Winterthur
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2017.) |
Winterthur é unha cidade suíza situada no cantón de Zürich, ao norte do país. Con 109.775 habitantes, é a sexta cidade da Confederación por volume de poboación. Chamada abreviadamente polos seus habitantes Winti, hoxe Winterthur é unha cidade de servizos e un importante centro da industria de alta tecnoloxía.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado federado | Suíza | ||||
Cantóns | Cantón de Zürich | ||||
Distrito | Distrito de Winterthur (pt) | ||||
Capital de | |||||
Contén a división administrativa | Mattenbach (en) (1973–) Oberwinterthur (en) (1922–) Seen (en) (1922–) Stadt (en) Töss (en) (1922–) Veltheim (en) (1922–) Wülflingen (en) (1922–) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 109.775 (2016) (1.612,68 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | Swiss High German (en) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 68,07 km² | ||||
Bañado por | Töss (en) e Eulach (en) | ||||
Altitude | 439 m | ||||
Punto máis alto | Hulmen (en) (687 m) | ||||
Comparte fronteira con | Hettlingen (pt) Illnau-Effretikon (pt) Oberembrach (pt) Brütten (pt) Pfungen (pt) Lindau (pt) Schlatt (pt) Zell (pt) Wiesendangen (pt) Seuzach (pt) Elsau (pt) Dinhard (pt) Neftenbach (pt) Rickenbach (pt) Kyburg (pt) (–2015) | ||||
Organización política | |||||
• Mayor of Winterthur (en) | Michael Künzle (pt) (2012–) | ||||
Órgano lexislativo | Winterthur Municipal Council (en) , (Escano: 60) | ||||
Membro de | |||||
Orzamento | 1.390.422.808 Fr (2019) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 8352, 8482, 8400, 8401, 8403, 8404, 8405, 8406, 8408 e 8409 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 052 | ||||
Código de municipio suízo | 0230 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Hall in Tirol (pt) (1948–) Yverdon-les-Bains (pt) (1969–) Ontario (pt) (1982–) La Chaux-de-Fonds (1984–) Plzeň (1994–) | ||||
Lugar do Patrimonio suízo | |||||
Sitio web | stadt.winterthur.ch | ||||
Xeografía
editarSituada a unha altitude media de 439 metros, Winterthur aséntase nas marxes sur e leste do río Töss. Outro río, o Eulach transcorre tamén pola cidade, motivo polo cal Winti recibe o nome de Cidade do Eulach. A cidade de Zürich está a tan só 30 kms en dirección suroeste.
Historia
editarA historia de Winterthur principia co asentamento romano de Vitudurum. As primeiras edificacións da cidade propiamente dita datan do século VII, e xa no XI era unha cidade amurallada con foxo e torres. No século XIII os Habsburgo adquiriron a vila, pertencendo aos seus dominios ata o ano 1467.
Foi o escenario da batalla homónima en 1799 entre Francia e Austria, no contexto das guerras revolucionarias francesas. Golpeada duramente pola Gran Depresión nos anos 30, Winterthur recuperou o seu pulo económico tras a segunda guerra mundial.
Cultura
editarA Orquestra de Winterthur (Orchester Musikkollegium Winterthur), a máis vella orquestra de música clásica suíza fundada en 1875, posúe unha recoñecida traxectoria. En 1989 a cidade recibiu o Premio Wakker en recoñecemento pola súa posta en valor e preservación do patrimonio arquitectónico.
O Museo de Arte de Winterthur (Kunstmuseum Winterthur) é o máis importante da cidade. As súas exposicións son de arte comtemporánea, dende o Impresionismo ata os nosos días. Entre as súas pezas atópanse obras de Claude Monet, Paul Cézanne, Vincent van Gogh ou Pablo Picasso.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Winterthur |