Victor Francis Hess

Victor Franz Hess, nado en Waldstein o 24 de xuño de 1883 e finado en Nova York o 17 de decembro de 1964, foi un físico austríaco.

Modelo:BiografíaVictor Francis Hess

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(de) Victor Franz Hess Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento24 de xuño de 1883 Editar o valor en Wikidata
Schloss Waldstein (Imperio Austrohúngaro) Editar o valor en Wikidata
Morte17 de decembro de 1964 Editar o valor en Wikidata (81 anos)
Mount Vernon, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Graz Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFísica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfísico, catedrático, investigador Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Viena
Universidade de Graz
Universidade de Innsbruck
Universidade de Fordham Editar o valor en Wikidata
Partido políticoFrente Patriótica (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
Arquivos en
Familia
CónxuxeMarie Bertha Warner Breisky (1920–1955)
Elizabeth M. Hoenke Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Гесс Виктор Франц)
Obálky knih,
Grande Enciclopedia Soviética (1926—1947) Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Hess-7858 Find a Grave: 176652938 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Victor Franz Hess naceu no Castelo Waldstein, preto de Peggau, en Estiria, Austria. O seu pai, Vinzens Hess, era capataz do servizo do príncipe de Öttingen-Wallerstein. Estudou no Gymnasium de Graz (1893-1901) e os seus estudos superiores realizounos na Universidade de Graz (1901-1905), onde tamén se graduou como doutor en 1910.

Iniciou a súa andaina profesional cunha estancia no Instituto Físico de Viena, onde o profesor Egon Schweidler introduciuno no campo da radioactividade. Durante a década de 1910 foi axudante de Stephan Meyer no Instituto de Investigación do Radio, da Academia Vienesa de Ciencias. No ano 1920, converteuse en Profesor Extraordinario de Física Experimental na Universidade de Graz. Hess obtivo entre 1921 e 1923 un permiso para traballar nos Estados Unidos, onde se afianzou como director do laboratorio de investigación (creado por el mesmo) da Corporación de Radio estadounidense, en Orange (Nova Jersey), e como físico consultor para o Departamento de Asuntos Interiores estadounidense (Oficina de Minas), en Washington, D.C.. En 1923 volveu á Universidade de Graz e en 1925 foi designado profesor ordinario de física experimental, ata que en 1931 foi nomeado profesor na Universidade de Innsbruck e director do Instituto de Radioloxía, recentemente fundado. Hess inaugurou a estación para observar e estudar raios cósmicos na montaña Hafelekar, preto de Innsbruck. En 1938 trasladouse aos Estados Unidos onde foi profesor de Física na Universidade de Fordham, obtendo a nacionalidade estadounidense en 1944; viviu en Nova York ata a súa morte.

Investigacións científicas

editar

Durante a súa estancia en Innsbruck, dirixiu o Instituto de Investigacións da Radiación e en 1931 creou un observatorio de raios cósmicos no Hafelekar, nos Alpes tiroleses. Das súas observacións, introducindo aparellos de medida en globos sonda, deduciu que a intensidade dos raios cósmicos aumenta coa altitude, que o seu número varía coa latitude e que son un 1,5% máis intensos durante o día que pola noite. Tamén estudou a radioactividade terrestre, así como a condutividade eléctrica e o equilibrio de ionización da atmosfera. Froito destes traballos, en 1936 foille outorgado o Premio Nobel de Física, compartido con Carl David Anderson.

Ligazóns externas

editar
  NODES
todo 1