Vjosa Osmani
Vjosa Osmani-Sadriu, nada o en Mitrovica o 17 de maio de 1982, é unha xurista e política kosovar, que exerce como a quinta e actual presidenta de Kosovo dende o 4 de abril de 2021 [1] [2]
(2021) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de maio de 1982 (42 anos) Mitrovica |
5ª Presidente do Cosovo (pt) | |
4 de abril de 2021 – ← Glauk Konjufca | |
Presidente do Cosovo (pt) presidenta interina | |
5 de novembro de 2020 – 22 de marzo de 2021 ← Hashim Thaçi – Glauk Konjufca → | |
6ª Chairman of the Assembly of Kosovo (en) | |
3 de febreiro de 2020 – 22 de marzo de 2021 ← Glauk Konjufca – Glauk Konjufca → | |
Member of the Assembly of Kosovo (en) | |
12 de decembro de 2010 – 4 de abril de 2021 | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Pristina (pt) University of Pittsburgh School of Law (en) |
Actividade | |
Ocupación | xurista, política |
Partido político | Guxo (2021–sen valor) Liga Democrática de Kosovo (–2020) |
Participou en | |
IMF 2018 Annual Meetings (en) | |
Traxectoria
editarVjosa Osmani veu á luz na entón denominada Mitrovica e Titos que formaba parte de Iugoslavia no seo dunha familia de etnia albanesa[3] medrou con catro irmáns, e completou a súa educación primaria e secundaria na súa cidade natal [4]. Osmani era adolescente durante a Guerra de Kosovo e os soldados chegaron a asaltar a casa familiar armados con AK-47 [5].
Osmani licenciouse en dereito na Universidade de Pristina [6], despois continuou os estudos de posgrao na Universidade de Pittsburgh, e logrou en 2005 un mestrado en dereito e en 2015 un doutoramento en ciencia xurídica. A súa tese de doutoramento versou sobre a aplicación da Convención das Nacións Unidas sobre Contratos para a Venda Internacional de Mercadorías en Kosovo, ao evolucionar o status legal de Kosovo dende a súa entrada en vigor en 1988.
Academia
editarOsmani foi dende 2006 profesora asistente na Universidade de Pristina [7], lectora no RIT Kosovo dende 2010, [7][4] e profesora visitante en 2009, 2010 e 2015 na Universidade de Pittsburgh, que lle outorgou o premio Sheth International Young Alumni Achievement en 2017 [8].
Política
editarOsmani principiou a súa actividade política na adolescencia, como activista da formación de centrodereita Liga Democrática de Kosovo (LDK). O 27 de agosto de 2009 o entón presidente Fatmir Sejdiu [4] elixiuna como xefa do seu gabinete. Osmani tamén serviu como asesora xurídica e máis de política exterior do presidente. [8]. O 12 de decembro de 2010 accedeu por primeira volta á Asemblea de Kosovo e permaneceu durante tres mandatos, ata o 4 de abril de 2021 [8][4].
Osmani contribuíu á independencia de Kosovo como representante do presidente na Comisión da Constitución, o órgano que elaborou a constitución de Kosovo. Representou a Kosovo nun caso na Corte Internacional de Xustiza, e alí defendeu a legalidade da independencia de Kosovo [9].
Como parte das súas funcións parlamentarias exerceu como presidenta da Comisión de Asuntos Exteriores, Diáspora e Investimentos Estratéxicos e máis da Comisión de Integración Europea. Tamén actuou como vicepresidenta do Comité de Reformas Constitucionais de Kosovo[8]. En 2014 Osmani enfrontouse coa dirección do LDK, incluído o líder do partido Isa Mustafa, ao criticar ao LDK por formar un goberno de coalición co seu histórico rival, o Partido Democrático de Kosovo (PDK), incumprindo os compromisos realizados [10] [11]. Osmani tamén boicoteou a elección do presidente en 2016 e na que no marco do acordo de coalición a Asemblea elixiu o líder do PDK, Hashim Thaçi [10] [12]
Eleccións de 2019
editarO LDK considerouna para o posto de primeira ministra de Kosovo nas eleccións parlamentarias anticipadas de 2019 [9] e durante campaña electoral, a propia Osmani afirmou que o pobo kosovar estaba preparado para ter unha muller como primeira ministra e que iría loitar contra da corrupción e facer reformas en favor do libre mercado [13] [14]. Así e todo, perdeu as eleccións ante Albin Kurti, líder do partido de esquerdas antisistema Vetëvendosje, e recibiu 176.016 votos.
