Wikipedia:Efemérides destacadas/15 de outubro
- 1536, morre Xermana de Foix, raíña consorte de Aragón e Navarra e segunda muller de Fernando o Católico.
- 1783, por vez primeira seres humanos soben nun dos globos aerostáticos dos irmáns Montgolfier.
- 1844, nace Friedrich Nietzsche (na imaxe), filósofo alemán.
- 1917, é executada en París a espía e bailarina holandesa Mata Hari acusada de espionaxe a favor da Alemaña.
- 1929, falece Antón Losada Diéguez, escritor galego (n. 1884).
- 1993, Nelson Mandela e Frederik de Klerk reciben o Premio Nobel da Paz por acabar co apartheid.
- 1997, lánzase a sonda espacial Cassini-Huygens con destino a Saturno.