Xixón

cidade e concello asturiano

Xixón[1][2][3] (en castelán: Gijón; en asturiano: Xixón; oficialmente Gijón/Xixón[4]) é un concello e unha cidade do norte de España, situada a carón do mar Cantábrico, na costa do Principado de Asturias.

Modelo:Xeografía políticaXixón
Gijón (es)
Xixón (ast) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 43°31′46″N 5°40′38″O / 43.52931, -5.67732
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAsturias
Provinciaprovincia de Asturias Editar o valor en Wikidata
Capital de
CapitalXixón Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación268.313 (2023) Editar o valor en Wikidata (1.455,77 hab./km²)
Número de fogares122.519 (2011) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie184,31 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porMar Cantábrico Editar o valor en Wikidata
Altitude10 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Evento clave
setembro de 1394Siege of Gijón (en) Traducir
16 de agosto de 1936Siege of Gijón (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Santo padrónPedro Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataCarmen Moriyón (2023–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal33201–33213 e 33200 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE33024 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webgijon.es Editar o valor en Wikidata
BNE: XX115301

Cunha poboación de 277 559 habitantes en 2011 é o concello máis poboado de Asturias, por riba do da capital. A cidade está situada a 27 km de Oviedo e 25 km de Avilés, formando parte da grande área metropolitana do centro da comunidade, de 869 723 habitantes (2009).

Conta cun importante porto, El Musel, que alimenta e comunica a súa industria. É o sexto na clasificación de España e o cuarto en explotación.

Xeografía

editar

Sito na costa central asturiana, entre 0 e 672 metros sobre o nivel do mar (Peña de los Cuatro Jueces), o concello de Xixón limita ao oeste con Carreño e Corvera de Asturias, ao leste con Villaviciosa e Sariego, e ao sur con Siero e Llanera. Está moi preto das outras dúas principais cidades asturianas, Oviedo e Avilés, situadas a 28 e 21 km, respectivamente.

A cidade está situada no treito costeiro central do concello, nunha baía dividida pola península de Cimadevilla (casco antigo) que separa a praia de San Lorenzo ao oeste, do porto deportivo, praia de Poniente e praia do Arbeyal, estaleiros e porto de El Musel, ao leste.

Historia

editar

As primeiras testemuñas da presenza do home no que hoxe se coñece como concello de Xixón sitúanse no Monte Deva, onde existen unha serie de túmulos (primitivos soterramentos) e no Monte Areo (Carreño), onde se encontra un conxunto dolménico neolítico considerado como o máis importante do norte de España.

 
Eloxio do horizonte de Eduardo Chillida

A dominación romana comeza coa conquista do lugar por parte de Sesto Apuleio, a quen lle foron entregados honores polo Senado de Roma, e este coma mostra de gratitude erixiu un monumento (cerca do fondeadoiro de Torres) sinalando a súa vitoria e dedicado a Xúpiter e a Augusto, sendo esta cidade coñecida dende entón por Gigia.

Baixo o dominio romano a cidade seguiu florecendo, e o igual que con anterioridade logrou atraer os comerciantes cartaxineses, tamén fixo o propio cos romanos, grazas á riqueza dos minerais, a madeira, a calidade das pedras das canteiras e incluso pola manufactura dunha das bebidas máis populares do Imperio (unha mestura de viño, peixe e sal).

