Walter Steiner
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Walter Steiner, nado en Wildhaus, 15 de febreiro de 1951, é un saltador de esquí suízo.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de febreiro de 1951 (73 anos) Wildhaus, Suíza (pt) |
Actividade | |
Ocupación | saltador de esquí |
Deporte | Salto de esquí |
Participou en | |
11 de febreiro de 1972 | ski jumping at the 1972 Winter Olympics – large hill individual (en) (medalla de prata olímpica) |
Premios | |
| |
Steiner conseguiu a medalla de prata de salto de esquí na modalidade de salto longo nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1972. Tamén gañou a competición de salto de esquí de Holmenkollen en 1974 e gañou o Campionato Mundial de Salto de Esquí en 1972 e 1977.
Steiner recibiu a medalla Holmenkollen en 1977 (compartida con Helena Takalo e Hilkka Kuntola).
Foi o protagonista dun documental realizado por Werner Herzog en 1974.
Walter Steiner reside na actualidade na cidade sueca de Falun, coa súa dona Gunilla, traballando como xardineiro.