Viaxe
Unha viaxe (do occitano viatge, orixinado do latín viaticum –i ‘provisións para viaxar’)[1] é o cambio na localización das persoas que se realiza a través dos medios de transporte, xa sexan mecánicos, animais, ou a viaxe realizada propiamente a pé.
Características
editarHistoricamente as viaxes foron migratorias, realizadas a pé e por necesidades económicas dunha sociedade (grupos nómades ou dun grupo familiar). Na actualidade, son numerosas as viaxes levadas a cabo por recreación (como parte do turismo, peregrinación ou para visitar amizades e familia), ou por necesidades laborais. Nos países desenvolvidos existe unha ampla rede de transporte público, no ámbito da propia cidade, dentro dunha nación e de forma internacional, cuberta principalmente por ferrocarril e a aviación.[Cómpre referencia]
Pódese viaxar a través do ceo, como pode ser no caso dos dirixíbeis, helicópteros, avións, globos etc., a través do océano, ríos e mares, mediante embarcacións, en profundidades submarinas, mediante o submarino, aínda que é un vehículo primordialmente de defensa ou acción bélica, polo espazo, mediante foguetes espaciais e transbordadores, e o máis estendido, por terra, principalmente polos tramos asfaltados polo ser humano (estradas), case exclusivamente co uso dalgún vehículo (automóbil, autocar, bicicleta...) e en trens usando as vías de ferrocarril.