Na Gramática galega preséntansenos como trazos característicos da entidade verbal a súa capacidade de expresa-lo tempo e o modo da cláusula, ademais do número e persoa do suxeito e a súa función obrigatoria, que é a de núcleo da frase verbal.

Alarcos Llorach aporta algo novo na súa definición respecto á gramática galega ó dicirnos que se chama verbo a unha clase de palabras que funcionan como núcleo da oración, e que, en consecuencia, son susceptibles de aparecer representándoa sen necesidade doutras unidades. Os seus respectivos significantes non sempre son separables: con certa frecuencia están amalgamados. Pero o cotexo con outros significantes verbais permite discerni-los compoñentes do contido, tanto o significado léxico como os morfemas gramaticais.

Para A. Alonso e Henríquez Ureña os verbos son unhas formas especiais da linguaxe coas que pensamos a realidade como un comportamento do suxeito. Para B. Pottier o verbo é tempo, complexo sémico que combina o modo, a actualidade e a época

Vidal Lamíquiz considera que o verbo é esa clase de palabra que sintacticamente desempeña a función de relación predicativa (sendo núcleo do predicado ou formando parte del), que na súa flexión indica sempre tempo e que na secuencia establece ou pode establecer réximes propios.

Categorización

editar

Os verbos agrúpanse en distintas categorías, sendo as máis importantes as seguintes:

Transitivos e Intransitivos

editar

Os verbos transitivos son aqueles que esixen a presenza dun obxecto directo (tamén chamado complemento directo), é dicir, que se refiren a accións que transitan, por así dicilo, desde o actante a algo máis (véxase transitividade). Un exemplo dun verbo deste tipo é

"A miña nai come mazás verdes"

onde o grupo composto por "mazás verdes" é o obxecto directo que é "o comesto".

Os intransitivos, pola contra, son aqueles que non requiren da presenza dun obxecto directo que determine ao verbo, posto que non transitan a ningún lado. Un exemplo é

"Xoán vive en Caracas"

onde o verbo non é compatible coa idea de "algo vivido".

Convén salientar, con todo, que é posible transitivizar verbos intransitivos, do mesmo xeito que é posible expresar verbos transitivos sen a presenza dun obxecto directo: tanto

"Pedro come moito"

como

"Xoán vive a vida"

son exemplos destas excepcións.

Malia posuír verbos intransitivos, son poucos os verbos intransitivos no galego ao comparalo con idiomas con forte división entre verbos transitivos e intransitivos.

Regulares e Irregulares

editar

Os verbos irregulares son aqueles que posúen conxugacións particulares para os chamados "tempos verbais primitivos" ou simplemente "tempos primitivos" que son o presente do modo indicativo ("eu caibo"), o pretérito de indicativo ("eu couben") e o Futuro do mesmo modo ("eu caberei").

É posible determinar se un verbo é ou non irregular conxugándoo neses tres tempos e vendo se se atén ás regras de conxugación ás que se ateñen os demais verbos.

A irregularidade dun verbo simple calquera mantense na conxugación dos verbos que del se deriven:

  • Facer: desfacer, satisfacer, refacer, etc.
  • Poñer: compoñer, descompoñer, xustapor, etc.

Este principio, con todo, posúe algunhas excepcións. A máis común é a que se apreza nos derivados do verbo "dicir" ("maldicir" e "bendicir"), que no Futuro do Modo Indicativo non se conxugan como "maldirei" e "bendirei" (que é o que se supoñería segundo a regra) senón "maldicirei" e "bendicirei". Outra excepción é que esta derivación sexa aparente: como o verbo ferir conxúgase malferir, pero non conferir ou inferir.

Os verbos regulares son, pola contra, aqueles que se ateñen estreitamente aos paradigmas ou modelos de conxugación máis empregados na lingua. En galego hai tres deses paradigmas: a primeira conxugación, cuxos infinitivos terminan en -ar; a segunda, terminan en -er (incluíndo por extensión o verbo "pór") e a terceira, en -ir. Dentro da conxugación regular pode considerarse tamén unha conxugación estendida por medio de perífrase verbais que sinalan distintos tipos de aspecto e modo verbal.

Persoais e Impersoais

editar

Os verbos impersoais son aqueles que non son compatibles coa idea dun suxeito (e polo mesmo cunha coordinación cunha persoa), e sepáranse nos que son considerados propios (tamén chamados "unipersoais"), e os impropios.

  • Os verbos impersoais propios son verbos que, no seu sentido orixinal (é dicir, non-metafórico) se conxugan só na 3̊ persoa do singular (el). Dita categoría está composta polos chamados "verbos meteorolóxicos" ou "climáticos" (chove, neva etc.). Estes verbos son intransitivos.
  • Os verbos impersoais impropios, pola contra, son verbos que aínda que nalgúns contextos posúen unha conxugación normal, poden ser usados como impersoais (de aí a súa categoría de impropios). Por exemplo: o verbo "facer" pode ser usado en contextos como
"Ela vai para o pavillón"
ou en frases como
"Vai calor".
Neste segundo exemplo está sendo usado como verbo impersoal. Os verbos impersoais impropios son:
Haber: "Hai cousas que facer".
Abodar(na súa forma "bastar preposición"): "Abonda de palabrería".
Ser: "É de noite".
Ir: "Foime ben no exame".

Terciopersoais

editar

Os verbos terciopersoais asócianse a un número reducido de verbos que se conxugan exclusivamente na 3̊ persoa, xa sexa do singular ou o plural (el e eles). Asía a todo, contan cun suxeito e concordan con el.

Os verbos terciopersoais son:

  • Acontecer
  • Suceder
  • Ocorrer
  • Constar
  • Parecer
  • Abondar(na súa forma "bastar s/preposición"): "Abóndame a túa presenza".

Defectivos

editar

Os verbos defectivos son aqueles nos que non se cumpre o paradigma de conxugación completo. Para estes verbos non existen conxugacións nalgúns tempos e persoas, principalmente debido a razóns de eufonía ou de uso. Exemplos desta categoría son "preterir" e "sobreser".

Copulativos

editar

Os verbos copulativos son

  • ser
  • estar
  • parecer
  • resultar

Son aqueles verbos que posúen un significado mínimo, de forma que non engaden apenas nada ao suxeito e por iso son case prescindibles (dicindo "a casa é azul" diriamos practicamente o mesmo que dicindo "A casa azul"); por iso, no canto de seleccionar obxectos directos afectados polo verbo, rexen un tipo de complementos diferentes chamados atributos oracionais, que son substituíbles polo persoal átono "o". Os atributos oracionais poden ser de dous tipos:

Na análise morfosintáctica, os atributos márcanse como determinantes tanto do verbo que o rexe como daquilo que determina, estea isto no suxeito ou no predicado. É importante facer notar que non só os verbos copulativos esixen atributos.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Camara Jr., J. Mattoso (1970): Problemas de linguística descritiva. Petrópolis: Vozes, 1970
  • Camara Jr., J. Mattoso (1982): Estrutura da língua portuguesa. Petrópolis: Vozes, 1982
  • Díaz Regueiro, M. (1 992): Os verbos galegos, Santiago: Xunta de Galicia.
  • Instituto da Lingua Galega / Real Academia Galega (1995 [1982]): Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego. Santiago: ILG / RAG, 1995.
  • Roca Pons, J. (1966): Estudio morfológico del verbo español, RFE 49, pp, 73-89.
  • Santamarina, A (1974): El verbo gallego. Anexo 4 de Verba. Santiago.

Outros artigos

editar
  NODES
Idea 2
idea 2
iOS 8
os 193
text 4
todo 4