Xisto bituminoso
O xisto bituminoso[1] é unha rocha sedimentaria de gran fino, rica en material orgánico, contendo queróxeno (unha sólida mestura de compostos químicos orgánicos), a partir do cal poden ser producidos hidrocarburos líquidos chamados de petróleo de xisto. O petróleo de xisto é un substituto para o petróleo convencional; con todo, a extracción do petróleo de xisto do xisto bituminoso é máis cara e ten maiores impactos ambientais).[2] Os depósitos de xisto bituminoso son frecuentes en todo o mundo. As estimacións de depósitos globais van de 2,8 a 3,3 trillóns de barrís de óleo recuperábel.[2][3][4][5]
O xisto bituminoso gaña unha atención especial como unha potencial fonte abondosa de petróleo sempre que o prezo do petróleo convencional sobe.[6][7] Porén, a extracción e o procesamento do xisto bituminoso aumentan unha serie de preocupacións ambientais, tales como o uso da terra, o manexo do lixo, o uso da auga, o tratamento da auga, a emisión dos gases invernadoiro e a polución do ar. En Estonia e na China teñen grandes industrias de extracción, e o Brasil, Alemaña e Rusia tamén fan uso do xisto bituminoso.[2]
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para bituminoso.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Dyni, John R (2010). "Oil Shale". En Clarke, Alan W; Trinnaman, Judy A. Survey of energy resources (PDF) (22 ed.). WEC. pp. 93–123. ISBN 978-0-946121-02-1. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2012. Consultado o 22 de abril de 2012.
- ↑ "Annual Energy Outlook" (PDF). Energy Information Administration. febreiro de 2006. Consultado o 18 de abril de 2008.
- ↑ Andrews, Anthony (13 de abril de 2006). "Oil Shale: History, Incentives, and Policy" (PDF). Congressional Research Service. Consultado o 25 de xuño de 2007.
- ↑ "NPR's National Strategic Unconventional Resource Model" (PDF). Departamento de Enerxía dos Estados Unidos. abril de 2006. Consultado o 09 de xullo de 2007.
- ↑ "Energy Security of Estonia" (PDF). Estonian Foreign Policy Institute. setembro de 2006. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de xaneiro de 2012. Consultado o 20 de outubro de 2007.
- ↑ "Oil Shale and Other Unconventional Fuels Activities". Departamento de Enerxía dos Estados Unidos. Arquivado dende o orixinal o 13 de agosto de 2007. Consultado o 20 de outubro de 2007.