Vicki Baum
Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2018.) |
Vicki Baum, nada en Viena o 24 de xaneiro de 1888 e finada en Hollywood o 29 de agosto de 1960, foi unha escritora austríaca nacionalizada norteamericana en 1938.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de xaneiro de 1888 Viena, Austria |
Morte | 29 de agosto de 1960 (72 anos) Hollywood, Estados Unidos de América |
Causa da morte | leucemia |
Actividade | |
Campo de traballo | Música, harp performance (en) , literatura, xornalismo e guión cinematográfico |
Lugar de traballo | Berlín Oxford |
Ocupación | guionista, arpista, xornalista, escritora, música |
Alumnos | Stephanie Goldner (en) |
Familia | |
Cónxuxe | Richard Lert (1916–) Max Prels (1906–1910) |
Descrito pola fonte | Obálky knih, Handbuch der österreichischen Kinder- und Jugendbuchautorinnen (en) , (vol:1, p.96-102) >>>:Baum, Vicki Verbrannt, verboten, vergessen (en) , (p.18-20) >>>:Baum, Vicky |
|
Traxectoria
editarNaceu en Viena no seo dunha familia xudía, estudou no Conservatorio de Viena e traballou durante tres anos nunha orquestra de Alemaña tocando a arpa. Máis tarde traballou como xornalista para a revista Berliner Illustrierte Zeitung. Durante a primeira guerra mundial traballou durante un tempo como enfermeira, casou dúas veces, primeiro en 1914 cun xornalista austríaco que a introduciu no mundo cultural vienés e despois co director de orquestra Richard Lert. Dende 1931 residiu nos Estados Unidos e as súas obras prohibíronse na Alemaña nazi.
Baum comezou a escribir durante a adolescencia, pero non publicou o seu primeiro libro, Frühe Schatten ata 1920. A súa novela máis famosa é Menschen im Hotel (1929) da que se fixo unha adaptación cinematográfica en 1932, Grand Hotel que gañou o Óscar ó mellor filme. Escribiu máis de 50 novelas, e cando menos 10 adaptáronse para filmes de Hollywood. A partir de The Ship and The Shore (1941) escribiu as súas novelas en inglés. As súas memorias apareceron postumamente, en 1962 co título de Es war alles ganz anders.