Xogos Olímpicos de Inverno
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Os Xogos Olímpicos de Inverno son un grande evento deportivo organizado polo Comité Olímpico Internacional que se celebra cada 4 anos dende 1924. Os deportes que teñen acollida nesta competición son aqueles que se practican sobre neve ou sobre xeo, e que polo tanto son máis propios do inverno. Disciplinas como o esquí de fondo, a patiaxe de velocidade, a patinaxe artística, o hóckey sobre xeo, o bobsleigh e os saltos de esquí forman parte dos xogos olímpicos de inverno dende a súa primeira edición, que tivo lugar na localidade francesa de Chamonix.
Tipo | evento deportivo recorrente |
---|---|
Deporte | Deporte de inverno |
Organizador | Comité Olímpico Internacional |
Localización e Datas | |
Vixencia | 1924 – |
Calendario da tempada | febreiro – febreiro |
Período de ocorrencia | 4 |
Disciplinas
editarDeporte | Anos | Nº de probas |
Probas programadas para Vancouver 2010 |
---|---|---|---|
Bíatlon | Dende 1960 | 10 | Sprint (masculino: 10 km; feminino: 7.5 km), individual (masculino: 20 km; feminino: 15 km), persecución (masculino: 12.5 km; feminino: 10 km), relevos (masculino: 4x7.5 km; feminino: 4x6 km), saída en masa (masculino: 15 km; feminino: 12.5 km). |
Bobsleigh | 1924–1956 1964–presente |
3 | a 4 masculino, a 2 masculino, a 2 feminino. |
Combinada nórdica | Dende 1924 | 3 | 10 km e salto en trampolín normal, 10 km e salto en trampolín largo e equipos todos eles só en categoría masculina. |
Curling | 1924 1998–presente |
2 | Torneo masculino e feminino. |
Esquí acrobático | Dende 1992 | 6 | Probas masculina e feminina de moguls, aerials e skicross. |
Esquí alpino | Dende 1936 | 10 | Descenso, Superxigante, Xigante, Slálom e Combinada alpina, todas en categoría masculina e feminina. |
Esquí de fondo | Dende 1924 | 12 | Sprint masculino, sprint por equipos masculinos, 30 km persecución masculina, 15 km masculinos, 50 km masculinos e 4x10 km relevos masculinos; sprint feminino, sprint por equipos femininos, 15 km persecución femininos, 10 km femininos, 30 km (feminino) e 4x5 km relevos femininos. |
Hóckey sobre xeo | Dende 1924 | 2 | Torneo masculino e feminino. |
Luge | Dende 1964 | 3 | Individual masculino e feminino, dobres masculinos. |
Patinaxe artística | Dende 1924 | 4 | Individual masculino e feminino; parellas e danza. |
Patinaxe de velocidade | Dende 1924 | 12 | Masculino e feminino 500 metros, 1000 metros, 1500 metros, 5000 metros e persecución por equipos. 3000 metros femininos e 10000 metros masculinos. |
Patinaxe de velocidade en pista curta | Dende 1992 | 8 | Masculino e feminino 500 metros, 1000 metros, 1500 metros; 3000 metros relevos femininos; e 5000 metros relevos masculinos. |
Saltos de esquí | Dende 1924 | 3 | Trampolín normal, trampolín longo e equipos, todas en categoría masculina. |
Skeleton | 1924; 1948 Dende 2002 |
2 | Probas masculina e feminina. |
Snowboard | Dende 1998 | 6 | Slálom xigante paralelo masculino e feminino, half-pipe e snowboard cross. |
Edicións
editarAs edicións dos xogos olímpicos de inverno celebráronse sempre cada 4 anos con 2 excepcións: Entre a edición de 1936 e a de 1948 pasaron 12 anos por mor da segunda guerra mundial, que provocou a suspensión das edicións de 1940 e 1944. Entre as edicións de 1992 e 1994 pasaron só 2 anos por mor da decisión do COI de que deixasen de coincidir no mesmo ano os xogos de verán e os xogos de inverno. Os Estados Unidos acolleron catro edicións dos xogos olímpicos de inverno, mentres que Francia o fixo en tres ocasións, as mesmas que terá celebrado Italia para 2026.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Xogos Olímpicos |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Páxina web oficial do COI (en inglés)
- Web oficial dos Xogos Olímpicos de Vancouver 2010 Arquivado 28 de febreiro de 2010 en Wayback Machine. (en inglés)