Veredicto final

filme de 1982 dirixido por Sidney Lumet

Veredicto final (en inglés: The Verdict) é un filme estadounidense de 1982 dirixido por Sidney Lumet con Paul Newman como protagonista. O guión de David Mamet deste drama xudicial baséase na novela de Barry Reed, Material from another medium.

Veredicto final
Ficha técnica
Título orixinalThe Verdict
DirectorSidney Lumet
ProdutorGordon Carroll
David Giler
Walter Hill
GuiónDavid Mamet, baseado nunha novela de Barry Reed
IntérpretesBruce Willis, Burtt Harris, Charlotte Rampling, Colin Stinton, Edward Binns, Edward Mason, Evelyn Moore, H. Clay Dear, Herb Peterson, Jack Warden, James Handy, James Mason, Joe Seneca, John Blood, Juanita Fleming, Julie Bovasso, Kent Broadhurst, Leib Lensky, Lewis J. Stadlen, Lindsay Crouse, Maggie Task, Marvin Beck, Milo O'Shea, Paul Newman, Ralph Douglas, Roxanne Hart, Tony La Fortezza e Wesley Addy
MúsicaJohnny Mandel
Distribuidora20th Century Fox
Estrea1982
Duración122 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Na rede
IMDB: tt0084855 Filmaffinity: 793661 Allocine: 1620 Rottentomatoes: m/verdict Mojo: verdict Allmovie: v52313 TCM: 18651 Metacritic: movie/the-verdict TV.com: movies/the-verdict Netlix: 60011415 Editar o valor en Wikidata

Nos papeis principais do elenco actúan, entre outros, Paul Newman, Charlotte Rampling, Jack Warden, James Mason, Milo O'Shea e Lindsay Crouse.

Foi emitido na TVG o 28 de abril de 1993.[1]

Frank Galvin (Paul Newman), outrora un bo avogado de Boston e agora case alcólico e con poucas perspectivas de futuro, ve a oportunidade de refacer a súa vida profesional ó aceptar un caso de erro médico no que se atopa comprometido un famoso hospital. A pesar de que lle ofrecen un acordo economicamente favorable para non ir a xuízo, non o acepta, e deberá facer fronte ó famoso avogado Ed Concannon (James Mason) e o seu equipo se quere gañar a querela criminal contra a institución médica. Na súa axuda aparecen o seu vello amigo, Mickey Morrissey, e Laura Fischer, a muller da que se namora.

Premios

editar

No ano en que se estrearon Gandhi, E.T. the Extra-Terrestrial, Un oficial e un cabaleiro, Na busca do lume e Tootsie, Veredicto final recibiu cinco candidaturas ós Premios Óscar: ó Mellor actor principal (Paul Newman), ó mellor actor secundario (James Mason), ó mellor director (Sydney Lumet), ó mellor guión adaptado (David Mamet) e ó mellor filme.

O mesmo ano de 1983 foi nomeado nos Globos de Ouro sen conseguir gañar en ningunha das categorías equivalentes ós premios da Academia americana.

Nos Premios David di Donatello, que concede a Academia do Cinema Italiano, Paul Newman conseguiu o premio ó Mellor Actor Estranxeiro en 1983.

Crítica

editar

Obra mestra para algúns críticos. Espectacular na interpretación dos dous principais antagonistas e, sen dúbida, un dos mellores filmes feitos sobre a práctica do dereito e o mundo das causas xudiciais. "O veredicto" é outro dos poderosos dramas urbanos de Sydney Lumet no que se combina a atmosfera realista dos procesos xudiciais do director (autor de 12 Angry Men) coa sensacional actuación de Paul Newman. Newman logra no seu papel de avogado en horas baixas bordar unha das súas mellores interpretacións como actor.

