Wikipedia:Efemérides destacadas/Febreiro
1 de febreiro (ver • editar)
- 1895, nace John Ford, director de cine (m. 1973).
- 1944, morre Piet Mondrian, pintor holandés.
- 1946, o noruegués Trygve Lie (na imaxe) é designado primeiro Secretario Xeral das Nacións Unidas.
- 1958, Exipto e Siria forman a República Árabe Unida, que dura ata 1961.
- 1966, morre Buster Keaton, actor (n. 1895).
2 de febreiro (ver • editar)
- 1808, o emperador francés Napoleón I ocupa os Estados Pontificios xunto coa totalidade da cidade de Roma, ao negarse o papa Pío VII a participar no bloqueo continental contra Gran Bretaña.
- 1856, sae á rúa La Oliva, publicación galega bisemanal editada en Vigo.
- 1882, nace James Joyce, escritor irlandés (m. 1941).
- 1923, morre Manuel Murguía na súa casa de rúa de Santo Agostiño da Coruña (n. 1833).
- 1970, morre Bertrand Russell (na imaxe), filósofo e matemático inglés (n. 1872).
Hoxe é o Día da Candeloria (Día da marmota nos EUA e en Canadá) e o Día Mundial das Zonas Húmidas.
3 de febreiro (ver • editar)
- 1468, morre Johannes Gutenberg (na imaxe), inventor da imprenta.
- 1494, imprímese no castelo de Monterrei o Missale Auriense, primeiro libro editado en Galiza con tipos móbiles.
- 1878, nace Ramón María Aller Ulloa, astrónomo galego, no pazo de Filgueiroa (Donramiro, Lalín).
- 1887, nace Juan Negrín, político da Fronte Popular e Presidente da II República (m. 1956)
- 1898, nace Alvar Aalto, arquitecto finés (m. 1976).
- 1949, nace Amancio Prada, cantautor nado no Bierzo.
Día dos Heroes Mozambicanos en homenaxe a Eduardo Mondlane.
4 de febreiro (ver • editar)
- 1135, fúndase o Mosteiro de Santa María de Aciveiro (na imaxe) no actual concello de Forcarei.
- 1893, morre en Vigo Concepción Arenal, intelectual galega.
- 1918, folguistas berlineses desautorizados impiden a entrada dos obreiros ás fábricas de munición.
- 1924, liberado o Mahatma Gandhi, líder nacionalista indio.
- 1938, Hitler autoproclámase comandante supremo das forzas armadas alemás.
Hoxe é o Día Mundial contra o Cancro.
5 de febreiro (ver • editar)
- 1848, nace Joris-Karl Huysmans, novelista parisiense.
- 1878, nace André Citroën, enxeñeiro francés.
- 1885, o rei Leopoldo II de Bélxica declara o Estado Libre do Congo como propiedade particular.
- 1914, nace William S. Burroughs, escritor norteamericano.
- 1977, morre Oskar Klein (na imaxe), físico sueco.
- 1993, morre Joseph L. Mankiewicz, guionista e produtor norteamericano.
6 de febreiro (ver • editar)
- 1835, nace Eduardo Pondal (na imaxe).
- 1899, morre Ramón Verea, inventor galego.
- 1911, nace Ronald Reagan, presidente dos Estados Unidos.
- 1952, Isabel II convértese en raíña do Reino Unido.
- 1995, morre Maruxa Mallo, pintora surrealista galega.
Hoxe é o Día Internacional de Tolerancia Cero coa Mutilación Xenital Feminina
7 de febreiro (ver • editar)
- 1569, morre Francis Drake, corsario inglés.
- 1812, nace Charles Dickens, escritor inglés (na imaxe Un conto de Nadal).
- 1885, nace Sinclair Lewis, escritor norteamericano.
- 1876, publícase en Ourense o primeiro número da revista satírica O Tío Marcos d'a Portela, primeira publicación periódica integramente en galego.
- 1989, morre Hirohito, emperador xaponés.
8 de febreiro (ver • editar)
- 1910, arde en Vigo o Teatro Rosalía de Castro (na imaxe).
- 1911, morre Joaquín Costa, intelectual español.
- 1828, nace Jules Verne, escritor francés.
- 1925, nace Jack Lemmon, actor norteamericano.