Presidenta da Asemblea
editarLogo de establecerse un acordo de goberno entre Vetëvendosje! e máis o LDK, ela convértese na presidenta da Asemblea de Kosovo o 3 de febreiro de 2020.
O 20 de xuño de 2020 a Osmani destituírona como vicelíder do seu partido, logo do líder do LDK, Mustafa, pedise a súa destitución por mor da oposición pública ás decisións tomadas polo partido. [11] [15]. O primeiro ministro Avdullah Hoti substituíuno como número dous do partido [11]. O 7 de setembro Osmani deixou o LDK e afirmou que o partido non lle deixara opción, mais engadiu que volvería se o partido se reformaba [16] [17].
Presidenta en funcións
editarEn 2020 Osmani converteuse na presidenta en funcións de Kosovo despois do presidente Thaçi dimitir por unha acusación do Tribunal Especial para Kosovo na Haia[18].
Como preparación para as eleccións parlamentarias de Kosovo de 2021, Osmani anunciou o 2 de xaneiro de 2021 que ía fundar un partido político, Guxo [19] e axuntouse co partido Vetëvendosje de Kurti nunha plataforma anticorrupción, ambos os dous partidos lograron vitorias contundentes, e Osmani recibiu persoalmente máis de 300.000 votos[18]. Nesas eleccións aumentou o peso das mulleres, ao lograr un terzo dos escanos e seis postos de quince no gabinete, algo que non tiña precedente [18].
Pola contra, o LDK, o antigo partido de Osmani, foille moi mal nas eleccións, tal e como prognosticaran varios membros do LDK que criticaran publicamente o cesamento de Osmani en 2020 [20] [11] [21], quedou terceiro coa perda da metade dos seus deputados, e o líder do partido Mustafá cesou o 14 de marzo[22] [23] [24].
Presidencia
editarO 4 de abril de 2021 a asemblea elixiuna como presidenta de Kosovo na terceira rolda de votacións [2] [6]. Aínda que á votación non acodiron dous partidos da oposición nin a Lista Serbia, 82 dos 120 parlamentarios votaron no segundo día da sesión extraordinaria [25] [18][26]. Así e todo, algún dos deputados da oposición non participou no boicot [27] e Osmani logrou 71 votos, houbo tamén 11 votos inválidos, e xa que logo, ao obter a maioría suficiente xurou por un mandato de cinco anos, converténdose na segunda muller en asumir a Kosovo[25][6]. Osmani afirmou que esperaba normalizar as relacións entre Kosovo e Serbia, ao tempo que pediu as desculpas de Belgrado pola guerra que levou á declaración de independencia de Kosovo e o procesametno dos que cometeran crimes de guerra [2][25].
Como esixe a lexislación kosovar, antes de xurar o cargo, Osmani deixou a dirección do seu partido [28] [29] [30] e a nova ministra de Asuntos Exteriores Donika Gërvalla substituíuna á fronte de Guxo [31].
Notas
editar- ↑ "Kurti kandidat i VV-së për kryeministër, Osmani për presidente". Koha. 14 de xaneiro de 2021.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Kosovo MPs elect Vjosa Osmani as president". Deutsche Welle. 4 de abril de 2021.
- ↑ "Vjosa Osmani: A risk-taker with principles". Deutsche Welle. 16 de setembro de 2021.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 "Vjosa Osmani is elected President of Kosovo". Class. 5 de abril de 2021.
- ↑ Callaghan, Louise (9 de xaneiro de 2021). "Shaped by Kosovo's war, Vjosa Osmani won't blink in her battle to cut out the rot". The Times.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 "Kosovo’s parliament elects Vjosa Osmani as president". Anadolu. 4 de abril de 2021.