A obra continúa as premisas do subxénero dos filmes de xuízos (un avogado oprimido loita contra o mal nos tribunais de xustiza) pero o excelente guión e dirección conseguen combinar o ton transcendente e solemne grazas ó traballado texto con partes absolutamente brillantes, coa sorprendente e a sutil actuación que o realizador americano consegue extraer do elenco de actores convocados para o filme.

O tema central do filme constitúeo o dilema moral no que se move o protagonista e, en particular, a posibilidade de redimirse persoal e profesionalmente se un se aferra á forza do traballo honrado. A transformación do estado inicial de cansazo, desánimo e autodestrución cara á redención comeza cando o protagonista se decata da súa propia consciencia. A amizade do seu antigo colaborador Mickey Morrisey e a relación con Laura, a muller que recolle nun bar e que parece entender os seus temores e necesidades, axudaranlle a procurar a súa autoestima.

Tanto o conxunto da película coma o final son fenomenais e merecentes de consideración. "O veredicto" lévanos máis cara a unha investigación do carácter dos personaxes e, sobre todo, do de Frank Galvin, que a un filme de suspense, pois este refírese tanto á propia vida de Galvin como ó seu último caso.

Os tons grises do frío clima invernal de Boston acompañan a vista do proceso.

Elenco

editar

Aínda que o personaxe que permanece na mente é o de Paul Newman, o filme está poboado de bos papeis secundarios e mellores actuacións, unha parte delas de actores europeos, británicos e irlandeses sobre todo, que fan os papeis dos bostonianos que interveñen no filme. Seguindo a orde alfabética dos nomes son estes:

  • Bruce Willis como Observador na sala do tribunal de Xustiza (sen aparecer nos créditos).
  • Burtt Harris como Jimmy, o camareiro.
  • Charlotte Rampling como Laura Fischer: avogada e muller fatal, misteriosa e ambigua, alcólica coma o protagonista, da que Galvin se namora imprudentemente.
  • Colin Stinton como Billy.
  • Edward Binns como Bispo Brophy.
  • Edward Mason como Fillo da viúva.
  • Evelyn Moore como Enfermeira do Dr. Gruber.
  • H. Clay Dear como Avogado do Pazo de Xustiza.
  • Herb Peterson como Sheridan Patrons.
  • Jack Warden como Mickey Morrissey: o avogado amigo e colaborador de Galvin, o seu leal asistente no xuízo
  • James Handy como Dick Doneghy.
  • James Mason como Edward Concannon: Ed é o avogado defensor da arquidiócese católica, propietaria do Hospital Santa Catarina, famoso por ter o mellore equipo de avogados de Boston e gañar todos os preitos.
  • Joe Seneca como Dr. Thompson: o médico negro que perde o creto ó admitir que cobrou anteriormente por dar testemuño en casos de erros médicos.
  • John Blood como Director do funeral.
  • Juanita Fleming como Criada do Dr. Gruber.
  • Julie Bovasso como Maureen Rooney.
  • Kent Broadhurst como Joseph Alito.
  • Leib Lensky como Paciente na cadeira.
  • Lewis J. Stadlen como Dr. Gruber: un médico clave como testemuña, que é comprado pola defensa.
  • Lindsay Crouse como Kaitlin Costello, a enfermeira que admite o erro pero que desaparece.
  • Maggie Task como Enfermeira irlandesa.
  • Marvin Beck como Xefe do Sharaton.
  • Milo O'Shea como Xuíz Hoyle, o xuíz con contactos políticos, que favorece os poderosos.
  • Paul Newman como Frank Galvin, o protagonista: o avogado que perdeu os seus últimos catro casos.
  • Ralph Douglas como Dependente.
  • Roxanne Hart como Sally Doneghy: irmá da muller en cinta, que queda en coma ó ser operada.
  • Tony La Fortezza como Camareiro do Sharaton.
  • Wesley Addy como Dr. Towler, un dos médicos acusados de neglixencia.

Ficha técnica

editar
  1. La Voz de Galicia, 28 de abril de 1993. Páx. 87

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
Done 3
orte 2
Todos 1