William Blake

poeta, visionario, pintor e impresor inglés

William Blake, nado o 28 de novembro de 1757 en Londres e finado o 12 de agosto de 1827 na mesma cidade, foi un poeta inglés, visionario, pintor, e impresor inglés. Amplamente recoñecido durante a súa vida, a súa obra é hoxe considerada fecunda e significativa tanto na poesía como nas belas artes. Con frecuencia é considerado como o escritor máis espiritual do seu tempo.

Modelo:BiografíaWilliam Blake

(1807) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento28 de novembro de 1757 Editar o valor en Wikidata
Londres, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Morte12 de agosto de 1827 Editar o valor en Wikidata (69 anos)
Londres, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaBunhill Fields (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
ResidenciaFountain Court (en) Traducir (1820–)
South Molton Street (pt) Traducir (1803–1820)
Broadwick Street (en) Traducir (1803–1803)
Felpham (pt) Traducir (1800–1803)
Hercules Buildings (pt) Traducir (1791–)
Poland Street (pt) Traducir (1785–1791)
Broadwick Street (en) Traducir (1784–1785)
Green Street (pt) Traducir (1782–1784)
Battersea (pt) Traducir (1782–1782)
Broadwick Street (en) Traducir (1757–1782) Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoPobo inglés Editar o valor en Wikidata
EducaciónAcademia Real Inglesa (pt) Traducir (1779–)
Henry Pars Drawing School (en) Traducir (1767–) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPoesía Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Londres
Felpham (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpintor, impresor, litógrafo, debuxante, escultor, escritor, libretista, filósofo, gravador, poeta, ilustrador, teólogo, coleccionista, artista Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoPintura de historia, pintura relixiosa, alegoría, arte sacra, pintura mitolóxica e Alegoría Editar o valor en Wikidata
MovementoRomanticismo e fairy painting (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
ProfesoresHenry Pars (pt) Traducir, James Basire (pt) Traducir, George Michael Moser (pt) Traducir e James Barry (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
AlumnosThomas Trotter Editar o valor en Wikidata
Influencias
MecenasJohn Linnell (pt) Traducir (1818–)
William Hayley (pt) Traducir (1799–)
John Flaxman (1783–)
George Cumberland (pt) Traducir
John Hawkins (en) Traducir
Joseph Johnson (en) Traducir
Richard Edwards (pt) Traducir
Joseph Thomas (pt) Traducir
Thomas Butts (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeCatherine Blake (1782–) Editar o valor en Wikidata
PaisJames Blake Editar o valor en Wikidata  e Catherine Hermitage Editar o valor en Wikidata
IrmánsRobert Blake
James Blake
John Blake
Richard Blake
Catherine Elizabeth Blake Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
11 de xaneiro de 1804Xuízo (Chichester Guildhall (en) Traducir) Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Блейк Уильям)
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dictionary of National Biography Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0086759 IBDB: 87296
BNE: XX853571 Spotify: 4JrwSPaJWL066Tlv7zkYr4 Musicbrainz: f095ce11-8664-4489-a55a-8ecdb94d3031 Songkick: 740690 Discogs: 568306 IMSLP: Category:Blake,_William Allmusic: mn0000677994 WikiTree: Blake-5076 Find a Grave: 99 Editar o valor en Wikidata
William Blake en 1807, retrato por Thomas Phillips.
O arcanxo Rafael con Adán e Eva, de W.Blake

Biografía

editar

Fillo dun chapeleiro,[1] desde a infancia mostrou unhas asombrosas aptitudes tanto para o debuxo como para a poesía. Aos dez anos foi enviado a unha escola de debuxo, onde, á par, comporá os seus primeiros poemas. Alumno do gravador James Basire, foi encargado de debuxar as antigüidades da abadía de Westminster e doutros vellos edificios, lugares que non deixaron de exercer unha viva influencia sobre a súa imaxinación melancólica.[1]

Gravou numerosas ilustracións para libros de Stothard e cos propios deseños. Participa, de xeito moi impulsivo, nos motíns de 1780, diante do cárcere de Newgate, a Bastilla londiniense. Casado en 1783 consonte aos seu gustos (ensinará a súa muller Catherine a ler, a escribir e a iluminar gravados), soñou en plasmar con pluma e xiz as visións que enchían o seu cerebro.