- 1931, nace James Dean, actor norteamericano.
- 1944, nace Sebastião Salgado, fotógrafo brasileiro.
9 de febreiro (ver • editar)
- 1881, morre Fiódor Dostoievski, escritor ruso.
- 1908, morre Clara Corral, poeta galega.
- 1945, nace Mia Farrow, actriz norteamericana.
- 1984, morre Yuri Andropov, político soviético.
- 1986, o cometa Halley (na imaxe) pasa por última vez no século XX.
- 2007, falece Alexandre de Fisterra, inventor do futbolín.
10 de febreiro (ver • editar)
- 1755, morre Montesquieu (na imaxe), pensador francés (n. 1689).
- 1898, nace Bertolt Brecht, dramaturgo alemán (m. 1956).
- 1923, morre Wilhelm Röntgen, físico alemán (n. 1845).
- 1931, Nova Deli convértese na capital da India.
- 2006, comezan os Xogos Olímpicos de Inverno en Turín, Italia.
11 de febreiro (ver • editar)
- 1847, nace Thomas Edison, inventor estadounidense (m. 1931).
- 1873, proclámase a Primeira República Española (na imaxe).
- 1909, nace Joseph Mankiewicz, director de cine (m. 1993).
- 1948, morre Sergei Eisenstein, cineasta soviético (n. 1898).
- 1979, o Aiatolá Ruhollah Khomeini chega ó poder en Irán.
- 1990, Nelson Mandela, prisioneiro político en Suráfrica, sae do cárcere despois de pasar 27 anos en prisión.
Hoxe é o Día Mundial do Enfermo e o Día Mundial do Cambio Climático.
12 de febreiro (ver • editar)
- 1541, Pedro de Valdivia funda Santiago de Chile.
- 1804, morre Immanuel Kant, filósofo (n. 1724).
- 1809, nace Charles Darwin, naturalista inglés (m. 1882).
- 1888, nace Clara Campoamor, política e sufraxista española.
- 1979, morre Jean Renoir, cineasta francés (n. 1894).
- 1984, morre Julio Cortázar (na imaxe), escritor arxentino (n. 1914).
- 2002, entra en vigor o Protocolo Facultativo á Convención sobre os Dereitos do Neno, impulsado pola ONU.
Hoxe é o Día Mundial contra o uso de nenos soldados.
13 de febreiro (ver • editar)
- 1073, prenden no castelo de Luna a García de Galicia (1042-1090), rei galego fillo de Fernando I de León. Permaneceu alí ata a súa morte en marzo de 1090.
- 1542, os conquistadores españois Gonzalo Pizarro e Francisco de Orellana descobren o río Amazonas (na imaxe).
- 1912, a República da China adopta o calendario gregoriano
- 1933, nace Costa-Gavras, director de cine.
- 1950, nace Peter Gabriel, músico inglés.
- 2007, Corea do Norte acorda poñer fin ao seu programa nuclear a cambio de axuda económica e combustible.
14 de febreiro (ver • editar)
- 1779, morre James Cook (na imaxe), explorador británico (n. 1728).
- 1918, a Unión Soviética adopta o calendario gregoriano (1 de febreiro de acordo co calendario xuliano).
- 1914, nace en Barallobre Bieito Cupeiro (m. 1993), mestre e escritor nacionalista galego emigrado á Arxentina.
- 1946, preséntase na Universidade de Pennsylvania ENIAC ("Electronic Numerical Integrator and Computer"), a primeira computadora de propósito xeral.
- 2004, morre Marco Pantani, ciclista italiano (n. 1970).
15 de febreiro (ver • editar)
- -399, morre Sócrates (na imaxe), sentenciado a morte.
- 1564, nace Galileo Galilei, matemático, físico e filósofo italiano. (m. 1642).
- 1851, nace Susan B. Anthony, reformadora e sufraxista norteamericana.
- 1874, nace Ernest Shackleton, explorador británico nado en Irlanda (m. 1922).
- 1910, publícase o primeiro número do diario ourensán La Región.
- 1944, comeza o asalto a Monte Cassino en Italia durante a II Guerra Mundial.
