Xisto
O xisto[1] é unha rocha de orixe metamórfica, procedente do metamorfismo das arxilas, que presenta unha estrutura de follas ou láminas paralelas que se separan con facilidade. Hai autores que clasifican ao xisto arxiloso como unha rocha sedimentaria, e é posíbel esa distinción, mais en Galicia, como en moitos lugares do mundo, tódolos xistos son de orixe metamórfica.
Preséntase xeralmente nunha cor opaca azulada escura e emprégase moito en cubertas e revestimentos interiores e exteriores.
Variedades
editar- Xisto arxiloso (xisto común). Chamado tamén como lousa ou pedra de tellar. Compacta, separándose con facilidade ao longo dos planos de xistosidade. Obtéñense tellas planas e uniformes e finas (de 2 a 8 mm).
- Xisto arxiloso micáceo.
- Xisto arxiloso ferruxinoso.
- Xisto arxiloso sericítico.
- Xisto arxiloso calcario.
- Xisto arxiloso filadios.
- Xisto arxiloso bituminoso.
- Xistos cristalinos. Carecen de feldespato e divídense en:
- Tacolitas: cor gris verdosa e con boa exfoliación. Son resistentes ao fogo.
- Micatitas: compostos por cuarzo e mica. Cor gris, vermella ou ennegrecida.
- Filita ou xisto satinado. Composto por cuarzo, mica, clorita e minerais de ferro. Caras lisas e de gran fino con estrutura follosa, de brillo sedoso prateado e cor gris verdosa ou negra. Conséguense lousas que dan orixe a táboas que admiten un excelente puído.
Condicións que cumpren os xistos empregados en tellados inclinados e revestimento
editar- Deben de ser homoxéneos, ter dureza e pequena higrocospicidade.
- Alta resistencia á acción da auga, resistencia contra a meteorización e os ambientes agresivos.
- Durabilidade prolongada nas condicións de emprego.
- A absorción de auga será inferior ao 0,6 %.
- Tamén ten importancia a resistencia á fractura en dirección perpendicular á xistosidade.
- As marcas ou estrías non poderán ter unha profundidade superior á metade do grosor das lousas.
- Distínguense distintas planeidades:
- Lisa (cunha desviación menor do 1 %).
- Normal (menos do 1,5 %).
- Rugosa (desviación menor do 2 %).
- As resistencias internas do xisto permitirán o corte e a perforación de cravos sen que se produzan escamas nin fendas.
- Os xistos estarán exentos de piritas e calcitas e a materia carbonosa non será nunca superior ao 20 %.
- En ningún caso os xistos conterán substancias que por motivo da intemperie modifique á súa resistencia e o seu aspecto. Será resistente ás xeadas. Despois do ensaio de xeadicidade os xistos non presentarán perdas significativas de resistencia á flexión
- Defectos restritivos dos xistos:
- Fío: veta que cruza o xisto. Acostuma ser de cuarzo ou pirita. Grosor de 0,1 a 1 mm. Produce rotura nas placas.
- Seixo: vetas de grosor de 1 mm a 1 cm.
- Chafrán: son diáclases que producen roturas nas lousas.
- Flores: pinta laminar ou pirrotino laminar. Adoita pórse de cor vermella.
- Nó: en ningún caso son aceptábeis. Corpo xeralmente duro que aparece na matriz do xisto.
- Bregada: pequenos pregamentos dos planos de xistosidade. De 5 mm a 3 cm.
Clasificación
editarPola cor:
- negras
- grises
- cores especiais.
O seu aspecto pode adoptar tons escuros ou claros e pode cambiar de cor co tempo, unha vez que foron colocados na cuberta.
Polo seu aspecto superficial:
- lisas
- normais
- rugosas.
Polo seu potencial alterabilidade:
- Xistos pouco alterábeis (PAC) Non contén inclusións apreciables de minerais metálicos nin carbonatos en proporcións superiores do 1 %.
- Xistos de mediana alterabilidade (PAI). Inclusións entre o 1 e o 5 %.
- Xistos moi alterábeis (PAS) Máis do 5 % de inclusións.
Depósitos
editarEn Galiza en Valdeorras. En España, Segovia (Bernardos), Badaxoz (Vilar de Rei). Tamén se atopan depósitos importantes no País de Gales e no Brasil.
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para xisto.
Ligazóns externas
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Xisto |