Trala caída do Imperio romano e as posteriores invasións a civitas xixonesa foi abandonada, mais non se coñecen as causas do seu despoboamento no transcurso da Alta Idade Media, período no que escasean as noticias sobre Xixón, que revive para a Historia no intre no que o soberano Afonso X lle outorga , o 12 de maio de 1270, a condición de pobra, feito que é reflectido en documentos de San Vicente de Oviedo. Non obstante, esa reaparición histórica vese ensombrecida polos acontecementos que seguiron á morte do rei Afonso XI, na seguinte centuria; Xixón serve, entón, de escenario a un enfrontamento entre partidarios do rei lexítimo Pedro I e Henrique de Trastámara(de Trans Támaris, máis alá do río Tambre). No século XIV gobernou Xixón Rodrigo Álvarez Asturias, quen gobernaba os condados de Xixón e Noreña. Foi titor de Henrique de Trastámara, fillo bastardo de Afonso XI, ó que Xixón apoiou nos seus enfrontamentos co seu medio irmán Pedro I. Henrique de Trastámara] deu ao seu fillo, Afonso Enríquez, os condados de Xixón e Noreña, rebelándose contra o rei Xoán I, e facéndose forte en Xixón, en 1383, para rematar derrotado e feito prisioneiro. Escapa posteriormente a Francia e deixa ó mando da vila a súa esposa Isabel, quen en 1395 incendia a cidade antes de abandonala. Entón, o rei toma a determinación de que Xixón se incorpore á Coroa.

A repoboación da vila comeza no século XIV e en 1480 os Reis Católicos dan a súa autorización para que en Xixón se constrúa un porto e que se lle dean os medios para levalo a cabo. Dende entón a historia de Xixón aparece vencellada estreitamente ao desenvolvemento do seu porto. No século XV créase o primeiro peirao de mar, complementado en 1552 cun peirao de terra. Xixón comeza a súa actual fisionomía no século XVII ao estenderse sobre o areal e a lagoa que puña cerco ao seu antigo asentamento. O Real Decreto de 1765 e o Regulamento de 1778 foron dúas disposicións que permitiron ao porto de Xixón o libre comercio coas colonias americanas, o que levou a vila a coñecer un moderado crecemento urbano, cuxo ordenamento contemplouse no Plan de Melloras para a cidade deseñado por Jovellanos e aprobado polo Concello en 1782.

En maio de 1809 é ocupada polas tropas napoleónicas, para ser definitivamente abandonada polas mesmas en xaneiro de 1812.

O auxe da explotación do carbón na conca central asturiana favoreceu as comunicacións da cidade co ferrocarril Sama-Xixón en 1856 e a construción en 1893 do novo porto de El Musel.

Xixón pasou a ser efémera capital de Asturias tras gañar maioritariamente (64% dos votos) as eleccións de 1936 o Frente Popular. Dende o comezo da guerra civil sufriu bombardeos, tanto aéreos (principalmente, Lexión Cóndor) como marítimos (cruceiro Almirante Cervera), ata que o 21 de outubro de 1937 foi ocupada polas tropas de Franco.[5]

A partir da ditadura franquista chegou o engalaxe dos sesenta coa creación da factoría siderúrxica de Uninsa (1971), a ampliación de El Musel e a inauguración da autoestrada Y (A-66) en 1976, que mellorou as comunicacións con Oviedo e Avilés.

 
Panorámica do porto deportivo, co barrio de Cimadevilla ao fondo.

Demografía

editar
 
Evolución demográfica de Xixón

Economía

editar
 
Vista da praia artificial de Poniente de Xixón.

Cidade tradicionalmente industrial, a economía de Xixón sufriu grandes cambios a partir das duras reconversións do sector industrial desde a década dos setenta.

A engalaxe económica de Xixón iniciouse a finais do século XIX, debido á confluencia de varios factores:

  • A explotación do carbón das concas hulleiras do interior de Asturias (principalmente en Mieres e Langreu). A construción do ferrocarril de Langreu, terceiro ferrocarril español, en 1856, fixo de Xixón o porto de embarque da maior parte da produción mineira asturiana, estimulando o comercio e a industria local.
  • A repatriación de capitais antillanos, como consecuencia da independencia de Cuba, que propiciaron a creación de novas industrias e investimentos inmobiliarios.

O modelo industrial xerado, típico da primeira Revolución Industrial, constaba xa que logo dun forte sector secundario, con gran presenza da industria metálica, siderúrxica, cerámica, vidro e téxtil. O sector terciario, ademais da actividade comercial xerada pola cidade, incluíu a incipiente actividade turística do Xixón da época, que tamén aspirou a converterse nunha gran estación balnearia. Con todo non chegou a prosperar o esperado debido ao tardío enlace ferroviario que conectou Asturias coa meseta.