16 de febreiro (ver • editar)
- 1919 - 4 labregas foron abatidas a tiros por axentes da Garda Civil na parroquia de Sofán, cando participaban na comitiva para soterrar un neno no cemiterio vello clausurado polas autoridades.
- 1930, asínase o Pacto de Lestrobe, polo que se constitúe a Federación Republicana Gallega.
- 1936, a Fronte Popular gaña as eleccións en España.
- 1959, Fidel Castro convértese en primeiro ministro de Cuba.
- 1964, nace Bebeto, futbolista brasileiro.
- 2000 morre Suso Vaamonde, compositor e músico galego, nado na aldea de Regodobargo en Ponte Caldelas en 1950.
- 2005, entra en vigor o Protocolo de Kyoto (na imaxe).
Día da independencia en Lituania.
17 de febreiro (ver • editar)
- -478, Herodoto menciona unha eclipse anular de sol cando Xerxes I partía para a súa expedición contra Grecia.
- 1600, morre na fogueira, condenado pola Inquisición, Giordano Bruno, pensador italiano (n. 1548).
- 1867, o primeiro navío atravesa o canal de Suez (na imaxe); a inauguración oficial foi o 17 de novembro de 1869.
- 1957, nace Loreena McKennitt, cantante e intérprete de piano e arpa canadense.
18 de febreiro (ver • editar)
- 1546, falece Martiño Lutero teólogo alemán.
- 1930, Clyde Tombaugh (na imaxe) descobre Plutón dende o observatorio Lowell en Flagstaff (Arizona, nos Estados Unidos).
- 1972, falece Joaquín Freire de Andrade y Valverde, membro da Real Academia Galega desde 1956.
- 2004, ETA anuncia unha tregua indefinida en Cataluña.
- 2005, entra en vigor no Reino Unido a lei que prohibe a caza do raposo e outros deportes nos que se matan mamíferos.
19 de febreiro (ver • editar)
- 197, Septimio Severo vence ao usurpador Clodio Albino na batalla de Lugdunum, asegurándose o control total do Imperio Romano.
- 1878, Thomas Alva Edison patenta o fonógrafo.
- 1914, nace Xosé María Díaz Castro, poeta da Terra Chá.
- 1942, Segunda Guerra Mundial: nos Estados Unidos apróbase a Orde 9066, que autoriza o confinamento en campos de concentración de máis de 112.000 xaponeses que vivían no país.
- 1986, A Unión Soviética lanza a estación espacial Mir (na imaxe), establecendo a primeira estación de investigación de longa duración no espazo.
- 1992, morre Eduardo Barreiros, enxeñeiro e empresario galego fundador da automobilística Barreiros (n. 1919).
20 de febreiro (ver • editar)
- 1909, Filippo Tommaso Marinetti publica no xornal Le Figaro de París o Manifesto futurista (movemento de vangarda artística xurdido en Italia en 1909).
- 1925, nace o cineasta Robert Altman.
- 1962, John Glenn (na imaxe) é o primeiro norteamericano en dar a volta á Terra durante o voo de 5 horas do Mercury 6.
- 1967, nace Kurt Cobain, músico (m. 1994).
- 1982, nace Lucía Aldao, poetisa e artista galega.
21 de febreiro (ver • editar)
- 1677, morre Baruch de Spinoza, filósofo holandés (n. 1632).
- 1848, Karl Marx e Friedrich Engels publican o Manifesto Comunista.
- 1895, Alfred Dreyfus, oficial francés xudeu acusado inxustamente de traizón, é deportado para a Illa do Diabo.
- 1916, Primeira Guerra Mundial: Comeza a Batalla de Verdún (na imaxe).
- 1972, o presidente norteamericano Richard Nixon visita a República Popular da China para normalizar as relacións entre os dous países.
- 1972, a nave espacial soviética non tripulada Luna 20 chega á Lúa.
- Hoxe é o Día Internacional da Lingua Materna.
22 de febreiro (ver • editar)
- 1900, nace Luis Buñuel, director de cine español.
- 1979, Santa Lucía consegue a independencia do Reino Unido.
- 1985, morre Salvador Espriu, escritor catalán.
- 1987, morre Andy Warhol (na imaxe), artista norteamericano.
- 2005, afunde o pesqueiro galego Siempre Casina, deixando seis mortos e dous desaparecidos.
