Viber

aplicación de mensaxería instantánea e telefonía

Viber é unha aplicación para GNU/Linux, Windows, macOS, iOS, Android, Windows Phone, Blackberry, Nokia, Bada e Firefox que permite ás persoas usuarias realizar chamadas gratuítas de teléfono e enviar mensaxes de texto de balde a calquera persoa que teña a aplicación instalada. Viber funciona en redes 3G, 4G e WiFi.

Viber Media é unha empresa con sede en Chipre con centros de desenvolvemento en Belarús e Israel.

Algúns medios alertaron sobre os riscos no uso de Viber debido ao pouco respecto polo dereito á privacidade dos seus usuarios, xa que, por exemplo, a aplicación almacena a información sobre os seus contactos.[1][2][3] É posible, porén, solicitar a Viber a eliminación de devandita información, aínda que a eliminación real dos datos persoais evidentemente queda a vontade da empresa e sen forma de que a persoa usuaria a verifique. A plataforma de Viber contaba en 2013 cunha base de datos de 200 millóns de usuarios activos, segundo declaracións do seu fundador, o empresario israelí Talmon Marco.[4]

Historia

editar

Viber lanzouse o 2 de decembro de 2010 exclusivamente para a plataforma iOS do iPhone, como competencia directa de Skype. Posteriormente, en 2011, realizouse un prelanzamento para a plataforma Android pero cun número de usuarios restrinxido a 50.000; a versión sen restricións lanzouse o 19 de xullo de 2012. A versión de Viber para Blackberry e Windows Phone foi lanzada o 8 de maio de 2012.[5]

Cando se alcanzaron os 90 millóns de usuarios, o 24 de xullo de 2012, agregouse o servizo de mensaxes a grupos e voz en alta definición para Android e iPhone. As versións para as plataformas Series 40 de Nokia, Symbian[6] e Bada[7] de Samsung foron anunciadas o mesmo día.[8]

Inicialmente, a posibilidade de facer chamadas de voz estaba dispoñible só para iPhone e Android, coa promesa de que tamén estaría dispoñible proximamente para as demais platafromas. A limitación estaba fundada en que as bases de Blackberry VOS e Series 40 non soportaban a funcionalidade de VoIP.[9]

Como se prometeu, o 22 de setembro de 2012, a funcionalidade de chamadas con alta definición e mensaxes a grupos estivo dispoñible para Windows Phone e Nokia soamente, como parte dunha asociación exclusiva con Nokia.[10][11]

Viber con voz foi oficialmente presentado para todos os dispositivos con Windows Phone o 2 de abril de 2013.[12]

En agosto de 2013, presentouse ao público Viber para Linux na súa versión beta, aínda que só estaban dispoñibles para descarga executables de 64 bits.[13]

O 13 de febreiro de 2014, Rakuten anunciou que adquirira Viber por 900 millóns de dólares.[14]

Características e funcionamento

editar

Entre as funcións principais de Viber atópanse o servizo de chamadas e mensaxaría de texto gratuítas entre usuarios de Viber. Tamén conta cun servizo de videochamada e outras características como o intercambio de ficheiros de imaxes e de son. Á hora de agregar contactos, a plataforma Viber realízao de xeito automático, polo que se se ten un contacto almacenado no teléfono que utiliza Viber, este agregarase.

Versións idiomáticas

editar

Viber non está dispoñible en galego e conta con versións en máis de 30 idiomas, entre os cales están o inglés, castelán, catalán, árabe, dinamarqués, chinés tradicional e simplificado, francés, alemán, italiano, ruso, hebreo e portugués.

  1. "Viber incluído entre as aplicación que facilitan datos persoais sen autorización".  [En castelán]
  2. "Malas prácticas de seguridade nos datos de Viber ameazan a privacidade dos usuarios". Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2016. Consultado o 20 de maio de 2016.  [En castelán]
  3. "Por que non debemos usar Viber".  [En castelán]
  4. "200.000.000 usuarios de móbil".  [En inglés]
  5. Viber dispoñible para BlackBerry® e Windows Phone 7 Arquivado 12 de maio de 2012 en Wayback Machine.. [En inglés]
  6. "Nokia Store: Baixa Viber e moitos xogos, fondos, tons e aplicacións no teu teléfono Nokia". Arquivado dende o orixinal o 03 de xuño de 2013. Consultado o 20 de maio de 2016.  [En inglés]
  7. "Viber para Bada. Mensaxes gratuítas en Samsung Bada". Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2013. Consultado o 20 de maio de 2016.  [En inglés]
  8. "Viber chega a Symbian, S40 e Bada, con chamadas de voz en alta definición e mensaxes a grupos".  [En inglés]
  9. Por que Viber non terá pronto chamadas de balde para Blackberry? [En inglés]
  10. "Viber para teléfonos intelixentes Nokia Lumia na actualización v2.2, engade chamadas de voz en alta definición". Arquivado dende o orixinal o 27 de novembro de 2012. Consultado o 20 de maio de 2016.  [En inglés]
  11. "Viber chega a Symbian, S40 e Bada, con chamadas en alta definición e con mensaxes a grupos para Nokia Lumia".  [En inglés]
  12. "Lanzamento de Viber con voz para Windows Phone 8".  [En inglés]
  13. "A popular aplicación IM/VoIP para móbil Viber dispoñible para Linux".  [En inglés]
  14. "O xigante xaponés de internet Rakuten adquire Viber por 900 millóns".  [En inglés]

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
chat 1
INTERN 1
todo 2