A seguinte etapa de gran crecemento económico de Xixón produciuse a finais da década dos sesenta, debido á construción da factoría de Uninsa (Ensidesa) e á actividade do porto e dos estaleiros.

Tras unha dura crise e reconversión nos anos oitenta, na actualidade, o sector terciario é o máis importante da economía xixonesa, seguido do sector secundario (industrias siderúrxicas e metálicas). O peso do sector primario na economía do municipio é practicamente irrelevante.

O Concello de Xixón ten unha débeda pública de 140,145 millóns de euros[6], sendo o municipio do Principado máis endebedado en datos absolutos, e o terceiro en termos relativos (505 €/habitante) tras Carreño (644 €/hab) e Oviedo (603 €/hab).[7]

Porto de Xixón

editar

El Musel é o primeiro porto español de mercadorías a granel, o sexto na clasificación xeral de portos españois e o cuarto en resultados de explotación. O Porto de Xixón está equipado coas máis modernas instalacións, aptas para manipular todo tipo de tráficos.[8]

 
Porto do Musel desde a Campa de Torres.

Lugares de interese

editar
 
Casa do concello
 
Igrexa de San Lorenzo
  • Cerro de Santa Catalina, coa escultura de Eduardo Chillida "Elogio del Horizonte". Na parte sur do cerro aséntase o barrio de Cimadevilla, conxunto histórico artístico.
  • Palacio Revillagigedo.
  • Termas romanas.
  • Castro de Campa Torres.
  • Edificios de arquitectura modernista.
  • Museo Casa Natal de Jovellanos.
  • Teatro Jovellanos
  • Universidade Laboral de Xixón.
  • Xardín Botánico Atlántico.
  • Parque Isabel A Católica.
  • Museo Evaristo Vale.
  • Feira Internacional de Mostras de Asturias (FIDMA).
  • Museo Etnográfico do Pobo de Asturias.
  • Casino de Asturias.
  • Acuario de Xixón.
  • Balneario de Talasoterapia "Talasoponiente"

Praias

editar
 
Praia de San Lorenzo e Cimadevilla

Festas

editar
  • San Xoán e San Pedro. Celebrase do 23 ao 29 de xuño, destacando a fogueira e os fogos artificiais do 23. O día 29 a cidade celebra ao seu patrón (San Pedro) cunha misa solemne e a bendición das augas.
  • Festas de Nosa Señora de Begoña. Festa grande da cidade, oficialmente nomeada coma Semana Grande, prolongase ao longo duns 10 días no transcurso dos cales ten lugar a feira taurina e varios concertos, chegando ao seu punto álxido na noite do 14 de agosto cos fogos artificiais. O día 15 celebrase unha xornada adicada á virxe cunha misa solemne, á que segue o baile da enxebre danza prima asturiana e o lanzamento dunha traca coñecida coma 'Restallón'.

No contexto da Semana Grande, o primeiro domingo de agosto ten lugar unha xira popular ao cerro de Santa Catalina coñecida coma Día de Asturias en Xixón, que outrora remataba cun grande desfile de carrozas polo centro da cidade.

Cidades irmandadas

editar

Xixón está irmandada coas seguintes cidades:[9]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para xixonés.
  2. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, ed. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). p. 101. ISBN 84-8158-266-2. 
  3. Benigno Fernández Salgado (edición) (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1296. ISBN 9788482887524. 
  4. O topónimo oficial do concello é Gijón e da cidade Gijón/Xixón.
  5. Documentación '1936 Xixón 1937' acompañante á exposición "Gijón bajo las bombas/Xixón so les bombes", Antigo Instituto Jovellanos, Xixón 2019
  6. "Ministerio de Economía y Hacienda" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de novembro de 2015. Consultado o 06 de novembro de 2010. 
  7. Carreño e Oviedo, os municipios que máis débeda acumulan por habitante
  8. Autoridade Portuaria de Xixón
  9. Concello de Xixón

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
INTERN 1
todo 3