Vercinxetórix[1], nado c. 82 a. C. e finado en Roma no 46 a. C., era o xefe da tribo gala dos arvernos (situados na actual Auvernia) cando se produciu a invasión das Galias por parte das tropas romanas.[2]

Modelo:BiografíaVercinxetórix

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 80 a. C. Editar o valor en Wikidata
Galia Editar o valor en Wikidata
Morte46 a. C. Editar o valor en Wikidata (33/34 anos)
Roma, Italia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, garrote Editar o valor en Wikidata
Actividade
OcupaciónXefe tribal, militar Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
ConflitoGuerra das Galias Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiCeltillus Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética (1926—1947)
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru Editar o valor en Wikidata
Vercinxetórix.

Traxectoria

editar

O nome celta Vercinxetórix está composto polo radical ver (o máis), o nome de persoa Cingetos, e o radical rix (rei), significado Cinxetos Rei Supremo. A historia contada por Xulio César di que federou aos pobos galos e aos seus xefes para levar a cabo a resistencia contra os romanos, sendo un dos primeiros xefes en lograr unificar a maioría do pobo galo. Non obstante, tras a derrota fatal da batalla de Alesia, non deu expulsado os exércitos romanos, capitulando finalmente no 52 a. C.

Representacións nas artes

editar

Debido á desaparición dos galos e de Vercinxetórix da historia oficial francesa durante máis de dezaoito séculos, non existen representacións escultóricas nin pictóricas súas antes do século XIX. En 1866 erixíronse as monumentais estatuas oficiais de Vercinxetórix en Alise-Sainte-Reine (realizada por Millet, 1866) e en Clermont-Ferrand (por Auguste Bartholdi, 1903). No século XX, Vercinxetórix e Xulio César foron representados cunha estatura semellante en dúas das tres estatuas honoríficas que hai no palacio de Ferdinand Cheval en Hauterives, no departamento de Drôme.

Ó longo do século XX, realizáronse numerosas representacións de Vercinxetórix, imaxes de Épinal e cadros, como o de Bertin, salón de 1867; en Chatrousse, salón de 1877; en Mouly, salón de 1886, en Segoffin, salón de 1911. Étienne Clémentel, figura radical de Puy-de-Dôme, consagrou a Vercinxetórix unha epopea lírica en catro actos. O libretista foi Joseph-Henri Louwyck e o compositor Joseph Canteloube. A obra estreouse na Ópera Garnier o 26 de xuño de 1933.

Na segunda parte do século XX, a banda deseñada fai figurar ó heroe popular en numerosas edicións: Ademais dos volumes de Astérix, o tomo 18 da serie Alix, escrita e debuxada por Jacques Martin, Vercingétorix, aparecida en 1985, céntrase no papel deste na loita entre Pompeio e Xulio César. O tomo 11 da serie Vae victis!, Cetill le Vercingétorix, publicado no 2001, describe algúns episodios da Guerra das Galias. Os tomos 2 e 3 de l'Extraordinaire Aventure d'Alcibiade Didascaux, de edicións Athéna, narran as migracións celtas, a Guerra das Galias e a romanización.

 
Estatero co busto de Vercinxetórix (Gabinete de Medallas do Museo de Belas Artes de Lión).[3]

En canto á cinematografía, diversos filmes representaron a figura de Vercinxetórix:

Na serie televisiva Xena: Warrior Princess, o heroe galo recibe un tributo nun dos episodios. Para facilitar os diálogos é chamado Vercinix, e é salvado de morrer pola protagonista, inimiga de Xulio César.

En canto ao teatro, unha obra en galego representa a Vercinxetórix:

  1. "Zenón de Elea". Diciopedia do século 21 3. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 2155. 
  2. Babelon, Ernest. "Vercingétorix ; étude d'iconographie numismatique". Revue numismatique, 1902. Páxinas 17-35.
  3. "Statère de Vercingétorix". Musée des beaux-arts Lyon (Mba-lyon.fr).
  4. Prieur, Jérôme (2005). "Vercingétorix. Le roi des guerriers. Le héros national. Le dernier gaulois". Consultado o 2022-05-01. [Ligazón morta]
  NODES
chat 1
iOS 2
mac 1
os 46
todo 1