- ↑ 7,0 7,1 "CV Osmani" (PDF). juridiku.uni-pr.edu. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de marzo de 2019. Consultado o 08 de xaneiro de 2023.
- ↑ 8,0 8,1 8,2 8,3 "Vjosa Osmani". www.ucis.pitt.edu.
- ↑ 9,0 9,1 "Vjosa Osmani, femra e parë si kandidate për kryeministre, e diplomuar në SHBA". Vlora News. 25 de agosto de 2019. Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2019. Consultado o 08 de xaneiro de 2023.
- ↑ 10,0 10,1 "Winners and losers as new era of Kosovar politics dawns". Kosovo 2.0. 8 de outubro de 2010.
- ↑ 11,0 11,1 11,2 11,3 "LDK remove Vjosa Osmani from party leadership". Prishtina Insight. 20 de xuño de 2020.
- ↑ "Hashim Thaci elected Kosovo's new president amid tear gas". BBC News. 26 de febreiro de 2016.
- ↑ "Kosovo to Elect New Parliament Amid Anger Over Graft, Unemployment". VOA News. 1 de outubro de 2019.
- ↑ "Opposition Vetevendosje Party Triumphs in Kosovo Election". Balkan Insight. 7 de outubro de 2019.
- ↑ "UPDATE: Kosovo’s Ruling Party Votes to Remove Speaker of Parliament Vjosa Osmani from Its Leadership". archive.ph. 20 de xuño de 2020. Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2020.
- ↑ "Osmani përfundimisht ndan rrugët me LDK-në: Bashkëpunimin me LVV-në do ta konkretizoj më vonë". Indeks Online. 7 de setembro de 2020.
- ↑ "Vjosa Osmani: Në LDK do të kthehesha nëse reformohet". Indeks Online. 11 de setembro de 2020.
- ↑ 18,0 18,1 18,2 18,3 "Kosovo parliament elects reformist lawyer Osmani as president". Daily Sabah. 4 de abril de 2021.
- ↑ "Acting President Vjosa Osmani Presents New Initiative". Albanian Daily News. 2 de xaneiro de 2021.
- ↑ "LDK leader Isa Mustafa steps down following electoral defeat". Euronews. 15 de febreiro de 2021. Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2021. Consultado o 09 de xaneiro de 2023.
- ↑ "Deputeti i LDK-së thotë se ka votuar kundër shkarkimit të Vjosa Osmanit nga pozitat në parti". Kallxo. 20 de xuño de 2020.
- ↑ "Rezultatet Përfundimtare Konačni Rezultati" (PDF). www.kqz-ks.org. Komisioni Qendror i Zgjedhjeve.
- ↑ "Kosovo". CSIS. Arquivado dende o orixinal o 09 de abril de 2021. Consultado o 08 de xaneiro de 2023.
- ↑ "Isa Mustafa resigns as LDK leader". Prishtina Insigh. 15 de febreiro de 2021.
- ↑ 25,0 25,1 25,2 "Kosovo parliament elects Vjosa Osmani as new president". Al Jazeera. 4 de abril de 2021.
- ↑ "Kosovo MP Faced with Protest over Sexist Language against President". Exit. 6 de abril de 2021. Arquivado dende o orixinal o 6 de abril de 2021.
- ↑ "Vjosa Osmani elected Kosovo President". Prishtina Insigh. 4 de abril de 2021. Arquivado dende o orixinal o 4 April 2021.
- ↑ "Para se të jepte betimin si presidente, Vjosa Osmani dha dorëheqje nga posti i deputetes dhe postet partiake". kallxo. 5 de abril de 2021.
- ↑ "Pas dorëheqjes së Vjosa Osmanit, Donika Gërvalla e drejton iniciativën “Guxo”". reporteri. 5 de abril de 2021.
- ↑ "Constitution of the Republic of Kosovo" (PDF). www.kryeministri-ks.net. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de marzo de 2021.
- ↑ "Donika Gervalla: ‘We are not an experiment, we are a sovereign state.’". Prishtina Insigh. 31 de marzo de 2021.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Xura de Vjosa Osmani como presidenta de Kosovo, Ora News