Voo controlado contra o terreo
Un voo controlado contra o terreo (CFIT polas súas siglas en inglés) é un accidente no cal un avión, baixo o control do piloto, voa de xeito inadvertido contra o chan, unha montaña, unha masa de auga ou un obstáculo.[1] Nestas situacións a tripulación normalmente non é consciente do perigo ata que é demasiado tarde. O termo foi cuñado por enxeñeiros de Boeing a finais dos anos 70.[2]
Os accidentes onde o avión está fóra de control no momento do impacto, debido a un fallo mecánico ou a un erro do piloto, non son considerados voos controlados contra o terreo (estes son coñecidos como voo incontrolado contra o terreo). Tampouco entran dentro desta definición os accidentes resultantes por unha acción deliberada da persoa aos mandos, como actos de terrorismo ou suicidio do piloto.
Segundo Boeing, o CFIT é unha das principais causas de accidentes aéreos con vítimas mortais, producindo máis de 9 000 mortes dende o inicio da era dos reactores comerciais.[3] O CFIT foi identificado como a causa do 25% dos contratempos de Clase A na USAF entre 1993 e 2002.[4]
Accidentes destacados
editarEntre os accidentes máis coñecidos produto deste evento atópanse:
Notas
editar- ↑ Boeing (ed.). "Controlled flight into terrain". Archived from the original on 29 de xuño de 2011. Consultado o 29 de xaneiro de 2017.
- ↑ Flight Training News (ed.). "Controlled Flight into Terrain". Archived from the original on 06 de marzo de 2012. Consultado o 29 de xaneiro de 2017.
- ↑ Boeing (ed.). "Boeing Training Aid Addresses Leading Accident Cause". Consultado o 29 de xaneiro de 2017.
- ↑ Air Force Magazine, febreiro de 2004
A Galipedia ten un portal sobre: Aviación |