Un primeiro opúsculo, Poetical Sketches (1783) (Esbozos poéticos), contén as súas poesías compostas entre os doce e vinte anos de idade. Demasiado pobre para afrontar os gastos de imprenta das súas obras, fíxose o seu propio editor. Publicou así os Songs of Innocence (Cantos de Inocencia), ornamentados cos propios deseños (1799), obra singular, que acadou éxito, o que o animou para publicar do mesmo modo e sucesivamente: Books of Prophecy (1791) (Libros de profecía); Gates of Paradise (1793) (As portas do Paraíso) ; America, a prophecy (1793) (América, unha profecía); Europe, a prophecy (1794) (Europa, unha profecía); Songs of Experience (1794) (Cantos de experiencia). Ao mesmo tempo, puido mostrar, en varias exposicións da Academia Real, as súas pinturas alegóricas, históricas e relixiosas. Publicou The Marriage of Heaven and Hell (1790) (O matrimonio do Ceo e o Inferno), sátira de "Heaven and Hell" de Emmanuel Swedenborg.

En 1797 emprende unha edición ilustrada das "Noites" de Young, que deixou inacabada, pois marchou a vivir en Felpham, preto do poeta Hayley, para quen realizou deseños e pintou algúns retratos. Ao cabo de tres anos volveu para Londres.

Os seus cuarenta deseños gravados por Schiavonetti para unha edición do poema de Robert Blair: The Grave (1808) (A tumba), foron moi admirados, como a súa grande estampa a "Peregrinación a Canterbury" (1809), chea de carácter. Mentres, continuaba compondo, ilustrando e imprentando estraños poemas: Xerusalén, emanación do xigante Albion, Milton, un poema (1804), Xob (1826) etc. O máis orixinal é Xob, con gravuras máis definidas.

Todos estes volumes son hoxe buscadísimos, en especial os exemplares coloreados polo mesmo artista.

As visións de Blake

editar

Desde novo, William Blake proclamou ter visións. As máis temperás ocorreulle entre oito e dez anos en Peckham Rye, Londres, cando manifestou ter visto unha árbore con anxos "adornando cada póla como estrelas". Segundo o biógrafo vitoriano de Blake, Gilchrist, volveu a casa para contar a súa visión, pero só se librou de ser trallado polo seu pai grazas á intervenzón da nai. Aínda que toda evidencia suxire que seus pais foron largamente comprensivos, sobre todo súa nai, con varios dos primeiros debuxos e poema de William que decoraban as paredes do seu cuarto.

Noutra ocasión, Blake veu xentes traballando nunha meda e pensou que eran figuras anxélicas entre as que el camiñaba. Da súa madurez, a súa esposa podería contar a vez en que el veu a cabeza de Deus "posta na fiestra".

Blake manifestou experimentar visións toda a súa vida. Acostumaban estar relacionadas con fermosos temas e imaxes relixiosas, e puideron inspirarlle as súas obras e anhelos espirituais. De certo, conceptos e imaxes relixiosos figuran de maneira central nas obras de Blake. Os paradigmas de Deus e a Cristiandade constitúen o foco intelectual dos seus escritos. Ademais, Blake cría que era instruído e animado persoalmente por arcanxos para crear as súas obras artísticas, que manifestaba que eran lidas e gozadas por eses mesmos arcanxos.

É difícil, senón banal, interpretar medicamente a natureza do estado mental de Blake. Algúns psiquiatras cren que puido sufrir algunha forma de esquizofrenia. William Wordsworth escribiu: "Non ha dúbida que este pobre home estaba tolo, mais hai algo na tolería deste home que me interesa moito máis que a saúde de Lord Byron e Walter Scott"

Bibliografía de Blake

editar

Libros Ilustrados do mesmo W. Blake

editar

Libros alleos ilustrados por Blake

editar

Museos

editar

Escolma de museos que posúen obras de William Blake:

  1. 1,0 1,1 Bentley, Gerald Eades and Bentley Jr., G. William Blake: The Critical Heritage. 1995, pp. 34–5.

Véxase tamén

editar
  NODES
todo 3