Vitascopio
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2016.) |
Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engade ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
O vitascopio foi un primitivo proxector que Charles Francis Jenkins e Thomas Armat deron a coñecer no ano 1895.
Descrición
editarFixeran modificacións do phantoscopio de Jenkins, que proxectaba mediante luz eléctrica sobre unha pantalla ou unha parede. O resultado desas modificacións, o vitascopio, é un gran proxector que funciona con electricidade e utiliza a luz para emitir imaxes. Esas imaxes proviñan dun filme tomado cun quinetoscopio. Usando un mecanismo intermitente, o filme pasaba a cincuenta imaxes por segundo. O obturador ábrese e péchase con cada cambio de imaxes.
Historia
editarThomas Edison, o coñecido inventor do quinetoscopio, fora máis lento á hora de inventar un proxector, dado que a súa compañía tiña xa moitos ingresos que proviñan dos quinetoscopios individuais.
En cambio, Charles F. Jenkins xa creara o phantoscopio e o presentara en 1894 en Indiana e Woodville Latham creara o eidoloscopio, presentado en 1895. A este último axudárao un empregado de Edison, William Dickinson, que vendo o futuro que esta tecnoloxía de proxección tería, deixou a compañía de Edison converténdose eventualmente nun dos seus maiores adversarios comerciais.
Jenkins asociouse a Thomas Armat para modificar o phantoscopio, que foi presentado en público en Atlanta en 1895. Ambos remataron pelexados polos dereitos do invento.
Armat mostrou o phantoscopio a Raff e Gammon, propietarios da compañía Kinetoscopio, que recoñeceron o seu potencial. Negociaron, pois, con Armat a compra dos dereitos e pediron a aprobación de Edison. Pero unha das condicións que Edison puxo para a compra foi que se publicitase como un invento do propio Edison co nome de vitascopio.
A primeira presentación do vitascopio con ese nome e sendo xa propiedade de Edison foi en abril de 1896, en Nova York.
O eidoloscopio e outros sistemas de proxección foron presentados de novo copiando innovacións que o vitascopio incorporara: o cinematógrafo dos Lumière, o kineopticon de Birt Acres, e o biógrafo de Dickinson.
O vitascopio serviu a Edison para recuperar diñeiro do que perdera fronte ao cinematógrafo dos Lumière. Despois da mostra en público, o vitascopio foi distribuído por todos os Estados Unidos e presentado en Boston, Philadelphia, Atlantic City, Portland, Scranton, Nova Haven, Nova Orleáns, Nova London, Cleveland, Buffalo, San Francisco, Ashbury Park, Baltimore, Detroit, Chicago e Los Ángeles nun só verán.
O vitascopio, como pasara cos outros proxectores competidores, converteuse nunha atracción pública en moitas cidades dos Estados Unidos. Pero a compañía de Edison abandonou axiña o vitascopio para desenvolver o seu propio proxectoscopio ou quinetoscopio en 1896.
O vitascopio foi utilizado tamén por Warner Brothers en 1930 para proxectar películas como Song of the Flame, tentando competir con maquinaria como o magnascopio, Widevision, Natural Vision ou Fox Grandeur.