Voluntariado
O voluntariado[1][2] é o traballo das persoas que serven a unha comunidade ou ao medio ambiente por decisión propia e libre. O termo tamén fai referencia ao conxunto de devanditas persoas, os voluntarios. Por definición, os voluntarios non cobran polo seu traballo.[3]
Na Plataforma do Voluntariado de España[4] consensuouse a siguinte definición de voluntariado coas súas diferentes entidades e plataformas:
A Acción Voluntaria organizada é aquela que se desenvolve dentro dunha organización sen ánimo de lucro por persoas físicas que, de maneira altruista e solidaria, interveñen coas persoas e a realidade social, fronte a situacións de vulneración, privación ou falta de dereitos ou oportunidades para alcanzar unha mellor calidade de vida, e unha maior cohesión e xustiza social como expresión de cidadanía activa organizada.[5]
Hai diferentes motivacións que moven estas persoas a dedicar parte do seu tempo ao traballo non remunerado. Tamén hai distintas maneiras de ser voluntario: unha clasificación básica distingue o voluntariado formal (o realizado dentro de organizacións non lucrativas) do informal (os voluntarios actúan individualmente ou en grupos non rexistrados). Outra clasificación elemental distinguiría o voluntariado no que os beneficiarios son persoas daquel no que o traballo mellora o medio ambiente (en xeral ou parte del: animais, plantas etc.).
O traballo voluntario debería cumprir tres condicións:
- Ser desinteresado: o voluntario non persegue ningún tipo de beneficio nin gratificación pola súa axuda.
- Ser intencionado: o voluntario persegue un fin e un obxectivo positivo (buscar un cambio a mellor na situación do outro) e lexítimo (o voluntario goza de capacidade suficiente para realizar a axuda e de certo consentimento por parte do outro que lle permite que o axude).
- Estar xustificado: responde a unha necesidade real do beneficiario da mesma. Non é un pasatempo nin un entretemento sen máis, senón que persegue a satisfacción dunha necesidade previamente definido como tal.
O voluntariado complementa o labor da Administración pública e dos profesionais da acción social, pero nunca os debería substituír nin suplantar.
Día Internacional do Voluntariado
editarEn 1985, a Asemblea da ONU declarou o 5 de decembro como o Día Internacional do Voluntariado para o desenvolvemento económico e social. En 1996 eran 69 países os que o celebraban, cifra que se duplicou, ata alcanzar os 125, en 2003 [6].
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para voluntariado.
- ↑ "Entrada de "voluntariado" no Digalego.gal". Arquivado dende o orixinal o 09 de agosto de 2019. Consultado o 09 de agosto de 2019.
- ↑ Definición de voluntariado, sitio dixital 'Definición ABC'.
- ↑ Plataforma do Voluntariado de España, sitio dixital oficial.
- ↑ Guía sobre o Voluntariado Arquivado 28 de xullo de 2017 en Wayback Machine., sitio dixital 'Plataforma do Voluntariado de España'.
- ↑ "A ayudar se aprende en la escuela", en La Voz de Galicia, suplemento La Voz de la escuela, 2.12.2009.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Voluntariado |
Bibliografía
editar- César García-Rincón de Castro (2003). Cuaderno de Viaje para Acompañar Experiencias de Voluntariado Social. Homo Prosocius, Madrid. ISBN 84-607-8127-5.
- Jean Pictet Comentario sobre los principios fundamentales de la Cruz Roja.
- Formación Pre-Monitor, Voluntariado Centro Juvenil.
- "Libriño" do servizo Voluntariado en Liña do programa Voluntarios das Nacións en Liña [1]
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- asociaciones.org - Portal con información para a xestión de organizacións non gobernamentais
- ¿Qué es el voluntariado?, sitio dixital 'Red voluntariado social de Salamanca', (en castelán)
- ¿Qué es el voluntariado? Arquivado 26 de xuño de 2017 en Wayback Machine., sitio dixital 'Federación Internacional de Sociedades da Cruz Vermella e da Media Lúa Vermella', (en castelán).
- ¿Qué significa ser voluntariado?, sitio dixital 'Fundación Canfranc'.
- Vacaciones Solidarias Arquivado 19 de decembro de 2021 en Wayback Machine. Información para viaxar como voluntario nunha ONG durante as túas vacacións.