Vuelta a España 2014

A 69ª edición da Vuelta a España comezou o 23 de agosto de 2014 en Xerez da Fronteira e rematou o 14 de setembro en Santiago de Compostela. O percorrido ten 3181 quilómetros divididos en 21 etapas, tres delas contra o reloxo, con dúas xornadas de descanso polo medio. As cinco últimas etapas tiveron lugar en territorio galego, sendo a primeira vez dende 1993 que a carreira non rematou en Madrid. Daquela tamén rematara na capital galega.

Modelo:Competición deportivaVuelta a España 2014
Imaxe
TipoVuelta a España Editar o valor en Wikidata
Deporteciclismo en ruta Editar o valor en Wikidata
Parte deUCI World Tour 2014 Editar o valor en Wikidata
Distancia do evento3.181,5 km Editar o valor en Wikidata
Lugar de saídaXerez da Fronteira Editar o valor en Wikidata
Liña de metaSantiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Número de participantes198, inicio
159, final Editar o valor en Wikidata
Participantes
Localización  e  Datas
LocalizaciónEspaña 40°12′N 3°30′O / 40.2, -3.5 Editar o valor en Wikidata
Intervalo de tempo23 de agosto de 2014 – 14 de setembro de 2014 Editar o valor en Wikidata
Número de edición69 Editar o valor en Wikidata
Competición

Gañador da clasificación xeral Alberto Contador
Segundo da clasificación xeral Christopher Froome
Terceiro da clasificación xeral Alejandro Valverde
Gañador da clasificación por puntos John Degenkolb 169 puntos.
Gañador da clasificación da montaña Luis León Sánchez 58 puntos.
Winner of the combination classification Alberto Contador
Vencedora da classificação por equipas Katusha 2014
Winner of the most combative rider Christopher Froome
Editar o valor en Wikidata
Outro
Páxina web oficiallavuelta.com Editar o valor en Wikidata
BNE: XX5643243

2013 Editar o valor en Wikidata
2015 Editar o valor en Wikidata
O paso do pelotón por Perillo, concello de Oleiros, na etapa 17.

Participantes

editar
O paso do pelotón por Tarrío, concello de Culleredo, na etapa 17.

Tomaron a saída en Xerez da Fronteira 22 equipos. De obrigada participación son os 18 equipos de categoría UCI ProTour, sendo os outros catro equipos de categoría Profesional Continental convidados pola organización da carreira.

Polas súas actuacións en grandes voltas nos últimos tempos, tiñan a consideración de favoritos á vitoria final corredores como Alberto Contador, Chris Froome, Nairo Quintana, Alejandro Valverde, Cadel Evans e Joaquim Rodríguez. As ausencias máis salientables da carreira foron as de Vincenzo Nibali, gañador do Tour de Francia 2014, e ó anterior gañador da proba en 2013 Chris Horner.

Por segundo ano seguido ningún ciclista galego participou na carreira.

Etapas

editar
Etapa Data Percorrido km Gañador Líder
1.ª 23 de agosto Xerez da Fronteira-Xerez da Fronteira   12,6 (CRE)   Movistar Team   Jonathan Castroviejo
2.ª 24 de agosto Alxeciras-San Fernando 174,4   Nacer Bouhanni   Alejandro Valverde
3.ª 25 de agosto Cádiz-Arcos da Fronteira   188   Michael Matthews   Michael Matthews
4.ª 26 de agosto Mairena del Alcor-Córdoba, España   172,6   John Degenkolb   Michael Matthews
5.ª 27 de agosto Priego de Córdoba-Ronda 182,3   John Degenkolb   Michael Matthews
6.ª 28 de agosto Benalmádena-La Zubia   157,7   Alejandro Valverde   Alejandro Valverde
7.ª 29 de agosto Alhendín-Alcaudete   165,4   Alessandro De Marchi   Alejandro Valverde
8.ª 30 de agosto Baeza-Albacete 207,4   Nacer Bouhanni   Alejandro Valverde
9.ª 31 de agosto Carboneras de Guadazaón-Aramón Valdelinares   181   Winner Anacona   Nairo Quintana
10.ª 1 de setembro Mosteiro de Veruela-Borja   34,5 (CRI)   Tony Martin   Alberto Contador
11.ª 3 de setembro Pamplona-Santuario de San Miguel de Aralar   151   Fabio Aru   Alberto Contador
12.ª 4 de setembro Logroño-Logroño 168   John Degenkolb   Alberto Contador
13.ª 5 de setembro Belorado-Parque de Cabárceno   199   Daniel Navarro   Alberto Contador
14.ª 6 de setembro Santander-La Camperona   199   Ryder Hesjedal   Alberto Contador
15.ª 7 de setembro Oviedo-Lagos de Covadonga   149   Przemysław Niemiec   Alberto Contador
16.ª 8 de setembro San Martín del Rey Aurelio-La Farrapona   158,8   Alberto Contador   Alberto Contador
17.ª 10 de setembro   Ortigueira-  A Coruña 174   John Degenkolb   Alberto Contador
18.ª 11 de setembro   A Estrada-  Monte Castrove   173,5   Fabio Aru   Alberto Contador
19.ª 12 de setembro   Salvaterra de Miño-  Cangas   176,5   Adam Hansen   Alberto Contador
20.ª 13 de setembro   Santo Estevo de Ribas de Sil-  Porto dos Ancares   163,8   Alberto Contador   Alberto Contador
21.ª 14 de setembro   Santiago de Compostela-  Santiago de Compostela   10 (CRI)   Adriano Malori   Alberto Contador
Total 3.181

Clasificacións

editar

Clasificación xeral por equipos

editar
Posición Equipo Tempo
    Team Katusha 244 h 19 min 36 s
2   Movistar Team a 38 min 54 s
3   Tinkoff-Saxo a 40 min 16 s
4   Cofidis a 52 min 33 s
5   Team Sky a 1 h 06 min 31 s
6   Astana Pro Team a 1 h 08 min 09 s
7   Garmin-Sharp a 1 h 17 min 06 s
8   BMC Racing Team a 1 h 17 min 32 s
9   Belkin Pro Cycling a 2 h 13 min 06 s
10   Lotto-Belisol a 2 h 54 min 48 s

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
multimedia 1
os 55
todo 1
web 1