Xetsemaní[1][2][3] (grego Γεθσημανἰ, Gethsēmani; hebreo:גת שמנים; arameo:גת שמני, Gath-Šmânê; siríaco ܓܕܣܡܢ, Gat Šmānê, lit. "prensa de aceite") foi o xardín onde, segundo o Novo Testamento, orou Xesús a última noite antes do seu arresto.

Gethsemane, de Carl Bloch. O anxo consola a Xesús no xardín de Xetsemaní.

A oración de Xesús no horto conmemórase todos os anos o Xoves Santo. Despois da Última Cea, Xesús dirixiuse ao horto, onde adoitaba reunirse cos seus discípulos para orar. Segundo os Evanxeos era un lugar que tanto Xesús como os seus discípulos visitaban adoito, o que lle permitiu a Xudas atopalo alí.[4] Os Evanxeos describen a tristura agónica que o asaltou nese momento e a actitude de Xesús de orar e anunciar aos apóstolos que xa chegarían os soldados que o ían deter, guiados por Xudas Iscariote.

Aparición nos Evanxeos

editar
 
Xardín de Xetsemaní.

Gethsemane aparece en grego en Mateu 26:36[5] e Marcos 14:32[6] como Γεθσημανἱ Mateu (26:36), e Marcos (14:32) chámano χωρἰον (18:1), "lugar" ou "estado".[7][8] O evanxeo de Xoán di que Xesús entrou nun xardín (κῆπος) cos seus discípulos.[9] O nome Xetsemaní aparece nos evanxeos como Γεθσημανι (Gethsêmani). Esta palabra vén do arameo Gath-Šmânê, que significa "prensa de aceite" (referíndose ao aceite de oliva). Ao parecer había unha gran cantidade de árbores de oliveira que rodeaban a área naqueles días. Todos os evanxeos fan referencia dunha forma ou outra a este lugar.

Historicidade da escena dos Evanxeos

editar

Existen posicións diversas respecto da historicidade da escena protagonizada por Xesús de Nazaret no horto de Xetsemaní, segundo o comentado por José Antonio Pagola:[10]

  • Algúns autores (Gerd Lüdemann e os membros do Jesus Seminar) chegaron a considerala unha invención da comunidade cristiá.
  • Pola contra, moitos autores aceptan a escena como un dos feitos historicamente máis seguros, argumentando que ninguén inventaría unha pasaxe tan desfavorable para Xesús. Nesta liña inscríbense os esexetas alemáns Hans Lietzmann, Rudolf Schnackenburg e Joachim Gnilka, entre outros.
  • Outros autores consideran o relato "substancialmente histórico", pero traballado pola tradición cristiá, xa que non se coñeceron as palabras exactas que Xesús de Nazaret pronunciou no horto. Dentro desta liña sitúanse os biblistas Raymond Edward Brown, Léon-Dufour, Pierre Grelot, etc. Tamén o propio Pagola segue esta posición matizada.

Localización

editar
 
O xardín de Xetsemaní en 1914.

O xardín localízase ao pé do Monte das Oliveiras, no val do Kidron. Diante do xardín está a Basílica das Nacións, tamén coñecida como igrexa da Agonía, construída no lugar dunha igrexa destruída en 614 polos sasánidas e que posteriormente foi reconstruída polos cruzados e destruída novamente en 1219. Nas proximidades atópase a igrexa ortodoxa rusa de Santa María Madalena, coas súas torres bulbosas douradas, de estilo ruso-bizantino, construída polo tsar Alexandre III de Rusia en memoria da súa nai.

Existen catro localizacións nas que se sinalou que puido orar Xesús a noite en que foi traizoado.[11]

  1. A Basílica das Nacións, xunto a un lugar coñecido como "Pedra da Agonía".
  2. Ao norte, xunto á tumba da virxe.
  3. A localización da igrexa ortodoxa grega ao leste.
  4. Un horto da igrexa ortodoxa rusa, xunto á Igrexa de Santa María Magdalena.
  1. "Xetsemaní" in Diciopedia do século 21.
  2. "Xetsemaní" in Enciclopedia Galega Universal.
  3. "Xetsemaní" in Diccionario enciclopédico galego universal.
  4. Kend Brown. Gethsemane Arquivado 20 de abril de 2016 en Wayback Machine.. En www.lightplanet.com
  5. Entón chegou Xesús cos seus discípulos a un terreo chamado Xetsemaní e díxolles: ‑Sentade aquí, mentres eu vou orar.
  6. Chegaron a unha finca chamada Xetsemaní, e díxolles ós discípulos: ‑Sentade aquí, mentres eu vou orar.
  7. Biblia do rei Xacobe. Holy Bible: Greek New Testament (Scrivener 1894). Capítulo 26. [En grego]
  8. Biblia do rei Xacobe. Holy Bible: Greek New Testament (Scrivener 1894). Chapter 14. [En grego]
  9. Biblia do Rei Xacobe. Holy Bible: Greek New Testament (Scrivener 1894). Capítulo 18. [En grego]
  10. Pagola, José Antonio. Jesús: aproximación histórica. PPC Cono Sur. Buenos Aures, 2013. Páxina 413. [ISBN 978-987-1931-32-3]
  11. Wycliffe Bible Encyclopedia, "Gethsemane", p.675, 1975, ISBN 0-8024-9697-0

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  • Artigo Gethsemani, en Catholic Encyclopaedia. [En inglés]

Bibliografía

editar
  • Metzeger, Bruce M. (ed.). Michael D. Coogan (ed.). The Oxford Companion to the Bible. Oxford University Press, 1993. [ISBN 0-19-504645-5]
  NODES
Done 1
eth 7
orte 2
Todos 2