William Wyler
William Wyler, nado en Mulhouse (Alsacia) o 1 de xullo de 1902 e finado nos Ánxeles o 27 de xuño de 1981 foi un director de cine, produtor e guionista estadounidense.
Traxectoria
editarFillo de suízo e alemá, naceu en Alsacia, entón pertencente a Alemaña. Despois de ser expulsado de varias escolas por mal comportamento, a súa nai falou co seu curmán Carl Laemmle, fundador de Universal Pictures, para que lle buscara traballo no cine. En 1923 Wyler chegou aos Estados Unidos baixo nacionalidade suíza.
Comezou a traballar como axudante de dirección, pero xa en 1925 converteuse no director máis novo da Universal. Tres anos despois conseguiu a nacionalidade estadounidense.
Tras abandonar a Universal comezou unha longa colaboración con Samuel Goldwyn, co que dirixiría moitos dos seus clásicos. Durante a segunda guerra mundial tamén realizou documentais.
Premios
editarÁs películas de Wyler foron moi recoñecidas nos Óscar. É o director máis nomeado da historia, con doce candidaturas ao mellor director, gañando tres veces, por Mrs. Miniver, Os mellores anos da nosa vida e Ben-Hur. Esta última ademais gañou once Óscars, o que non foi igualado ata case corenta anos despois por Titanic (e máis adiante por The Lord of the Rings: The Return of the King).
Ao longo da súa carreira trece das súas películas foron nomeadas ao Óscar ó mellor filme, máis que ningún outro director. E tamén ten o récord de ter máis actores que gañaran o Óscar baixo a súa dirección: trece (Walter Brennan en dúas ocasións, Bette Davis, Fay Bainter, Greer Garson, Teresa Wright, Fredric March, Harold Russell, Olivia de Havilland, Audrey Hepburn, Burl Ives, Charlton Heston, Hugh Griffith e Barbra Streisand).
Ademais, Wyler gañou a Palma de Ouro no Festival de Cannes con Friendly Persuasion.
Filmografía
editar- Anybody Here Seen Kelly? (1928)
- The Shakedown (1929)
- Hell's Heroes (1930)
- Dodsworth (1936)
- Rúa sen saída (1937)
- Jezebel (1938)
- Cumes borrascosos (1939)
- The Letter (1940)
- O forasteiro (1940)
- A loba (1941)
- Mrs. Miniver (1942)
- Os mellores anos da nosa vida (1946)
- The Heiress (1949)
- Detective Story (1951)
- Vacacións en Roma (1953)
- Friendly Persuasion (1956)
- Horizontes de grandeza (1958)
- Ben-Hur (1959)
- A calumnia (1961)
- O coleccionista (1965)
- How to Steal a Million (1966)
- Funny Girl (1968)
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- William Wyler na IMDb (en inglés).