Vilosidade coriónica

As vilosidades coriónicas ou villi coriónicos (en singular villus) son prolongacións que saen do tecido do corion embrionario e se estenden pola parede uterina proporcionando unha área de contacto aumentada co sangue materno.

Vilosidades coriónicas aos 24 días.

Son elementos esenciais no embarazo desde un punto de vista histomorfolóxico e funcional e son, por definición, un produto da concepción. Ramas das arterias umbilicais levan o sangue embrionario ás vilosidades. Despois de circular polos capilares das vilosidades, o sangue volve ao embrión a través da vea umbilical. Así, as vilosidades son parte do límite entre o sangue materno e fetal durante o embarazo e permiten o intercambio de substancias entre os dous sangues.

Estrutura

editar
 
Vilosidades coriónicas primarias.
 
Vilosidades coriónicas terciarias.

As vilosidades tamén se poden clasificar atendendo ás súas relacións con outras estruturas:

  • Vilosidades flotantes, que flotan libremente no espazo interviloso. Mostran un epitelio de dúas capas que consta de citotrofoblastos cun sincitio por riba (sincitiotrofoblasto).
  • Vilosidades de ancoraxe (con talo) que estabilizan a integridade mecánica da interface placentaria-maternal.

Desenvolvemento

editar

O corion experimenta unha rápida proliferación e forma numerosos procesos, as vilosidades coriónicas, que invaden e destrúen a decidua uterina e ao mesmo tempo absorben dela materiais nutritivos para o crecemento do embrión. Pasan por varios estadios, dependenedo da súa composición.

Estadio Descrición Período de xestación Contidos
Primarias As vilosidades coriónicas son ao principio pequenas e non vasculares. 13–15 días soamente trofoblasto[1]
Secondarias As vilosidades incrementan o seu tamaño e ramifícanse, mentres que o mesoderma crece dentro delas. 16–21 días trofoblasto e mesoderma[1]
Terciarias Crecen ramas da arteria e vea umbilicais no mesoderma e dese xeito as vilosidades coriónicas quedan vascularizadas. 17–22 días trofoblasto, mesoderma e vasos sanguíneos[1]

Ata aproximadamente o final do segundo mes de embarazo, as vilosidades cobren todo o corion e son case dun tamaño uniforme, mais despois desenvolvense de maneira desigual.

Microanatomía

editar
 
Histopatoloxía dunha vilosidade coriónica nun embarazo nas trompas de Falopio.

A maior parte da masa das vilosidades consiste en tecido conectivo que contén vasos sanguíneos. A maioría das células do tecido nectivo das vilosidades son fibroblastos. Tamén están presentes macrófagos denominados células de Hofbauer.

Importancia clínica

editar

Uso para a diagnose prenatal

editar

En 1983 o biólogo italinao Giuseppe Simoni descubriu un novo método de diagnose prenatal no que se utilizaban as vilosidades coriónicas (ver biopsia de vilosidades coriónicas ou coriocentese, vilocentese).

Células nais

editar

As vilosidades coriónicas son unha rica fonte de células nais. O Biocell Center, unha empresa biotecnolóxica dirixida por Giuseppe Simoni, está estudando e probando estes tipos de células nais. As células nais coriónicas, igual que as células nais amnióticas, son células nais multipotentes de uso non polémico (non se dana o embrión).[2][3][4]

Infeccións

editar

Estudos recentes indican que as vilosidades coriónicas poden ser susceptibles ás infeccións bacterianas[5] e virais. Recentes descubrimentos indican que a bacteria Ureaplasma parvum (un micoplasma) pode infectar os tecidos das vilosidades coriónicas de mulleres preñadas, prexudicando ao resultado do embarazo.[6] Detectouse ADN do poliomavirus JC e o poliomavirus de células de Merkel nas vilosidades coriónicas de mulleres que sufriron abortos naturais.[7][8] Tamén se detectou ADN de poliomavirus BK nos mesmos tecidos pero en menor medida.[7]

Abortos naturais temperáns

editar
 
Patoloxía grave das vilosidades coriónicas nun aborto natural.

Nos abortos naturais temperáns a presenza de vilosidades coriónicas nas expulsións vaxinais adoita ser a única confirmación definitiva de que houbo un embarazo intrauterino en vez dun embarazo ectópico.

Galería

editar
  1. 1,0 1,1 1,2 Larsen, William J. : Human embryology. Sherman, Lawrence S.; Potter, S. Steven; Scott, William J. 3. ed.
  2. "European Biotech Company Biocell Center Opens First U.S. Facility for Preservation of Amniotic Stem Cells in Medford, Massachusetts | Reuters". 2009-10-22. Consultado o 2010-01-11. [Ligazón morta]
  3. "Europe's Biocell Center opens Medford office – Daily Business Update – The Boston Globe". 2009-10-22. Consultado o 2010-01-11. 
  4. "The Ticker - BostonHerald.com". Arquivado dende o orixinal o 2012-09-21. Consultado o 2010-01-11. 
  5. Contini C, Rotondo JC, Magagnoli F, Maritati M, Seraceni S, Graziano A (2019). "Investigation on silent bacterial infections in specimens from pregnant women affected by spontaneous miscarriage.". J Cell Physiol 34 (3): 433–440. PMID 30078192. doi:10.1002/jcp.26952. 
  6. Contini C, Rotondo JC, Magagnoli F, Maritati M, Seraceni S, Graziano A, Poggi A, Capucci R, Vesce F, Tognon M, Martini F (2018). "Investigation on silent bacterial infections in specimens from pregnant women affected by spontaneous miscarriage.". J Cell Physiol 234 (1): 100–9107. PMID 30078192. doi:10.1002/jcp.26952. 
  7. 7,0 7,1 Tagliapietra A, Rotondo JC, Bononi I, Mazzoni E, Magagnoli F, Maritati M (2019). "Footprints of BK and JC polyomaviruses in specimens from females affected by spontaneous abortion.". Hum Reprod 34 (3): 433–440. PMID 30590693. doi:10.1002/jcp.27490. 
  8. Tagliapietra A, Rotondo JC, Bononi I, Mazzoni E, Magagnoli F, Maritati M (2020). "Droplet-digital PCR assay to detect Merkel cell polyomavirus sequences in chorionic villi from spontaneous abortion affected females". J Cell Physiol 235 (3): 1888–1894. PMID 31549405. doi:10.1002/jcp.29213. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
todo 3