Xoán de Gante

duque de Lancaster e Aquitania

John of Gaunt ou Xoán de Gante, nado en Gante o 24 de xuño de 1340 e finado en Londres o 3 de febreiro de 1399, cuarto fillo do rei Eduardo III de Inglaterra e de Filipa de Hainault, foi o primeiro duque de Lancaster.

Modelo:BiografíaXoán de Gante

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) John of Gaunt Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento24 de xuño de 1340 Editar o valor en Wikidata
Gante, Bélxica Editar o valor en Wikidata
Morte3 de febreiro de 1399 Editar o valor en Wikidata (58 anos)
Castelo de Leicester, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCatedral de San Paulo de Londres Editar o valor en Wikidata
Lord Mordomo Maior
Pretendente á Coroa de Castela
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
ConflitoGuerra dos Cen Anos
Guerra civil de Castela Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloDuque de Lancaster
Duque Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Lancaster Editar o valor en Wikidata
CónxuxeCatarina Swynford (1396 (Gregoriano)–)
Costanza, duquesa de Lancaster (1371 (Gregoriano)–)
Branca de Lancaster (1359 (Gregoriano)–) Editar o valor en Wikidata
ParellaMarie de St. Hilaire Editar o valor en Wikidata
FillosBlanche Plantagenet
 () Marie de St. Hilaire
Edward Planatagenet
 () Branca de Lancaster
John Plantagenet
 () Branca de Lancaster
Isabella Plantagenet
 () Branca de Lancaster
John of Lancaster
 () Branca de Lancaster
Filipa de Lancaster
 () Branca de Lancaster
Isabel de Lancaster, duquesa de Exeter
 () Branca de Lancaster
Henrique IV de Inglaterra
 () Branca de Lancaster
Xoán Beaufort, 1º conde de Somerset
 () Catarina Swynford
Catarina de Lancaster
 () Costanza, duquesa de Lancaster
John Plantagenet
 () Costanza, duquesa de Lancaster
Henrique Beaufort
 () Catarina Swynford
Tomás Beaufort, duque de Exeter
 () Catarina Swynford
Joana Beaufort
 () Catarina Swynford Editar o valor en Wikidata
PaisEduardo III de Inglaterra Editar o valor en Wikidata  e Filipa de Hainaut Editar o valor en Wikidata
IrmánsMaria de Waltham
Isabela de Coucy
Margarida de Inglaterra, Condessa de Pembroke
Joana de Inglaterra (1335–1348)
Eduardo de Woodstock
Edmundo de Langley
Leonel de Antuérpia
Tomás de Woodstock Editar o valor en Wikidata
Premios

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDictionary of National Biography
Obálky knih,
The Nuttall Encyclopædia >>>:Gaunt, John Of, John of Gaunt Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1112354 WikiTree: Plantagenet-66 Find a Grave: 28331470 Editar o valor en Wikidata

Entre 1386 e 1387 emprendeu unha expedición militar de conquista do reino de Castela, tomando o reino de Galicia como base de operacións. O duque foi derrotado polas tropas castelás cando trataba de avanzar pola Meseta.

Traxectoria

editar

Xoán tornouse duque de Lancaster en 1362, a través do casamento coa súa curmá Branca de Lancaster. En 1390 tornouse duque da Aquitania por doazón do sobriño Ricardo II de Inglaterra. Xoán de Gante foi o fundador da Casa de Lancaster, a facción encarnada da guerra das rosa. Era pai de Henrique IV de Inglaterra.

Despois da morte de Branca, Xoán de Gante casou en 1371 coa princesa Constanza, filla do falecido rei Pedro I de Castela, o Cruel ou o Xusticeiro, e envolveuse na complicada política castelá ao declararse pretendente da coroa castelá, rivalizando con Henrique de Trastámara. O ano seguinte, a posición inglesa foi reforzada co casamento de Edmundo de Langley, outro fillo de Eduardo III, con Isabel, irmá máis nova de Constanza. As súas intencións foron goradas polos Trastámara, mais Xoán continuou a influenciar a política ibérica. Cando estalou a crise dinástica de 1383-1385 entre Portugal e Castela, o duque apoiou a facción de Xoán, Mestre de Avis, do punto de vista político e militar, enviando unha división de arqueiros galeses. É da súa iniciativa que naceu o tratado de Windsor que confere a Inglaterra e Portugal o estatuto de aliados desde 1387. Para asinar este tratado, a súa filla máis vella, Filipa, casou con Xoán I de Portugal.

Despois da morte do seu irmán máis vello, Eduardo, o Príncipe Negro, o duque de Lancaster viu o seu poder incrementado. Foi este estatuto de privilexio que lle permitiu protexer o reformador relixioso John Wycliffe, cuxas ideas defendía. Os primeiros anos do reinado do seu sobriño Ricardo II, alcanzou o estatuto de tío favorito e conselleiro de confianza. Porén, algunhas medidas menos acertadas da súa parte fíxolle perder o apoio do rei e do pobo. En consecuencia, o seu pazo foi destruído por unha revolta popular en 1381. En 1386, Xoán é enviado para o continente como embaixador e en 1390 tórnase Duque da Aquitania, nun exilio disfrazado. Cando Xoán morre en 1399, Ricardo II declara a aprehensión de todas as súas propiedades, o que causa a revolta do herdeiro de Lancaster Henrique Bolingbroke, e, a medio prazo, o seu asasinato.

Xoán de Gante mantivo unha amante, Catarina Swynford, durante os derradeiros 30 anos da súa vida e con quen casou despois da súa viuvez. Os fillos desta unión, coñecidos como os Beaufort, foron entón lexitimados aínda que eliminados da sucesión ao trono. A pesar diso, o futuro rei Henrique VII de Inglaterra baseou a súa pretensión ao trono con base no seu avó, John Beaufort, fillo máis vello de Xoán de Gante e Catarina.

Véxase tamén

editar
  Os reis e as raíñas da Galiza.
  Fernando 'O Fermoso' de Portugal e Xoán de Gante. Uns reis galegos na segunda metade do século XIV .
(Nós Diario, 26.10.2022)


Predecesor:
Xoán I
Rei de Galiza
1386-1387
 
Sucesor:
Xoán I
  NODES
Idea 1
idea 1
todo 1