23 de febreiro (ver • editar)
- 1455, Johannes Gutenberg imprime a primeira Biblia nunha imprenta.
- 1660, Carlos XI convértese en rei de Suecia.
- 1837, nace Rosalía de Castro (na imaxe), escritora galega.
- 1981, o tenente coronel Tejero tenta un golpe de estado en España.
- 1983, o ministro Miguel Boyer expropia Rumasa a José María Ruiz-Mateos.
- 1997, uns científicos escoceses anuncian que lograron unha ovella clónica, Dolly.
24 de febreiro (ver • editar)
- 1463, nace Giovanni Pico della Mirandola (na imaxe), humanista e pensador italiano.
- 1500, nace en Gante o rei Carlos I de España.
- 1824, baixo o Emperador Don Pedro I o Brasil convértese nunha monarquía
- 1918, independencia de Estonia.
- 1955, nace Steve Jobs creador xunto a Steve Wozniak do Apple II.
25 de febreiro (ver • editar)
- 1778, nace José de San Martín, líder da independencia de Arxentina, Chile e Perú.
- 1841, nace Pierre-Auguste Renoir (na imaxe), pintor francés.
- 1934, morre Elisabeth Knight Britton, botánica e escritora estadounidense (n. 1858).
- 1943, nace George Harrison, guitarrista de The Beatles.
- 1967, nace Silvia Bardelás, escritora galega.
- 2003, manifestación multitudinaria en Madrid convocada pola plataforma Nunca Máis en protesta pola catástrofe do Prestige.
- 2005, os mergulladores localizan seis cadáveres dos mariñeiros do Siempre Casina na ría de Viveiro.
26 de febreiro (ver • editar)
- 1848, proclamación da Segunda República Francesa.
- 1908, nace Tex Avery, realizador de películas de animación que revolucionou o xénero dos debuxos animados (m. 1980).
- 1976, España abandona a súa colonia no Sáhara.
- 1990, Violeta Chamorro é elixida presidenta de Nicaragua.
- 1991, Tim Berners-Lee (na imaxe) presenta World Wide Web, o primeiro navegador de Internet.
- 2010, morre Rafaela Hervada Carnerero, avogada e directora de radio galega (n. 1917).
27 de febreiro (ver • editar)
- 1898, nace Maryse Bastié, aviadora francesa. (m. 1952)
- 1902, nace John Steinbeck, escritor e novelista, Premio Nobel de Literatura en 1962 (m. 1968).
- 1912, nace Lawrence Durrell, escritor británico (m. 1990).
- 1976, proclámase a República Árabe Saharauí Democrática.
- 1989, morre Konrad Lorenz, zoólogo austríaco (n. 1903).
- 1991, remata a Guerra do Golfo (na imaxe).
- 1993, morre Lillian Gish, actriz (n. 1893).
28 de febreiro (ver • editar)
- 1516, morre Juan de la Cosa, navegante e cartógrafo español.
- 1810, nace Nicolasa Añón, campesiña e poeta galega. (m. 1887)
- 1901, nace Linus Carl Pauling, químico, Premio Nobel de Química (1954) e da Paz (1962) (m. 1994).
- 1920, nace Pepita Embil, cantante de zarzuela e actriz española.
- 1935, Wallace Carothers e DuPont inventan o nailon (na imaxe), un material termoplástico pertencente a unha familia de polímeros sintéticos.
- 1941, morre Afonso XIII, rei de España. (n. 1886)
- 1981, morre en Vigo Álvaro Cunqueiro, escritor galego (n. 1911).
- 1986, asasinato de Olof Palme, primeiro ministro sueco (n. 1927).
29 de febreiro (ver • editar)
- 1504, unha eclipse lunar (na imaxe) aterroriza grande parte de Europa.
- 1520, iníciase no Reino de Valencia a revolta da Irmandade dos gremios contra os nobres, coñecida como Guerra das Xermanías.
- 1788, fúndase a Biblioteca Nacional de Lisboa.
- 1992, a poboación de Bosnia e Hercegovina pronúnciase nun plebiscito popular a favor da independencia da ex república federal iugoslava.
- 2004, Jean-Bertrand Aristide, presidente de Haití, é secuestrado por forzas estadounidenses e enviado fóra do país.