Viggo Mortensen
Viggo Peter Mortensen Jr.,[1] nado en Manhattan (Nova York) o 20 de outubro de 1958,[2] é un actor estadounidense. Fixo o seu debut no cinema cun pequeno papel no filme de suspense de Peter Weir Testemuña única (1985). Apareceu en varios filems notables, entre eles The Indian Runner (1991), Carlito's Way (1993), Crimson Tide (1995), Daylight (1996), The Portrait of a Lady (1996), G.I. Jane (1997), Un crime perfecto (1998), A Walk on the Moon (1999) e 28 Days (2000).
Mortensen acadou a fama internacional coa súa interpretación de Aragorn na triloxía fantástica The Lord of the Rings (2001–2003). Obtivo eloxios polas súas colaboracións co cineasta David Cronenberg nos filmes de suspense A History of Violence (2005), Eastern Promises (2007), polo cal foi nomeado ó Óscar ó mellor actor, e A Dangerous Method (2011).[3] Obtivo de novo nomeamentos aos premios da Academia polos seus papeis principais como pai anarquista en Captain Fantastic (2016) e como Tony Lip en O libro verde (2018). Mortensen fixo o seu debut como director con Falling (2020), o cal tamén protagonizou.
Ademais da actuación, Mortensen explorou as belas artes, a fotografía, a poesía e a música. En 2002, fundou Perceval Press para publicar tanto as súas obras como as de artistas e autores pouco coñecidos. Mortensen cantou e compuxo parte da banda sonora de The Lord of the Rings e colaborou co guitarrista Buckethead en varios álbums.
Traxectoria
editarMortensen naceu na cidade de Nova York o 20 de outubro de 1958,[2] fillo de Grace Gamble (nada Atkinson; 8 de xullo de 1928 – 25 de abril de 2015) e Viggo Peter Mortensen Sr. (8 de maio de 1929 – 2 de marzo de 2017). A súa nai era estadounidense, mentres que seu pai era dinamarqués. Coñecéronse en Noruega.[4] O seu avó materno era canadense de Nova Escocia. A súa avoa parterna era de Trondheim, en Noruega.[5][6]
Filmografía
editarAno | Filme | Papel | Notas |
---|---|---|---|
1985 | Testemuña única | Moses Hochleitner | |
The Purple Rose of Cairo | |||
1987 | Salvation! | Jerome Stample | |
1988 | Prison | Burke/Forsythe Electrocution | |
Fresh Horses | Green | ||
1990 | Once in a Blue Moon | Telefilme | |
Tripwire | Hans | ||
Leatherface: The Texas Chainsaw Massacre III | Tex | ||
Young Guns II | John W. Poe | ||
The Reflecting Skin | Cameron Dove | ||
1991 | The Indian Runner | Frank Roberts | |
1993 | Boiling Point | Ronnie | |
Ruby Cairo | John E. "Johnny" Faro | ||
Carlito's Way | Lalin | ||
The Young Americans | Carl Frazer | ||
1994 | The Crew | Phillip | |
Floundering | Home sen teito | ||
Gospel According to Harry | Wes | ||
American Yakuza | Nick Davis/David Brandt | ||
1995 | Gimlet | Home | |
Crimson Tide | Tenente Peter "WEAPS" Ince | ||
The Passion of Darkly Noon | Clay | ||
Black Velvet Pantsuit | Worthless Junkie | ||
Anxos e demos | Lucifer | ||
1996 | Albino Alligator | Guy Foucard | |
Daylight | Roy Nord | ||
The Portrait of a Lady | Caspar Goodwood | ||
1997 | Vanishing Point | Jimmy Kowalski | Televisión |
G.I. Jane | John James "Jack" Urgayle | ||
My Brother's Gun | Juanito | ||
1998 | Un crime perfecto | David Shaw | |
Psycho | Samuel "Sam" Loomis | ||
1999 | A Walk on the Moon | Walker Jerome | |
2000 | 28 Days | Eddie Boone | |
2001 | O Señor dos Aneis: A Irmandade do Anel | Aragorn | |
2002 | O Señor dos Aneis: As Dúas Torres | ||
2003 | O Señor dos Aneis: O Regreso do Rei | ||
2004 | Hidalgo | Frank Hopkins | |
2005 | A History of Violence | Tom Stall/Joey Cusack | |
2006 | Alatriste | Diego Alatriste y Tenorio | |
2007 | Eastern Promises | Nikolai Luzhin | |
2008 | Slacker Uprising | El mesmo | |
Appaloosa | Everett Hitch | ||
Good | John Halder | ||
2009 | Reclaiming the Blade | El mesmo | |
The People Speak | El mesmo | Documental | |
The Road | O Home | ||
2011 | A Dangerous Method | Sigmund Freud | |
On the Road | Old Bull Lee |
Vida persoal
editarMortensen estivo casado durante dez anos (de 1987 a 1997) coa música e artista estadounidense Exene Cervenka, cantante do grupo punk X, con quen tivo o seu fillo Henry Blake en 1988. Logo do divorcio da parella, a custodia do seu único fillo quedou compartida. En 2009, os medios difundiron a súa relación coa actriz española Ariadna Gil, compañeira de elenco en Alatriste e en Appaloosa.[7][8]
O 20 de novembro de 2023, participou no certame de poesía Ciclo Poetas Di(n)versos da Coruña, onde recitou poemas seus en galego.[9]
Notas
editar- ↑ Nielsen, Marie Ravn (23 de outubro de 2010). "Viggo Mortensen slået til ridder". DR (en dinamarqués). Arquivado dende o orixinal o 21 de xullo de 2022. Consultado o 21 de xullo de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 "UPI Almanac for Tuesday, Oct. 20, 2020". United Press International. 20 de outubro de 2020. Consultado o 21 de maio de 2021.
...actor Viggo Mortensen in 1958 (age 62)...
- ↑ " Flawed father role a test for Viggo Mortensen" Arquivado 16 de agosto de 2016 en Wayback Machine.. Toronto Star, Michael O'Sullivan, 16 de xullo de 2016.
- ↑ "Viggo Mortensen gets nude for 'Eastern Promises' fight scene". HamptonRoads.com. Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2007.
- ↑ "St. Lawrence University: Commencement". stlawu.edu. 21 de maio de 2006. Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2011. Consultado o 23 de febreiro de 2011.
- ↑ "Film: Viggo Mortensen magret seg ned 15 kilo for drømmerollen VG Nett". Vg.no. 20 de maio de 2009. Arquivado dende o orixinal o 19 de abril de 2010. Consultado o 9 de maio de 2010.
- ↑ "Viggo Mortensen y Ariadna Gil pasean su amor por las calles de Madrid". 20 minutos. 11 de novembro de 2010. Consultado o 11 de novembro de 2010.
- ↑ "Ariadna Gil y Viggo Mortensen: amor a primera vista". Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2014. Consultado o 24 de xullo de 2012.
- ↑ "Viggo Mortensen fala galego e a poesía enche auditorios: o actor protagonizou o ciclo Poetas Di(n)versos". Praza Pública. 21 de novembro de 2023. Consultado o 23 de novembro de 2023.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Viggo Mortensen |